Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / BONOVO

BONOVO

BONOVO

Xénero:
Folc
Ano:
2008
Discográfica:
Abada

Descrición

Bonovo nace como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A mistura das músicas que levan no seu interior conforman o trío… Lixeiramente asíncrono. A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda, quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes. Bonovo comezan aquí o camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e tres personalidades de seu, nunha simbiose musical imprevisíbel.