Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA

OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA

OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA (Imprescindible)

Xénero:
Grupos de música tradicional
Ano:
2005
Discográfica:
Edicións do Cumio

Descrición

Os Campaneiros de Vilagarcía de Arousa naceron artísticamente, no ano 1926. Dominaron a gaita, e mesmo a construción de foles e palletas, consideraban que os ensaios eran a base para tocar ben. Eles mesmos ensaiaban cando xa ían vellos, daí a súa coordinación, o que lles ía dar a nomeada de que non había quen os tumbara. Pero se, de entre todo o que lle deron á música tradicional de Galicia, tiveramos que escoller unha cousa, coido que teriamos que elixir a súa creatividade, pois foi o grupo que máis pezas orixinais achegou ao repertorio gaiteiril, destacando sobre todo as polcas, compostas con verdadeira orixinalidade.

O repertorio (ou reportaxe, como lles gustaba dicir a eles) que reflectimos neste traballo é, básicamente, o primeiro disco que editou a casa BELTER, de Barcelona, ao que lle engadimos tres pezas recompiladas en gravacions caseiras: polca, paupurrio e muiñeira. As tres son ben representativas do repertorio e do xeito de tocar do grupo e, aínda que non posúan a calidade de gravación que se pode conseguir cos trebellos dunha casa discográfica, a testemuña documental supera calquera carencia. Así tocaban e soaban Os Campaneiros nunha alborada, procesión ou romaría.

Este CD pertence á colección “Os nosos gaiteiros”, coa colaboración e asesoramento da ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S.

Pezas

  1. A Coruxa.
  2. Alborada de Veiga.
  3. Vira o pé.
  4. A Virxe da Lanzada.
  5. Alborada a Galicia.
  6. A Cruz de Lobeira.
  7. O camiño do Santo Cristo.
  8. Lévame, lévame.
  9. A Xeitosa.
  10. Unha noite en Santo Cristo.
  11. Aires de Carnaval.
  12. A Carrasqueira.
  13. A Farruquiña.
  14. Muiñeira Picada.
  15. Polca de Vilagarcía.
  16. Muiñeira picada.
  17. Polca de Vilagarcía.
  18. Muiñeira.
  19. Paupurrio.