Novas
I CURSIÑO DE TÉCNICAS DE INTERPRETACIÓN DOS GAITEIROS DE SOUTELO
Cursos / 08.08.07
O Concello de Forcarei con motivo da XXVIII Festa do Gaiteiro, vai a realizar un cursiño sobre as técnicas dos Gaiteiros de Soutelo, que será impartido por Juanjo Fernández.O número de Gaiteiros medra cada día máis en Galicia e con él a necesidade de que na formación musical estean presentes as técnicas de interpretación propiamente galegas, como as dos Gaiteiros de Soutelo e outros grandes intérpretes. O cursiño repasará todos aqueles recursos expresivos que facía do son das gaitas dos Gaiteiro de Soutelo algo característico e os propios alumnos poderán experimentar nel as apoiaturas, os semitrinos, os dúos, etc., coas súas propias gaitas.
Bases da Inscrición
1) O Cursiño terá lugar en Soutelo de Montes, o venres 17 de Agosto de 2007, de 12,00 h. a 14.00 h. (teoría) e de 16,00 h a 18,00 h. (práctica).
2) O número máximo de alumnos será de 25 (aceptación por orden de inscrición)
3) O prezo de inscrición é de 10,00 €, que se abonarán ó comezo do cursiño.
4) A inscrición pódese facer por teléfono (986 755 036), fax (986 754 082) ou por correo-e, facendo constar nome completo, lugar de residencia e idade.
5) O prazo de inscrición finaliza o xoves, 16 de Agosto, ás 24,00 h.
6) Os alumnos virán provistos de gaita, preferiblemente co punteiro adaptado á dixitación pechada.
7) Os alumnos terán xa unha iniciación á gaita para o correcto seguimento da materia.
8) A comida correrá a cargo dos alumnos.
EDELMIRO FERNÁNDEZ GAÑA O MÁIS PRESTIXIOSO TROFEO MUNDIAL DA GAITA
Prensa / 07.08.07
O xurado do Trofeo MacCrimmon de Gaita, o máis prestixioso galardón mundial de gaita, acaba de escoller a Edelmiro Fernández como o gañador da súa XXII edición, situando en terceira posición outro galego, Alberto Coya por detrás do asturiano Rubén Alba.A clasificación final foi a seguinte:
1. Edelmiro Fernández (Galicia)
2. Rubén Alba (Asturias)
3. Alberto Coya (Galicia)
4. Aex Pablo Devigo(Galicia) e Marco Antonio Guardado (Asturias)
6. Pablo Carrera (Asturias)
7. Hugo Noval (Asturias)
8. Brais Paz (Galicia)
9. Marie Le Cam (Bretaña)
Con este premio, Edelmiro Fernández é premiado por cuarta vez, converténdose no gaiteiro máis galardoado deste torneo, situándose na elite dos mellores gaiteiros galegos. De personalidade reservada, este gaiteiro imparte aulas no Conservatorio Folque de Lalín, e é director da Banda de Gaitas de Outes, que este ano conseguiu pasar á Primeira Categoría na final da Liga Galega de Bandas de Gaitas.
O xurado, tivo que escoller entre os cinco mellores intérpretes de gaita do mundo, de entre os que unicamente figuraba unha muller; a bretoa Marie Le Cam. Na parte galega compoñían o xurado o coñecido gaiteiro ourensán Ivan Area xunto con José Manuel Lépez, profesor e músico. Ademais formaban parte os asturianos Jorge Areces e máis Eugenio Otero Vega, xunto cos bretóns Armel Denis e Jean Baron.
IX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL "AVELINO CACHAFEIRO" O GAITEIRO DE SOUTELO
Concursos e Certames / 07.08.07
O vindeiro 18 de agosto do 2007 ás 17:00 h, na Praza do Gaiteiro en Soutelo de Montes, celebrarase o concurso de Música Tradicional "Avelino Cachafeiro" que como cada ano, ten lugar por estas datas.Trátase dun concurso aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos Gaiteiros que o desexen dentro dun único apartado. A inscrición é totalmente gratuita e deberán recibirse antes do día 10 de agosto de 2007.
