Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / MANUEL DOPAZO

MANUEL DOPAZO

CRÓNICAS PORTEÑAS

Xénero:
Solistas
Ano:
2005
Discográfica:
Ouvirmos

Descrición

"A emigración encheu o planeta de sons galegos. De entre todos eles destaca o coñecido como o máis grande gaiteiro de América, Manuel do Pazo Gontade (1882-1952), radicado na Arxentina, desde onde creou a primeira banda de gaitas coñecida, Los Gaiteros de Vilaverde. Compositor e fabricante de gaitas, afortunadamente o seu virtuosismo ficou plasmado nestas gravacións hoxe recuperadas desde os discos orixinais de 78 r.p.m."
Este cd pertence á colección A TIRACOLO, a colección de gravacións históricas de Ouvirmos formada pola restauración sonora das grandes obras da música galega, presentadas nun formato de CD-libro.

Intérpretes:
Manuel Dopazo: gaita e voz (1 e 2).
Victoriano Sierra: gaita (2, 3 e 4).
Ramón Dopazo: caixa e pandeireta (2, 3, 4, 5, 7, 15, 16, 17 e 18).
Roberto Dopazo: bombo (2, 3, 4, 5, 7, 12, 13, 17 e 18).
Domingo Caamaño: voz solista (5).
Coro Agarimos (5).
José Vales: voz solista (6 e 7).
Manuel ou Antonio Dopazo: redoblante (8 e 9).
Cándido Pérez: voz (10, 11, 12 e 13).
Isaura Vázquez: voz (15 e 16).
Manuel Núñez Búa: voz solista (15 e 16).

Patrocina: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia.

Edición: Ouvirmos.

Pezas

  1. Aires gallegos con canto. TRADICIONAL.
  2. Aires asturianos. TRADICIONAL.
  3. As mozas de Combarro. TRADICIONAL.
  4. A orensana. TRADICIONAL.
  5. O gaiteiro de Soutelo. TRADICIONAL.
  6. Pin- pin Xarabelo. TRADICIONAL.
  7. Terra a nosa. TRADICIONAL.
  8. Alborada de Veiga. Alborada. PASCUAL VEIGA IGLESIAS.
  9. Rebeiraña de Mondoñedo. Ribeirana. TRADICIONAL.
  10. La praviana Asturianada. TRADICIONAL.
  11. A la salida del Sella Asturianada. TRADICIONAL.
  12. El sitio de Zaragoza. Jota. CRISTÓBAL OUDRID SEGURA.
  13. Himno de Riego. Himno. TRADICIONAL.
  14. Muñeira orensana. Muiñeira. TRADICIONAL.
  15. O pé d'ela. Alalá. TRADICIONAL.
  16. A volta d'a romería. TRADICIONAL.
  17. Jota montañesa. TRADICIONAL.
  18. Muiñeira das fiadas. Muiñeira. TRADICIONAL.