Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

Pesar polo falecemento de Rosa Garrido, mestra cantadeira de Moscoso (Pazos de Borbén)

Varios / 10.06.22

rosa e aida de moscoxo-tempo de recolleita 2007Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s queremos manifestar o noso pesar polo pasamento de Rosa Garrido Casqueiro, “Rosa de Moscoso”, figura referencial no canto tradicional galego.

Muller de grande memoria e impresionante voz, exerceu de mestra xenerosa xunto coa súa irmá máis vella, Aida, quen tamén era unha gran pandeireteira. Pola súa casa en Moscoso (Pazos de Borbén-PO), pasaron dende os anos noventa un gran número de compiladores e compiladoras da tradición oral galega. 

Participa soa ou coa súa irmá Aida numerosas veces no programa Luar da TVG, e ambas son protagonistas dun dos primeiros episodios do Alalá, emitido en marzo do 2006. No 2008 estréase o documental Tempo de Recolleita de Félix Blume, no que Rosa comparte protagonismo con compiladores da tradición coma Miro Regueira ou Xurxo Fernandes, e informantes emblemáticas coma Matilde Castro e José Rama de Limiñoa, ou as pandeireteiras belgas Ialma. Son precisamente as Ialma as que convidan a Rosa e a Aida a cantar nese mesmo ano 2008 no Teatro Moliére de Bruxelas. 

Moitas das Escolas de Música Tradicional do noso país ensinan a día de hoxe o repertorio legado por Rosa e por Aida de Moscoso, e grupos coma Ardentía, Davide Salvado, Caldo ou Xabier Díaz teñen empregado repertorio delas nas súas gravacións. A propia voz de Rosa aparece nun corte do proxecto Músicas para Ovay, que o músico coruñés Xosé Lois Romero fixo para este proxecto do bailador Quique Peón. 

Podedes saber máis cousas de Rosa e de Aida no programa Alalá do que foron protagonistas acompañadas tamén do compilador e músico Xisco Feijoo, Alalá nº 5 "Rosa de Moscoso" - TVG - YouTube 

Tamén a podedes escoitar cantar no Soundcloud de Tempo da Recolleita: Stream música de Tempo Da Recolleita | Ouça a músicas, álbuns, playlists gratuitamente online no SoundCloud 

Rosa de Moscoso, un referente do canto tradicional galego, sempre con nós.

Foto: Félix Blume (do documental Tempo da Recolleita)

Segunda entrega de "Santa Gaita" no Recuncho da Palleta

Varios / 10.06.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos traerá a segunda entrega de "Santa Gaita", nesta ocasión centrada nos "Santos de Verán".

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

2º encontro Celme de Zanfona en Lugo

AGG / 27.05.22

cartel a3_celme_de_zanfona_2022_webOs vindeiros días 3,4 e 5 de xuño terá lugar en Lugo o 2º encontro Celme de Zanfona, que traerá á cidade das Murallas tres días de concertos, clases maxistrais e mesas redondas ao redor deste instrumento milenario  ????????????????????????????
O encontro, que está coorganizado pola AGG, o CENTRAD, Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Área de Cultura do Concello de Lugo, desenvolverase baixo o epígrafe “A esencia da Zanfona Galega: Orixe, sons, textos e contextos” e pretende converter a Lugo nun punto de encontro de todas as persoas interesadas na zanfona, nun espazo de dialogo e de exposicións de ideas que siga xerando riqueza para o patrimonio musical deste pais.
????Durante a fin de semana haberá concertos, mesas redondas, conferencias e clases maxistrais de balde (para asistir ás clases maxistrais é preciso inscribirse a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) As prazas son limitadas (15 persoas), a inscrición será por rigurosa orde de chegada das solicitudes e a data límite de inscrición é o 30 de maio!!!

Xigantes e Cabezudos no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios / 27.05.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto falándonos sobre os Xigantes e Cabezudos.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

A Tradescola achégase hoxe ao CEE Santa María de Lugo

Varios / 26.05.22

cartaz cdtrad_stamaria_web pqA Tradescola achégase hoxe ao CEE Santa María de Lugo, para impartir unha nova xornada de música tradicional. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola, Xabier Iglesias, Branca Villares, Lucía Eiros e Germán Díaz: No concerto amosaránselle aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Nova entrega de ReferentAs no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios / 20.05.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Carme López e unha nova entrega de ReferentAs, desta volta con María Castro Romero como protagonista.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Mañá celebraremos os maios cos nenos e nenas da Tradescola e darémoslle a benvida á primavera cunha nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional.

Varios / 18.05.22

cartaz maios_2022 - pqMañá xoves, 19 de maio, celebraremos os maios cos nenos e nenas da  Tradescola  e darémoslle a benvida á primavera cunha nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional.

A partir das 16.30 horas terá lugar a elaboración dun maio figurado a cargo das/os nenas /os que se recubrirá con fentos, fiuncho, herbas e frores silvestres (No Centrad - Rúa Chantada S/N - LUGO). Posteriormente, alumnas/os dos grupos infantiles e mestres da Tradescola  ofrecerán distintas actuacións nas que se poderá gozar de numeroso repertorio tradicional cantado e bailado ao redor dos maios.

O programa da celebración será o seguinte:

Xoves 19 de maio

De 16.30 a 17.00 horas: Elaboración de maios figurados.

E posteriormente haberá actuacións arredor do maio a cargo dos grupos infantiles da Tradescola.

Esta é unha nova actividade que se suma ás levadas a cabo durante o curso, no que a maiores das aulas impartidas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical, están realizándose tamén certames e concertos didácticos de música Tradicional para escolares de distintas comarcas da provincia.

A TRADESCOLA ORGANIZA UN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE FOZ

Varios / 16.05.22

cartaz cdtrad_ocantel - copiaA Tradescola achegarase o vindeiro mércores 18 de maio ata o concello de Foz, concretamente ao CEIP O Cantel, para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola, Roberto Rodríguez, Miguel Anxo López. Alberto Núñez e Bruno Villamor: No concerto amosaránselle aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.

“Sons de Maio para Florencio Delgado Gurriarán” - Tradescola

Varios / 13.05.22

sonsmaio florenciodelgado2 - copiaA vindeira semana iniciarase o ciclo “Sons de Maio para Florencio Delgado Gurriarán” con actuacións diante da Deputación de Lugo das aulas de música e baile tradicional da Tradescola. 

Aproveitando a celebración das Letras Galegas adicadas a Florencio Delgado Gurriarán, a Tradescola ofrecerá distintas audicións na praza de San Marcos (Lugo) nos vindeiros días. Esta nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo (Vicepresidencia).

Con estos concertos, a Tradescola quere sumarse ós distintos actos en homenaxe a Florencio Delgado no día das nosas letras, e nos mesmos, poderemos gozar de numeroso repertorio tradicional, interpretado pol@s alumn@s e mestres da Tradescola onde non faltarán gaitas, zanfonas, percusións, acordeóns, cantareir@s e por suposto bailadores e bailadoras. Esperámosvos!!

Grabacións históricas do cuarteto "Os Mariñáns" de Guísamo no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios / 13.05.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con con Ramón Dopico recuperando grabacións históricas do cuarteto "Os Mariñáns" de Guísamo.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Páxina 6 de 436