Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / NANDO e ROI CASAL

NANDO e ROI CASAL

O BOTICARIO GAITEIRO

Xénero:
Folc
Ano:
2005
Discográfica:
Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra

Descrición

En homenaxe a Perfecto Feijoo, o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra invitou a Nando e Roi Casal , dúas persoas vencelladas á música tradicional e á botica, a realizar este traballo discográfico. Tódolos temas tradicionais (melodías e letras) están recollidos do libro de J.L.Calle "Aires da Terra, La Poesía Musical de Galicia", adicado a Perfecto Feijoo e ó coro Aires da Terra.
Primeiro traballo discográfico en solitario de Nando e Roi Casal, membros do grupo Milladoiro. Os arranxos e o repertorio recordan ó característico estilo deste mítico grupo folc.

Intérpretes:
Nando Casal: gaitas, clarinete, tin wistle, cromorno e voz.
Roi Casal: harpas, oboe, zanfona, guitarra, ocarina, bouzouki, jarana, percusión, teclado e acordeón.

Colaboracións:
Laura Amado: voz.
Felisa Segade (Leilía): voz.
Coro: Mercedes Arriaiga, Mª Luisa Arriaga, Mercedes R. Lijó, Marisa Lorenzo, Ángel Lorenzo, Merucho Lorenzo, J. Luis López e Paulo Casal.

Producción e arranxos: Nando Casal e Roi Casal.

Edición especial para o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra e Astra-Zeneca.

Pezas

  1. Don Perfeuto. Alalá TRADICIONAL.
  2. Pranto por Ravachol. Recreación de dous temas TRADICIONAIS.
  3. De Pontecaldelas a Poio. Marchas Procesionais. TRADICIONAL.
  4. Na romaría de San Campio. Foliada TRADICIONAL.
  5. Fandango da rebotica. TRADICIONAL/ ROI CASAL.
  6. Eu pasei por Pontevedra. TRADICIONA/ ROI CASAL.
  7. Pasacorredoiras de Campañó e Poio. TRADICIONAL.
  8. O teu querer. TRADICIONAL/ ROI CASAL.
  9. Sanctus.
  10. Muiñeira de Almiñas e Xan de Canelas. TRADICIONAL.
  11. Cantos de pandeiro do Lérez e Vilariño. TRADICIONAL.
  12. O Boticario Gaiteiro. NANDO e ROI CASAL.