Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas

Novas

O Museo do Pobo Galego reclama apoio para a música tradicional

Deput. Pontevedra / 13.07.05




Recentemente o Museo do Pobo Galego ven de reclamar apoio para a música tradiciona nun escrito onde se comenta a prática desde algunhas administracións dunha política encamiñada a impulsar e difundir as chamadas bandas de gaitas, que están a introducir instrumentos, modos e ritmos importados, que pouco se compadecen co que é específico de Galicia.


Mais información

Carta dirixida á editorial Everest en relación ao conto "MICIFÚ E OS SEUS AMIGOS

AGG / 12.07.05

No conto MICIFÚ E OS SEUS AMIGOS editado por EVEREST dentro da colección Montaña encantada, do autor Ramón Caride e con ilustracións de FERNANDO L. JUAREZ vimos de detectar un deseño pouco axeitado, ao noso entender, motivo polo cal remitimos unha carta.



Mais información

Carta dirixida ao Sr. Director do Museo do Pobo Galego

AGG / 12.07.05


No número 3/2005 do mes de maio das Páxinas Informativas do Museo do Pobo Galego, aparece unha nova relativa á preocupación do Padroado polo investimento de recursos públicos na promoción de formas musicais alleas á cultura tradicional galega,

A Asociación de Gaiteiros Galegos enviou unha carta ao Director do Padroado, D. Isaac Díaz Pardo en relación co andedito tema.



Mais información

Matamáfolc o 15 de xullo en Matamá (VIGO)

Festivais, Foliadas, Romarías / 12.07.05


O vindeiro venres 15 de xullo, a partir das 22:00 h no torreiro da festa de Matamá (VIGO) celebraremos a terceira edición do festival de música folc e tradicional MATAMÁFOLC no que contaremos coa presenza dos grupos:
a.. MOXENAS MUSICAL GALEGO
b.. FIANDOLA
c.. QUEMPALLOU:


Mais información

Festival folclórico en Antas de Ulla o 17 de xullo

Festivais, Foliadas, Romarías / 12.07.05


Festival folclórico en Antas de Ulla o 17 de xullo a partir das 19.30 no local sociocultural da vila.
Organiza a "Asociación Cultural Fiadeira". Participa o grupo de baile e música tradicional galega "Charamela" de Antas de Ulla.


VI Festival Folk deVI Festival Folk de Callobre (A Estrada)

Festivais, Foliadas, Romarías / 07.07.05

O vindeiro 15 de Xullo terá lugar o VI Festival Folk de
Callobre (A Estrada) e no cal van a participar os
seguintes colectivos e agrupacións:

Abrente de O Foxo
Os Regatos de Matamulleres
Donicelas
Treixadura
Linho do Cuco
e
Os Carunchos

Tamén participará "Mil duros e a mantido".

VI MEMORIAL RICARDO PORTELA: NOTA DE PRENSA DO CONCELLO

Concursos e Certames / 01.07.05

Pontevedra, 30 de xuño de 2005
COMUNICADO DE PRENSA


O CONCELLO DE PONTEVEDRA CONVOCA A VI EDICIÓN DO
MEMORIAL RICARDO PORTELA


Mais información

Novo Comunicado en relación co tema de Narón

CDG / 01.07.05

O Colectivo do Movemento do 2 de xullo enviou a seguinte información.

PERSOAS DE PAZ

Somos persoas de paz que non por iso renunciamos ao dereito constitucional que nos ampara, o dereito de saír á rúa a manifestar que estamos en total desacordo con un sistema, sistema que, baixo o noso criterio, e por razóns explicadas no anterior comunicado pode chegar a poñer en perigo a cultura tradicional galega.


Mais información

Bases para o Concurso Memorial Ricardo Portela 2005

Concursos e Certames / 01.07.05

O Concello de Pontevedra ven de publicar as Bases para o Memorial Ricardo Portela do ano 2005. Todas aquelas persoas interesadas en participar podedes descargar as bases desde esta nova.



Mais información

Comunicado da AGG en relación co acto previsto para o 2 de xullo en Narón

AGG / 30.06.05

A Asociación de Gaiteiros Galegos é a asociación de todos os músicos
tradicionais do país. Entendemos "Gaiteiros" no seu mais amplo sentido,
tanto a nivel de xénero canto a nivel de participación das expresións
musicais tradicionais.

Ao longo dos mais de 25 anos de actividade a Asociación de Gaiteiros
Galegos sempre se caracterizou pola defensa e difusión da nosa música
patrimonial. Como tal colabora e axuda con calquer iniciativa encamiñada
a promover e difundir a música galega tradicional, mais tamén denuncia
as malversacións de diñeiro público en músicas non galegas.



Mais información

Páxina 389 de 395