Todos aqueles que estén interesados en participar poderan optar ós seguintes premios:
— 1º Premio 1.200 euros
— 2º Premio 900 euros
— 3º Premio 600 euros
— 4º Premio 450 euros
— 5º Premio 300 euros
Bases completas do concurso
GRAN ÉXITO DE PÚBLICO NA MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE PARDIÑAS
AGG / 06.08.07
Miles de personas concentráronse en Guitiriz esta fin de semana para asistir ó Festival de Pardiñas e a XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.Esta edición foi unha das mais concurridas dos últimos anos, cun gran éxtito de público en todas as actividades e actuacións que tiveron lugar durante a celebración da Mostra.
Os asistentes puideron disfrutar do pregón de "FUXAN OS VENTOS" o sábado pola tarde. Ademais de facernos lembrar a importancia de traballar pola normalización da nosa lingua e da nosa música tradicional e popular, ofrecéronnos unha selección das suas mais famosas cantigas. Tamén estiveron alí presentes o grupo "LUDOVAINA" co que moitos animáronse a bailar.
O domingo tiveron lugar diferentes obradoiros e actividades así como a actuación do grupo "OS ENXEBRES DE CACHEIRAS" que xunto con moitos músicos espontáneos, animaron a tarde a todos aqueles que se achegaron a visitar a Mostra.
Este ano a participación de artesáns foi moi elevada, sendo 19 os que alí se encontraban reunidos ofrecendo unha selección dos seus mellores traballos. Tamboriles, zanfonas, panderetas e gaitas de todo tipo son algúns dos intrumentos que alí se expuxeron.
Cada ano a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional medra mais co anterior, polo que pódese afirmar que son moitos os interesados en manter viva a nosa cultura, entre outras cousas, como elemento de diversión.
CASTING PARA UN NOVO PROGRAMA DA CRTVG
Concursos e Certames / 01.08.07
A Compañía de Radio Televisión de Galicia prepara un novo concurso, “Buscando estrelas”, que xurde tras o éxito obtido polo programa “Son de Estrelas”, presentado por Teté Delgado.Dentro do concurso, haberá tres categorías diferentes: baile de salón (por parellas), humoristas (individual) e música tradicional. Os concursantes da categoría de música tradicional deberán ser parellas de Gaiteiro e Percusionista, e neste caso o percusionista poderá elixir o instrumento que prefira: tambor, tamboril, pandeireta, tarrañolas, etc.
Ademais das aptitudes amosadas en cada disciplina, valoraranse aquelas cualidades que fagan ao concursante atractivo para o espectador: carácter desinhibido, sen complexos, capacidade para mobilizar a veciños e amigos, etc...
O CASTING ESTASE PLANIFICANDO PARA A SEMANA DO 6 Ó 10 DE AGOSTO.
Todos os interesados pódense poñer en contacto con Fernando (655 279 858) ou solicitar mais información nos teléfonos seguintes: 629 281 245 / 629 611 068
FALLO DO XVII CONCURSO DE GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN" 2007
Concursos e Certames / 01.08.07
En Ferrol, o día 30 de xullo de 2007, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, 1º , o XURADO do XVII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:- D. Víctor Fernández Gabeiras
- D. Xesús Vaamonde Manteiga
- D. Xavier Rodríguez Fariñas
- D. Pablo López Torneiro
- D. Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo, ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:
1. Gonzalo Manuel Abelairas Lemos (Ourense)
2. Brais Monxardín López (A Fonsagrada - Lugo)
3. Bruno Villamor Gay (Lugo)
4. Ricardo Manuel Mouriño Freire (Narón – A Coruña)
5. Pablo Devigo Vázquez (Castrocaldelas, Ourense)
Premio “Gaiteiro de Soutelo”
Punto nº 5 do XVII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”
En Ferrol, o día 30 de xullo de 2007, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, 1º o XURADO do XVII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:
- D. Víctor Fernández Gabeiras
- D. Xesús Vaamonde Manteiga
- D. Xavier Rodríguez Fariñas
- D. Pablo López Torneiro
