Novas
Éxito rotundo da I Romaria da Música Tradicional
Festivais, Foliadas, Romarías / 12.06.05
O sábado 11 de xuño de 2005 tivo lugar en Pontevedra a "I Romaria da Música Tradicional". Podemos calificar o acto de éxito rotundo, sendo unha proba clara de que a música tradicional na província de Pontevedra está viva e goza de moi boa saude.Mais información
COMUNICACION DA DIRECTIVA DA AGG.
Deput. Pontevedra / 08.06.05
A Asociación De Gaiteiros Galegos, ante as publicacións recentes na prensa sobre o pre-acordo coa Deputación de Pontevedra, e ante as explicacións que demandan os músicos tradicionais galegos ao respecto, informa:1º A Deputación de Pontevedra propón a creación de unha escola única para o cal achegará 100.000 euros a maiores dos xa concedidos á Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra.
2º O único condicionante da Deputación é a integración das dúas partes en unha única escola que impartirá distintos instrumentos, todos exclusivamente tradicionais, estando os contidos pormenorizados das materias pendentes de definir.
3º A concesión desta subvención depende de que a AGG chegue a un acordo coa ABGPPP no que, evidentemente, a AGG defenderá incondicionalmente a postura que ven a manter con respecto aos aspectos formais e de fondo con respecto á música tradicional.
4º De momento non hai nada asinado e nin sequera falado xa que está pendente a entrevista co presidente da ABGPPP co que a AGG xa se puxo en contacto.
5º No caso de que non haxa acordo, a AGG seguirá liderando e alentando unha oposición férrea e *sen cuartel* ao modelo que se pretendía introducir na provincia.
Por todo isto, a directiva da AGG prega a tódalas agrupacións e persoas que nos prestaron o seu apoio que continúen unidos e seguros de que faremos todo o que estea na nosa man para dar unha solución aceptable e vantaxosa ao problema.
Pontevedra, 8 de xuño de 2005.
A directiva da AGG.
Concerto Oscar Ibáñez & Tribo en Ourense
Varios / 08.06.05
III REUNION DA AGG CA EXCMA. DEPUTACION DE PONTEVEDRA
Deput. Pontevedra / 06.06.05
Terceira reunión da AGG con D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra celebrada o luns, 6 de xuño de 2005.A Deputación de Pontevedra, despois de estudar o proxecto presentado hai días pola AGG, aposta pola creación de unha escola única que integre, xunto a este, o da Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra.
Mais información
IV FESTA RACHADA A BAÑA 2005 9 DE XULLO NA ÁREA RECREATIVA AGRA DE CHANS
Festivais, Foliadas, Romarías / 03.06.05
IV FESTA RACHADA A BAÑA 20059 DE XULLO NA ÁREA RECREATIVA AGRA DE CHANS
Os interesados/as poden poñerse en contacto con Emilio Lois no teléfono: 696 740 502
Mais información
Aprazada a reunión con J.J. Durán
Deput. Pontevedra / 02.06.05
Por causas alleas á nosa vontade a reunión prevista para o xoves 2 de xuño de 2005 co Deputado Delegado de Cultura da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, ven de ser aprazada ao luns 6 de xuño de 2005.
Reunión entre a AGG e a AGBPPP
Deput. Pontevedra / 01.06.05
Reunión entre a AGG e a AGBPPPNa noite do martes 31 de maio de 2005 tivo lugar unha reunión entre
representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos e a Asociación
Gallega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra.
Mais información
Encontros de Música Tradicional no Carboeiro (4 de xuño de 2005)
Festivais, Foliadas, Romarías / 31.05.05
E.L. (encontros limitados de música tradicional)4 de xuño do 2005
No Mosteiro de Carboeiro ( Silleda)
Dende a sesión "vermú" ata que o corpo aguante...
Haberá churrasco, bocatas, alcohol vario e acampada
E Tamén haberá artesáns, contacontos, cegos, xogos, títeres...e por suposto moita música e baile tradicional!!!
Mais información
Páxina 433 de 438