Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

XXIV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas

domingomozas v3 - pqAsociación de Gaiteiras Galegas organiza co patrocinio da area de Cultura do Concello de LugoXXIV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas o vindeiro domingo 9 de outubro, mostra que contará coas actuacións de 13 grupos de música tradicional galega chegados dende distintas comarcas de Galiza, que encherán da nosa música o casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os Grupos participantes nesta edición son: Aires do Coutado, Airiños do Eume, Candaira, o Cegho de Matamá e Aldariña de Candeán, Gargallada, Os Monifates, a Murga Cidade de Antioquía, as Pandeireteiras de Cantigas e Agarimos, Os Fondãos do Pífaro, Os Zanfoneiros da Tradescola, Seimeira, a Música de Cecebre e Cinco en Zocas!!!

Pola mañá os grupos sairán dende a Mosqueira ás 11.30 horas e tocarán polas distintas rúas  e prazas do centro urbán amurallado, ata as 13:30h. horas.

Nese momento, e tamén dentro da programación da XXIV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, dará comezo na Praza de Santa María, o Concerto de A Música de Cecebre (13.30 horas)!!!

Pola tarde repetiranse as actuacións de rúa a partir das 17.00 horas, para logo rematar ás 18.30 horas, e a esa hora, para rematar a mostra, poderemos desfrutar tamén na Praza de Santa María do Concerto de Cinco en Zocas (18.30 horas)!!!

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteiras Galegas  xunta ano tras ano aos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible. É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

Esperámoste en Lugo o vindeiro domingo día 9 de outubro para desfrutar coa nosa música tradicional !!!!

 

X Xornadas Arredor da Música Tradicional

 


XornadasArredorAGG 2022_TamañoreducidoA AGG organiza o Sábado 1 de Outubro a X edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. Un encontro anual onde afondar nas nosas tradicións.

Catro traballos de investigación vencellados á música tradicional e cinco presentacións de novas publicacións conforman os contidos da Xornadas arredor da Música Tradicional organizadas pola AGG en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón, durante toda a xornada do Sábado 1 de outubro.

Esta cita, está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón tamén a todo aquel que queira saber máis das nosas tradicións, favorecendo deste xeito que sexa un punto de encontro á par que pon de manifesto a importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste eido para o coñecemento e preservación da nosa cultura.

Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas conferencias, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

Estas xornadas que están patrocinadas pola Consellería de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes da música tradicional.

PROGRAMA:

10:15 - Apertura

10.30 – Relatorio I

“Concha do Canizo. O Pandeiro Cadrado na Terra das Frieiras”. Xulia Feixoo

11.20 Quenda de preguntas

11.30 - Presentacións de publicacións

11.30: “Damas e ghaláns no Entruido de Nergha. Unha danza de Entroido no Morrazo”. Guillerme Ignacio Costa

11.50 - Descanso

12.10 – Relatorio II

“Pandereteiras de Mens: de cando a oralidade invisíbel pasou a visíbel”. Beatriz Busto Miramontes

13.00 Quenda de preguntas

13.10 - Presentacións de publicacións

13.10: “Manuel Fernández Díaz. Manuel do Juano”. Daniel Carballo Penelas, Antón Santamarina, Guillermo Fernández, Pepe Vaamonde, Pablo Quintana López, Bieito Romero, Sagrario Fernández.

13.30 – Parada para xantar

16.30 - Presentacións de publicacións

            16:30 “O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago”. Jose Manuel Salgado Mosquera, Francisco Singul, Mariña Arbor Aldea, Francisco Luengo.

16.50 – Relatorio III

“Proxecto Avareira: A trompa na Fonsagrada, Os Oscos e Taramundi”. Riedrich Bramsteidl, Paz Prieto, Juan Carlos Quintana e Daniel do Pando

17.40 Quenda de preguntas

17.50 – Presentacións de publicacións

17.50: “A Gaita na Terra de Melide”. Suso Ascariz

18:10: “Cancioneiro da Ribeira de Piquín. Unha aproximación á poesía tradicional da montaña lucense” Xosé Manuel Sánchez Rei, Noemí García Rodríguez.

