MARFUL
MARFUL
- Xénero:
- Voces
- Ano:
- 2006
- Discográfica:
- producciones efímeras
Descrición
Marful proponnos unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés cantantes. Unha época musical marcada polos ritmos de tradición americana que cohabitaban coa música popular e a canción melódica. Música elegante para unhas letras persoais e irónicas, letras en femenino feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert. MARFUL é: Ugia Pedeira: voz. Marvos Teira: guitarra. Pedro Pascual: acordeón diatónico. Pablo Pascual: clarinetes. Colaboradores: Xacobe Martínez - contrabaixo Luis Alberto Rodríguez - bateria Xavier Diaz - coros “Pido talvez” Quim Farinha - violino e viola Joao Balao - percusións Guillermo Fdez - guitarra electrica en “Pido talvez” Estudios de grabación: Cas Guille, Cas Teira, Cas Pascual, Cas Joao, Cas Quim e no Estudio 5 da Radio Galega por Toño Vazquez. Edición: Pedro Pascual. Mesturado nos estudos Katarain (Navarra) por Angel Katarain, Pedro Pascual e Marcos Teira en xaneiro do 2006. Pasterizado en Katarain. Producción executiva de Marful e Producciones Efímeras. Arranxos musicais: Marful.
Pezas
- Leverelem.
- Tris-tras.
- Habaneira da fin.
- Pido talvez.
- Jota Gagarim.
- Tango sen paz.
- Je suis comme je suis.
- Meu pirinho.
- Menina.
- Seica.
- Tango do Fresco.