Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / XOSE MIGUELEZ

XOSE MIGUELEZ

Web:
www.myspace.com/xlmiguelezesperanza

Conxuga a súa labor docente coa de intérprete, sendo considerado un dos máis destacados no panorama da música galega. Na actualidade é mestre no Conservatorio profesional de música de Vigo onde imparte as disciplinas de -Gaita Galega-, -Conxunto instrumental Gaita Galega- e -Iniciación ao Jazz-. No ano 2006 convertiuse no primeiro titulado superior en música tradicional galega polo Conservatorio superior de música de Vigo. FORMACIÓN: Comeza a súa andaina no ano 1980 dentro da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense co gaiteiro e artesán Manuel Brañas para continuar, a partires do 86, con Xosé Lois Foxo ata o ano 91. Paralelamente cursa estudos de Linguaxe musical, Armonía e Frauta travesera no Conservatorio Profesional de música de Ourense, no ano 90 acada o “Diploma en Gaita Galega” polo plano de estudos do 66 no Conservatorio Superior de música de Vigo co mestre Carlos Núñez. Despois dun periodo de estudo autodidacta entra no Conservatorio Mayeusis de Vigo onde, da man do gaiteiro e compositor Ernesto Campos , titúlase en “Grao Profesional en Gaita Galega” na primera promoción do plano de estudos Logse (00-01). Con Ernesto Campos, realiza tamén cursos de “Arranxos e composición a xeito tradicional” na Escola de música tradicional de Ourense entre os anos 99 e 01. No ano 2002 consegue unha das tres prazas ofertadas na primeira promoción da “Titulación Superior en Instrumentos da música tradicional galega” no Conservatorio Superior de música de Vigo rematando os seus estudios neste centro no curso 05-06 cos mestres, Javier Jurado , Rebeca Carrera, Ramón González e Pablo Ruibal entre outros. Dende o ano 97 ven traballando paralelamente como saxofonista no ámbito do jazz e a música moderna, nestes intres finaliza os seus estudos entre as cidades de Londres e Oporto onde cursa a “Licenciatura en Jazz”” pola Universidade de Porto – Portugal dentro da Escola Superior de música e artes do espectáculo

"ESPERANZA"

Xénero:
Solistas
Ano:
2007
Discográfica:
Dos Acordes

Descrición

músicos participantes: gaitas, xosé l miguélez, rafa crespo, david bellas piano, pablo diago, zanfona, paulo gonzález, percusión e vibrafono, lucía martínez, grupo anacos de buxo: pedro álvarez – gaita, xurxo fernández – gaita, ramón corral – tamboril, alex covelo – bombo gravado en: auditorio david russell novembro 2006 editado por: dos acordes - novembro 2007 técnico de són: xoan carlos fasero deseño gráfico: pedro telmo rodríguez & paula solveira

Pezas

  1. Luces do Atlantico. Ernesto Campos 1º movemento Amencer en Fisterra
  2. 2º movemento Cabo home no solpor
  3. 3º movemento Danzas do mar en silleiro
  4. alalá xosé l. miguélez
  5. Ribeirana de Ventosela trad - xan míguez
  6. Blanca o negra trad - ricardo courtier
  7. Apaixoada - paulo gonzález
  8. Dúo de gaitas para o primeiro concerto de fin de carreira - david bellas
  9. Arreguiço - paulo gonzález