18.30 – Descanso

18.50 – Relatorio IV

“A danza de espadas de Marín”. Jose Antonio Pazos Pazos e Jose Francisco Gil Dopazo

19.40 Quenda de preguntas

A TRADESCOLA ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS AULAS DE MÚSICA, CANTO E BAILE TRADICIONAL O DÍA 5 DE SETEMBRO

trad iniciocurso_2022-2023 - copia2A Tradescola abre o 5 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso nas aulas de gaita, zanfona, acordeón, acordeón diatónico, baile tradicional, canto e pandeireta, pandeira, percusión, requinta, e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

A TRADESCOLA,  o centro de ensino da música, do canto e do baile tradicional galego xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música e do baile tradicional, os mestres e mestras implicados no proxecto educativo da Tradescola son: Alberte Núñez(aulas de acordeón e acordeón diatónico)Bruno Villamor (aulas de gaita e requinta), Lucía Eiros (aulas de linguaxe musical), Xabier Iglesias (aulas de baile tradicional e de iniciación á música e o baile tradicional para nen@s), Jose Manuel López (aulas de gaita), Branca Villares( aulas de canto e pandeireta e pandeira), Roberto Rodríguez (aulas de canto e pandeireta), Germán Díaz (aulas de zanfona) e Miguel Anxo López Buján (aulas de percusión tradicional).

As aulas impartiranse nos locais do Centro Lug 2 e nos locais do Centrad de Lugo.

A matrícula permanecerá aberta en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas ata o 16 de setembro nos seus locais na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo.(Centro Lug2) ou no teléfono 982229966.

Se tes algunha consulta, ponte en contacto con nos no teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  

ESPERÁMOSTE!!!!

Aturuxo 20

 

aturuxo 20_Portada










Un ano máis traémosvos unha nova edición do Aturuxo "O Voceiro da AGG", xa podedes disfrutar del na súa publicación en dixital no enlace: https://issuu.com/agg./docs/aturuxo_20

 

Os contidos desta edición son os seguintes:

Editorial

A AGG: Actividades 2020

Tradescola. Curso 2019-2020

REPORTAXES:

Torneados, eskeuromorfismo e determinismo xeográfico nas gaitas de fol do noroeste peninsular. Pablo Carpintero

Anotaciones acerca del uso de la tronpa o mosuguitarra en el País Vasco Juan Mari Beltrán

O tambor: pasado, presente e futuro. Andrés Vilán

Recursos de improvisación para acompañamento con pandeireta. Alejandra Montero

O xeito de bailar en Zobra. Luís Prego

O xeito de bailar en S. Pedro de Carcacía. Unha ollada á paisaxe cultural do lugar. Julia Pozo

A Danza de Espadas de Redondela. Apuntamentos sobre a música e os músicos. Oli Xiráldez

Mulleres que contan… ou da importancia do traballo de campo na posta en valor da música de tradición oral. Xulia Feixoo

Introito: ás notacións das técnicas estendidas na gaita de fol do século XXI. Erick Feles

Non é a frecha… É o indio. Os límites da gaita. Cristian Silva

Da memoria xenética á técnica de gaitaDavid Bellas

A frauta travesa na música tradicional e folk da Galiza. Uxía García Conde

A fabricación aditiva nos instrumentos de vento madeira. Suso Gestal

ENTREVISTA: Xoán Manuel Tubío Fernández

HOMENAXE: Lola da Coruñesa

PARTITURAS: Tocando a Xosé Marentes

 

Esperamos que desfrutes da súa lectura e aprendizaxe.

Xa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos da mostra de Pardiñas 2022

rifas pardias 22Xa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos de música tradicional AGG - XXIX Mostra de intrumentos de música tradicional Pardiñas 2022 que se celebrará os días 6 e 7 de agosto en Pardiñas, Guitiriz , Lugo.

Os instrumentos que se sortean este ano son: 

Unha gaita de buxo, e un lote de dous punteiros de fabricación aditiva (impresión 3D) (en tonalidades Do e Sol).

Serán froito, a gaita: do traballo colaborativo de "Os canallas", (Alberto Pires, Oli Xiráldez, Benito Queimaliños, Afonso Castro, Patricia González ) que de novo se volven a poñer mans a obra para crear este instrumento único para a ocasión, e o lote de dous punteiros de fabricación aditiva que é unha doazón do obradoiro de Suso Gestal.

Premiazos!!! Non pérdala túa oportunidade de conseguir un destes instrumentos!!!

Para adquirir a túa rifa podes poñerte en contacto con nós nos teléfonos 986.847.074 / 982.229.966 ou a través do mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

BASES SORTEO-RIFA XXIX MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS - AGG - PARDIÑAS 2022 (preme no título da nova)

Ler mais. Xa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos da mostra de Pardiñas 2022

Páxina 7 de 486