PROJECTO TREPIA
Os do Morrazo son un colectivo multidisciplinar artellado ao redor do que eles denominan 'os tres pés' (o son, a imaxe e a danza) combinando no musical a música tradicional galega, froito en grande parte de recolleitas de campo propias, cos novos sons que proporciona a electrónica. Os integrantes de Projecto Trepia afirman que a historia da música galega tradicional pódese dividir en catro etapas, e eríxense en iniciadores desa cuarta etapa.
Posúen unha actitude decididamente vangardista, levando ao século XXI cantos tradicionais, pandeiretas, pandeiros, sachos, caixas de pementón e zanfoñas ao mesturalos con unha base rítmica de batería electrónica, samples e baixo eléctrico.

- Xénero:
- Folc
- Ano:
- 2009
- Discográfica:
- A Regueifa
Descrición
Projecto Trepia, primeiros clasificados no certame GZcrea 2008 en música e segundos en videocreación, veñen de editar o seu primeiro traballo no netlabel A Regueifa. O álbum contén seis cancións e pode descargarse de balde en A Regueifa Plataforma.