Novas
Xornaes d´estudiu de La Gaita asturiana.
Varios / 10.05.05
Postura do CMTF na implantación da Banda de Gaitas da Deputación no Deza
Deput. Pontevedra / 09.05.05
O claustro da As. do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín reunido co fin de avaliar o subsidio concedido pola Deputación Provincial de Pontevedra á Asociación de Bandas de Gaitas manifesta:1.- Que a nosa postura contraria a dito subsidio, non pon en dúbida a profesionalidade das persoas perceptoras das mesmas.
2.- Que no concello de Lalín hai unha ampla oferta educativa en materia musical con a Escola da Banda, o Conservatorio Oficial, o Conservatorio Folque e a Escola Folque Infantil (proxeto novo en Galiza e unha aposta firme polo ensino da música popular) sostida integramente polos pais-mais do alumnado.
Mais información
ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA: Iª XORNADA DO FOLCLORE E GAITA
Cursos / 06.05.05
“ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA”“Iª XORNADA DO FOLCLORE E GAITA”
Con motivo do 30 aniversario da fundación da Escola de Gaitas de Ortigueira, esta institución está a organizar a “Iª XORNADA DO FOLCLORE E GAITA” que terá lugar en Ortigueira o vindeiro sabado día 14 de maio.
A xornada quere reivindicar o papel da gaita galega dentro da cultura tradicional lonxe de estereotipos importados e alleos á cultura galega.
Mais información
Trechos de artigos de Rudesindo Soutelo publicados en A Nosa Terra
A Nosa Terra / 04.05.05
Rudesindo Soutelo (Arte Tripharia) ven de publicar artigos en A Nosa Terra especialmente interesantes para as persoas que consultan o noso Portal.
Artigo publicado em A Nossa Terra, 16-VI-2005,
e reproduzido aqui sob licença do autor para Arte Tripharia.
____
O Bardo na Brêtema Rudesindo Soutelo
O nosso ronco som
A política musical praticada na Galiza nestes XVI anos de fragrância
popular não é absurda senão propositadamente antigalega, apesar dos
corifeus bem pagos que enaltecem qualquer patetice do poder que lhes
dá de comer. Nunca existiu um plano de promoção da nossa música senão mais bem de denigração. A programação musical das instituições públicas é sempre galeguicida. Apoiam mamarrachadas como os libidinosos roncos de pé da RBO que aliciam a obscena erótica do poder, e por cima no-la vendem como se isso fosse a tradição galega, para subliminarmente
enfraquecer a nossa autoestima e sibilinamente violar, humilhar e
destruir a nossa cultura. Na música culta detestam os compositores
galegos por elevação xenofílica apresentando sempre os de fora como
melhores, ainda que a realidade objectiva é que os temos tão bons e
maus como no estrangeiro e só nos diferencia a castrante política
cultural que padecemos.
Mais información
A AGG solicita a paralización inmediata do convénio
Deput. Pontevedra / 03.05.05
Nos últimos tempos levamos solicitando a paralización do convénio por distintos meios, incluindo a comunicación directa e persoal.Con data luns 2 de maio de 2005 foi apresentado no Rexistro da Deputación Provincial de Pontevedra o seguinte escrito solicitando a paralización inmediata do convenio asinado entre a Deputación e a Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra.
Mais información
Folclore Inducido: Magnífico artigo polo Doutor Francisco Calo Lourido
Deput. Pontevedra / 02.05.05
Diario de Pontevedra, venres, 29 de abril de 2005 Pg. 38: Opinión & análisis.Tribuna abierta.
Guerra das gaitas| A subvención da Deputación á Banda de Gaitas de Pontevedra para a posta en marcha de cinco escolas na provincia fixo prender a polémica. Según os expertos, o colectivo introduce instrumentos non autóctonos. ¿Está fomentando a Deputación unha cutura inducida? A xuízo de Francisco Calo, si.
Folclore Inducido
Carta aberta á delegada provincial de cultura.
Francisco Calo Lourido
Doutor e catedrático de Xeografía e Historia.
Mais información
A AGG DESMINTE CALQUER TIPO DE PACTO COA DEP. DE PONTEVEDRA
Deput. Pontevedra / 30.04.05
Despois de ler certas novas aparecidas na prensa, a AGG emite o seguinte comunicado que ven de ser remitido a todos os xornais.A ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS DESMINTE CALQUER TIPO DE PACTO OU PRINCIPIO DE ACORDO COA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
O pasado xoves 28 de abril de 2005 tivo lugar unha primeira reunión, na Deputación de Pontevedra, á que asistiron, por unha banda, o Deputado José Juan Durán Hermida (Vice–Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Presidente da Comisión Informativa de Cultura), o Xefe de Servizo da Área de Cultura, e pola outra, Santiago Caneiro, Iván Area e José Presedo.
Mais información
A Asociación sae moi reforzada da Asemblea Xeral Ordinária
AGG / 29.04.05
O pasado domingo 24 de marzo de 2005 tivo lugar, no Pazo da Cultura de Pontevedra, a Asemblea Xeral Ordinária da Asociación de Gaiteiros Galegos.Na mesma informou-se ás/aos sócias/os das actividades realizadas pola Xunta Directiva durante o ano 2004.
Mais información
Queres participar no Portal? (sendo ou non sendo sócio!)
AGG / 29.04.05
Compañeiro,
Se desexas participar no Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos só tes que enviar un e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando o teu nome completo, dni e unha foto para incluir no Portal.
Saudos
Reunión con José Juan Durán
Deput. Pontevedra / 29.04.05
O xoves dia 28 de abril de 2005 tivo lugar a primeira reunión co sr. José Juan Durán Hermida (Vice-Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Presidente da Comisión Informativa de Cultura).Á reunión asistiron, ademais do antedito Deputado, o Xefe de Servizo da Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, e, pola outra banda, Santiago Caneiro, Iván Area e José Presedo.
Mais información
Páxina 432 de 435