- D. Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas ó Premio “GAITEIRO DE SOUTELO”, convocado pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, en colaboración co Ateneo Ferrolán, para promocionala participación da Galicia do Exterior, no Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,ACORDOU, por unanimidade selecciona-los seguintes finalistas:
1. Jordi Torres (Bos Aires - ARXENTINA)
2. Raúl Lacilla Crespo (Barcelona - ESPAÑA)
3. Manuel Gómez García (Altza-Gipuzkoa- ESPAÑA)
4. Daniel Lumbreras Rodríguez (San Sebastián – ESPAÑA)
Concurso Composición para Gaita Galega Solista
Punto nº 9 do Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”
En Ferrol, o día 30 de xullo de 2007, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204, 1º o XURADO do XVII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:
- D. Víctor Fernández Gabeiras
- D. Xesús Vaamonde Manteiga
- D. Xavier Rodríguez Fariñas
- D. Pablo López Torneiro
- D. Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez analizadas a totalidade das composicións presentadas ó mesmo, ACORDOU, entregar ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:
PABLO DEVIGO VÁZQUEZ
pola partitura Fantasía para Gaita e Piano “TROULA PARA CONSTANTINO”
Asdo.- Víctor Fernández Gabeiras Asdo.- Cristina Meizoso Alonso (Presidente do Xurado) (Secretaria)
SELECCIONADOS PARA A FINAL do XVII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN”
a celebrar o día 31 de agosto de 2007 no Teatro Jofre de Ferrol
En Ferrol, o día 30 de xullo de 2007, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, o XURADO do XVII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:
- D. Víctor Fernández Gabeiras
- D. Xesús Vaamonde Manteiga
- D. Xavier Rodríguez Fariñas
- D. Pablo López Torneiro
- D. Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo, ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:
Premio “Constantino Bellón”
1.-Gonzalo Manuel Abelairas Lemos (Ourense)
2.- Brais Monxardín López (A Fonsagrada - Lugo)
3.- Bruno Villamor Gay (Lugo)
4.- Ricardo Manuel Mouriño Freire (Narón – A Coruña)
5.- Pablo Devigo VázquezCastrocaldelas, Ourense
Premio “GAITEIRO DE SOUTELO”
6.- Jordi Torres (Bos Aires - ARXENTINA)
7.- Raúl Lacilla Crespo (Barcelona - ESPAÑA)
8.- Manuel Gómez García (Altza-Gipuzkoa- ESPAÑA)
9.- Daniel Lumbreras Rodríguez (San Sebastián – ESPAÑA)
“COANHADEIRA” GAÑADOR DA MODALIDADE FOLK DO CONCURSO “NSAIO NO CAMIÑO"
Concursos e Certames / 31.07.07
O grupo ourensán de música folc “Coanhadeira” vén de resultar gañador da modalidade folk do concurso “Nsaio no camiño”, despois da final desa modalidade celebrada esta pasada fin de semana na localidade coruñesa de Melide.O concurso “Nsaio no Camiño” está destinado a artistas noveis galegos, e conta con cinco modalidades según diferentes estilos músicais: folk, rock, pop, mestizaxe e novas tendencias. Na categoría de folk os grupos finalistas fóron, ademais de Coanhadeira, os tamén ourensáns “Guezos” e os pontevedreses “Sonhos”.
Coanhadeira deberá agora medirse cos gañadores das outras categorías nunha “gran final” a celebrarse o vindeiro 15 de setembro en Lugo, e da cal sairá o gañador final do premio, consistente nun contrato discográfico e “management” a nivel nacional, valorado nuns 30.000 euros. Toda a información sobre o concurso está recollida na web de nsaio.
Mais detalles na páxina web de Coanhadeira. Para contacto, contratación e actuacións: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Manuel Franqueira 636806163
MÚSICA E ARTE CÍTANSE EN PARDIÑAS
Prensa / 27.07.07
La Voz de Galicia (Cristina López, 27/07/07)"A cita en cuestión será os días 4 e 5 de agosto e o motivo non é outro que a celebración do Festival de Pardiñas, en terras guitiricenses, que acadará este ano a edición número 28, o que o converte nun dos máis antigos de Galicia. Que este festival acadase tanta antigüidade débese sobre todo ao esforzo da asociación cultural Xermolos, con Alfonso Blanco Torrado á fronte. Onte na presentación estivo acompañado pola delegada provincial de Vicepresidencia, Branca Rodríguez Pazos, e por representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos e de Estrella Galicia, que figuran como colaboradores na organización deste festival.
