Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas

Novas

Festival folclórico en Antas de Ulla o 17 de xullo

Festivais, Foliadas, Romarías / 12.07.05


Festival folclórico en Antas de Ulla o 17 de xullo a partir das 19.30 no local sociocultural da vila.
Organiza a "Asociación Cultural Fiadeira". Participa o grupo de baile e música tradicional galega "Charamela" de Antas de Ulla.


VI Festival Folk deVI Festival Folk de Callobre (A Estrada)

Festivais, Foliadas, Romarías / 07.07.05

O vindeiro 15 de Xullo terá lugar o VI Festival Folk de
Callobre (A Estrada) e no cal van a participar os
seguintes colectivos e agrupacións:

Abrente de O Foxo
Os Regatos de Matamulleres
Donicelas
Treixadura
Linho do Cuco
e
Os Carunchos

Tamén participará "Mil duros e a mantido".

VI MEMORIAL RICARDO PORTELA: NOTA DE PRENSA DO CONCELLO

Concursos e Certames / 01.07.05

Pontevedra, 30 de xuño de 2005
COMUNICADO DE PRENSA


O CONCELLO DE PONTEVEDRA CONVOCA A VI EDICIÓN DO
MEMORIAL RICARDO PORTELA


Mais información

Novo Comunicado en relación co tema de Narón

CDG / 01.07.05

O Colectivo do Movemento do 2 de xullo enviou a seguinte información.

PERSOAS DE PAZ

Somos persoas de paz que non por iso renunciamos ao dereito constitucional que nos ampara, o dereito de saír á rúa a manifestar que estamos en total desacordo con un sistema, sistema que, baixo o noso criterio, e por razóns explicadas no anterior comunicado pode chegar a poñer en perigo a cultura tradicional galega.


Mais información

Bases para o Concurso Memorial Ricardo Portela 2005

Concursos e Certames / 01.07.05

O Concello de Pontevedra ven de publicar as Bases para o Memorial Ricardo Portela do ano 2005. Todas aquelas persoas interesadas en participar podedes descargar as bases desde esta nova.



Mais información

Comunicado da AGG en relación co acto previsto para o 2 de xullo en Narón

AGG / 30.06.05

A Asociación de Gaiteiros Galegos é a asociación de todos os músicos
tradicionais do país. Entendemos "Gaiteiros" no seu mais amplo sentido,
tanto a nivel de xénero canto a nivel de participación das expresións
musicais tradicionais.

Ao longo dos mais de 25 anos de actividade a Asociación de Gaiteiros
Galegos sempre se caracterizou pola defensa e difusión da nosa música
patrimonial. Como tal colabora e axuda con calquer iniciativa encamiñada
a promover e difundir a música galega tradicional, mais tamén denuncia
as malversacións de diñeiro público en músicas non galegas.



Mais información

comunicado elaborado pola Concellería de Cultura do Concello de Narón et al

Varios / 30.06.05

Presentación Novo Disco "OS CARUNCHOS" día 1 DE XULLO ás 22:30

Varios / 24.06.05

Serán en Borreiros o 25 de xuño

Festivais, Foliadas, Romarías / 23.06.05



OLA: ESTE SÁBADO, 25 DE XUÑO, E A PARTIR DAS 21:00 HORAS, SERÁN NO CENTRO CULTURAL DE BORREIROS (GONDOMAR)

NON FALTES!!!!!!!!!!!!!!

5º Aniversário Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalin

CMTFL / 23.06.05

O Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalín celebra o seu quinto aniversário cunha série de actividades e concertos.



Mais información

Páxina 388 de 394