Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / VAAMONDE, LAMAS & ROMERO

VAAMONDE, LAMAS & ROMERO

O TAMBOR DE PRATA

Xénero:
Novidades
Ano:
2011
Discográfica:
Fol Música

Descrición

Obra inspirada na banda galega "Os Trinta de Trives", algún músicos xa modernos no ano 1910.


No mesmo formato atopamos o DVD gravado no que tocan no concerto á Banda Sinfónica da Coruña no Pazo da Ópera.


É unha experiencia musical chea de humor

Pezas

CD:

1. Polca Do 29

2. Os Trintas Coa Banda Municipal Da Coruña

 3. Cantos Asturianos  4. El Club  5. Blanca O Negra  

6. Canto De Seitura De Trives Coa Banda Municipal Da Coruña  

7. A Desperniquebradeira  8. La Alegría De La Huerta

9. Pasodobre Dos Trabazos  

10. Villoria Coa Banda Municipal Da Coruña

 

 

DVD

1. Os Trintas  

2. A Miña Burriña  

3. A Desperniquebradeira  

4. Foliada De San Pedro De Visma  

5. Canto De Seitura De Trives  

6. Polca Do 29  

7. Unha Noite Na Fraga  

8. Villoria  

9. La Alegría De La Huerta  

10. Os Trintas (Bis)

 

VELLAS ARTES

Xénero:
Folc
Ano:
2008
Discográfica:
Falcatruada

Descrición

Vellas Artes é o nome da última aventura destes tres animais da escena musical galega: Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero. Unha proposta atrevida pero divertida. Un disco que, cun aparente tratamento sofisticado e innovador, mesmo minimalista, agocha unha refrescante posta en escena que combina música e retranca a partes iguais. Como menú degustación dos seus directos, o disco inclúe, amáis de 11 temas musicais, unha pista multimedia cun concerto do trío xunto a outros músicos convidados. Música popular, tradicional, a de sempre, a arte vella e bela dos músicos do país, maquillada e ataviada cunha nova vestimenta elegante e sobria, pero nada máis lonxe do seu propósito de xogar cos prexuízos, rachar cos tópicos, e sobor de todo, pasalo ben; eles e o público. Boa música e mellor humor son os activos deste trío, que chega nestes tempos de crise como bálsamo terapéutico e liberador.