Tamén achegan o seu gran de area para que esta cita se manteña ano tras ano cun grande nivel e calidade, o Xacobeo, a Consellería de Cultura, o Concello de Guitiriz, a comunidade de montes de San Xoán de Lagostelle e algunhas casas comerciais.
O Festival de Pardiñas leva aparellado un segundo nome: o de feira e festa da música e da arte. Precisamente con arte arrancará esta celebración, xa que a partir das cinco da tarde do sábado abrirán as súas portas a mostra de artesáns de instrumentos tradicionais -cunha vintena de participantes- e a mostra xeral de artesanía, con cesteiros, teceláns, zoqueiros e demais. Así mesmo, na Casa das Artes de Guitiriz abrirán ao público as exposicións do mestre canteiro de Parga Ramón Villar e dos pintores Paco Lareo e Damián Payo, do val do Deza, e Anxo Lamas, de Castro de Rei. Tamén se expoñerán fotografías de Marra e esculturas de Xavier Quijada.
A mostra de artesáns de instrumentos terá nesta ocasión uns pregoeiros de excepción, xa que dende a organización pretenden xuntar novamente aos compoñentes do mítico grupo Fuxan os ventos para que non só den lectura ao pregón, senón que se animen a tocar algunha peza. No mesmo espazo no que se desenvolverá esta mostra terá lugar a actuación de Ludovaina, un cuarteto de gaita da zona do Morrazo. Por outra banda, como xa é habitual, haberá un escenario libre para as actuacións de músicos espontáneos."
Lee o artigo completo
FESTA NA PRAIA FLUVIAL RIO CHAMOSO – O CORGO (LUGO)
Festivais, Foliadas, Romarías / 27.07.07
O vindeiro sábado e domingo, 28 e 29 de Xullo poderemos disfrutar dunha nova festa. Será na praia fluvial Río Chamoso a partir das 22:00 horas. O Sábado teremos un gran festival coas actuacións de :- ALAZÁN
- YANKO E AS BAILARINAS DA TVE.
- GRUPO AMISTAD DE VIGO
O Domingo día 29 de Xullo de 2007 terá lugar a IV FESTA FOLK
PRAIA FLUVIAL RIO CHAMOSO co seguinte programa:
12:30 h. Pasarúas da Asociación Cultural Legua Dereita do Corgo
13:00 h. Asociación Cultural Val de Láncara
16:00 h. Grupo de Gaitas Zuncurrundullo de Castroverde
17:30 h. Actuación de grupos rexionais:
- A RUXIDEIRA DAS NOGAIS.
- XISTRA DE PEDRAFITA DO CEBREIRO.
- LEMBRANZAS DO CONDADO DE DONIÑOS –FERROL.
19:30 h. Asociación Cultural Legua Dereita do Corgo.
20:00 h. Gran concerto con:
- KÉRKENNAI.
- XOCHILMICA.
- QUEMPALLOU.
Esta festa está organizada polo Concello do Corgo e colabora a Asociación Cultural Legua Dereita do Corgo.
NOITE DA LÚA MEIGA 2007
Festivais, Foliadas, Romarías / 26.07.07
Aquí tendes o programa do festival "Noite da Lúa Meiga 2007" que terá lugar o 25 e o 26 de Agosto no Miradoiro do Outeiro Grande, no Viso (Redondela, Pontevedra):SÁBADO 25 AGOSTO:
21:30h Grupo de Gaitas O Carballo das Cen Polas e concerto de:
- PRADAIRO
- TREIXADURA E ORFEÓN
- TIRULEQUE
DOMINGO 26 AGOSTO:
- Sesión vermú (12:30 h) con:
+ Grupo de Gaitas son do Castro
+ Grupo de Baile Froles Mareliñas
- Xantar Popular e Pulpeira
- Pola tarde (16:00 h), Xogos populares e Festival con:
+ Pandereteiras Flor de Toxo
+ Baile Galego do C.Cultural de Cabeiro
+ Pandereteiras do C. Cultural de Cabeiro
+ Grupo folclórico anaquiños
+ Aririños da Peneda
*Servizo de autobús dende as 21:30 pra subir ó festival. Paradas señalizadas
* Todos aqueles que se animen poderán traer os seu instrumentos e participar nesta FESTA RACHADA 2007¡¡
Máis información na web da noite da lúa meiga ou 656 938 058 (Covelo)
Páxina 395 de 438