Novas
I ROMARIA DA MÚSICA TRADICIONAL EN PONTEVEDRA
Deput. Pontevedra / 30.05.05
Compañeiros,
Á vista da situación, e atendendo ás numerosas solicitudes de sócios e simpatizantes convocamos-vos á I
Romaria da Música Tradicional en Pontevedra que terá lugar o vindeiro sábado 11 de xuño de 2005, a partir das 11:00 e até as 22:59 horas na Alameda de Pontevedra. Toda a información actualizada no Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos www.gaiteirosgalegos.com
Aqui tes mais información
Segunda reunión con José Juan Durán Hermida
Deput. Pontevedra / 27.05.05
O pasado xoves 26 de maio de 2005 tivo lugar unha segunda reunión co Deputado Delegado de Cultura, D. José Juan Durán Hermida, e a Asociación de Gaiteiros Galegos.Durante a mesma a AGG insistiu na paralización do convénio asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Gallega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra, aportando as mais de 11.000 sinaturas recollidas que avalan a nosa proposta.
Mais información
Proposta desde a AGG á Deputación de Pontevedra
Deput. Pontevedra / 23.05.05
O luns 16 de maio solicitou-se entrevista co Presidente da Deputación de Pontevedra co obxecto de continuar as conversas sobre o convénio asinado entre a Deputación e a Asociación de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra. A dia de hoxe non temos resposta do organismo público.Mais información
Catálogo de músicos da Limia: Música Tradicional
Publicacións / 21.05.05
Disponible en Livraria Torga, www.torga.net
Comunicación aberta a tódolos Profesionais Galegos do Ensino.
Deput. Pontevedra / 16.05.05
Resposta da AGG á Nota aclaratoria do Sr. Cabezas aos Centros de Ensino de Pontevedra.Como resposta á nota aclaratoria que se reproduce ao final, e que O señor Hipólito Cabezas remitiu aos centros de ensino de Pontevedra nos que impartiu ultimamente charlas para a captación de alumnos para as escolas de gaita da Excma. Deputación de Pontevedra, a AGG ven de enviar aos mesmos centros o comunicado que segue e que quere facer extensivo por medio deste portal, a tódolos profesionais do ensino galego para que enfoquen este complicado problema e axunden a resolvelo na súas propias aulas
Mais información
Resultados do "I Concurso de Música Tradicional Escola de Gaitas de Ortigueira"
Concursos e Certames / 16.05.05
O resultado do "I Concurso de Música Tradicional Escola de Gaitas de Ortigueira" Foi o seguinte:Grupo gañador: "OS CHAFARICOS" de Alfoz (Lugo) cos temas Vals Lembrandoche (X. Bandín) e a Rumba Olla como se peneira ( X. Lois Romero)
2º Premio: "OS FONTESUAIRAS" (A Coruña). ¡Ei,... Moneixas! (Rep. Os Dezas de Moneixas). O rodicio (A. Anta Seoane)
3º Premio: "OS SETE ESTALOS" (A Coruña). O Escornabois (Agustín Sánchez).
Mais información
Cantos e Bailes da Galiza; José Inzenga; Estudo e ed. crítica de J.L.d.P. Orjais
Publicacións / 12.05.05
Disponible en todas as librarias do pais; p.ex. en "Livraria Torga" de Ourense www.torga.net na tenda "A Grileira", de Compostela http://personal.telefonica.terra.es/web/grileira/
CONCENTRACION NO MORRAZO.
Deput. Pontevedra / 11.05.05
O colectivo de asociacións e músicos tradicionais do Morrazo, ven de convocar unha concentración frente á Casa do Concello de Cangas o vindeiro sábado 14 de maio ás 11:30 co lema "Escolas si, pero tradicionais"Mais información
Páxina 434 de 438