Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

Curso de Dani Bellón en Madrid

Varios / 14.04.06

O gaiteiro de Fene Daniel Bellón ven de impartir un curso de gaita dentro da segunda edición da feira gastronómica "Galicia en Móstoles", con grande éxito de crítica e público.

O curso tivo lugar os días 1 e 2 de abril e estivo organizado polo Centro Gallego de Móstoles.

Sons doutro tempo, hoxe. O prodixio de Antón Corral

Varios / 12.04.06

No museo Liste de Vigo (sito na rúa Pastora 22) vense de inaugurar unha exposición absolutamente imprescindíbel para calquera persoa cun mínimo de interse pola música galega.

Estará aberta até o 20 de maio de 2006, con entrada libre, de martes a sábado de 11 a 14 e de 17 a 19 horas

O título "Sons doutro tempo, hoxe. O prodixio de Antón Corral", é altamente clarificador e só desexar que gostedes dela.

Asemblea Xeral Ordinaria do 2006

Reunións, actos, ... / 10.04.06




O vindeiro domingo 23 de abril terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria do 2006. Este ano terá lugar a partir das 9:30 na Sala Mozart do AUDITORIO DE GALIZA, sito na Avenida do Burgo das Nacións s/n, na cidade de Santiago de Compostela.
A asemblea terá a seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación se proceder das actas anteriores (24 de abril de 2005).
2. Informe das actividades realizadas.
3. Aprobación do estado de contas do ano 2005.
4. Rogos e preguntas.

"AS FALSAS APARIENCIAS" Comunicado da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo

Varios / 08.04.06

AS FALSAS APARIENCIAS CONTRA O LEGADO TRADICIONAL

Parece ser que uns 3000 “vistosos” gaiteiros desfilarán polas rúas de Ponferrada. E por aquilo da gaita e do que din alguén pensará que isto é unha manifestación poderosa de música tradicional. Preguntámonos, dende cando foi tradicional no Bierzo, en Galicia ou Asturias unha gaita de tres roncos sobre o ombro, un tambor premier metálico de parches de plástico, un bombo tocado con dúas mazas ou un traxe de home con faldas ao máis puro estilo escocés. Así é como se presentará con este aire militar que a caracteriza a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense organizadora da Liga galega de Bandas de Gaitas que se vai realizar na cidade do Bierzo o próximo día 9.


Mais información.

XXIV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA

Cursos / 06.04.06





A Asociación Cultural Cántigas e Frores ven organizando, dende 1983, con carácter anual, un “Curso de Cultura Tradicional Galega”, con varias especialidades, e con inscirción aberta e gratuíta. Este curso foi o primeiro que se fixo con carácter permanente en España e vense celebrado ininterrumpidamente tódolos anos en Semana Santa. Acadará no ano 2006 a súa XXIV edición.

A este curso asisten coma alumnos músicos e bailarines de todo o Estado e, en ocasións, de outros países.


Mais información.


VII Concurso de Música Tradicional Xiradela

Concursos e Certames / 05.04.06

O pasado domingo 2 de abril tivo lugar en Arteixo o VII Concurso de Música Tradicional organizado pola A.C. Xiradela. Os grupos premiados foron os seguintes:

Cuartetos de Gaita:
1º PREMIO: "Os Fontes Suairas" (A Coruña)
2º PREMIO: "Donaire" da A. C. Donaire (A Coruña)
3º PREMIO: S.C.R.D. "O Castro" (Miño)

Gaiteiros solistas
1º PREMIO: Anáisy Gómez Fernández
2º PREMIO: Anxo Piñeiro Souto
3º PREMIO: Eric Torra Naveira


Mais información.

Bases Concurso Constantino Bellón 2006

Concursos e Certames / 03.04.06

O Ateneo Ferrolán ven de enviar as basees e a

peza obrigatoria que podes descargar en formato encore desde esta ligazón,

do concurso de gaita solista "Constatino Bellón" correspondente ao ano 2006.

O “CONSTANTINO BELLÓN”, é unha plataforma, creada polo Ateneo Ferrolán, para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potencia-la música tradicional de gaita galega.


O “CONSTANTINO BELLÓN” é un concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la gaita galega con técnica e xiros propiamente galegos.


O “CONSTANTINO BELLÓN” pretende recolle-la mais pura tradición gaiteiril e manter, ó longo dos anos, un lugar de encontro e intercambio para tódolos gaiteiros galegos.


Mais información.

Contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos

AGG / 02.04.06

Para calquera consulta relacionada coa Asociación de Gaiteiros Galegos, podes contactar:
- Por telefone no 986847074
- Por correo electrónico enviando un e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
- Por correo postal no seguinte enderezo:
Asociación de Gaiteiros Galegos
Afonso XIII, 2º andar
36002 Pontevedra
Pontevedra

Facerte socio ou modificar datos

AGG / 02.04.06

Se desexas facerte socio ou sendo socio desexas modificar os teus datos, podes descargar o boletín de inscrición de

http://www.gaiteirosgalegos.com/socio-agg.pdf

e remitilo por correo ordinario a:

Asociación de Gaiteiros Galegos
Afonso XIII, 2º andar
36002 Pontevedra
Pontevedra

Participar no Portal

AGG / 02.04.06

Se desexas participar no Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos só tes que enviar un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando o teu nome completo, dni e unha foto para publicar no Portal.

Páxina 419 de 438