Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas

Novas

Curso de Técnica de Interpretación de Gaita Galega

Cursos / 16.02.06

Os vindeiros días 18 e 19 de abril de 2006, no Conservatorio de Música de Ourense, terá lugar o

CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA

impartido por

JUAN BARCÓN PEÑA
e
BRUNO VILLAMOR GAY

HORARIO DO CURSO: De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas (o horario pode sufrir modificacións en función da matrícula).

INFORMACIÓN
Secretaría do Curso
Rúa Pablo Iglesias, s/n
32004 – OURENSE
Teléfono: 988391047 – Fax: 988391971
E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Organiza: Conservatorio Prof. de Música de Ourense
Colabora: Asociación de Gaiteiros Galegos



Mais información.

Ide afinando as gaitas ... concurso de Ortigueira

Concursos e Certames / 15.02.06

O concurso celebrarase o vindeiro sábado día 13 de MAIO de 2006, ás 17,00 horas no “ TEATRO DA BENEFICENCIA , en Sta, Marta de Ortigueira , A Coruña.

Os grupos participantes deberán presentarse unha hora antes do concurso na Carpa da festa para facer un pequeno desfile ata o lugar do concurso.

Haberá unha única categoría para maiores de 15 anos, ou ben, que como moito un dos componentes do grupo sexa menor de esa idade.
Os premios serán os seguintes:
1º premio: 600€ e diploma.
2º premio: 300 € e diploma.
3º premio: 150 € e diploma.

Tódolos grupos participantes que non reciban premio recibirán un agasallo.

A data tope de inscripción será o sábado día 29 de abril.


Mais información.


Mala Herba en Pontevedra

Concertos / 14.02.06

O dúo Mala Herba, composto por Caetano Amenábar (zanfona) e Serxio Cobos (acordeón), ofrecerán o seu novo espectáculo o xoves día 16 de febreiro a partir das once da noite no local Lusco e Fusco, na rúa Barón da zona vella de Pontevedra.

A peculiar parella musical sorprenderanos cun repertorio zarrapicado de melodías innovadoras pero conectadas co pasado que nos transportarán a tempos e lugares xa vividos mais aínda por vir, en calquera caso, tempos e lugares oníricos e moito mellores.

Non deixedes de asistir.

Xuntanza Música Tradicional do Salnés

Festivais, Foliadas, Romarías / 12.02.06



O vindeiro venres 17, a partir das 10 da noite na cafetaría Vila Aurora da praia Compostela, celebrarase a segunda xuntanza da música tradicional da comarca do Salnés. Despois do éxito da xuntanza do mes de xaneiro os músicos tradicionais da comarca decidimos establecer de maneira formal esta convocatoria co ánimo de que sirva de punto de encontro e relación entre tódalas persoas que teñen un vínculo directo coa música tradicional, así como de todos aqueles que queiran achegarse a este tipo de música e disfrutar dunha boa noite.


Mais información.

Venrespirar

Festivais, Foliadas, Romarías / 06.02.06




O pasado venres comezaron no Liceo de Ourense os Venrespirar, festas itinerantes de música e baile, organizadas por Algaravia e Gomes Mouro. Este ano faranse o primeiro venres de cada mes nun local diferente da cidade de Ourense. Estas festas están abertas a toda a xente que queira participar, xa sexa levando o seu instrumento, bailando, ou simplemente tomándolle algo e difrutando do ambiente.



Técnicas de Interpretación de Música Tradicional en Xove

Cursos / 01.02.06

A Asociación Cultural Saíñas, coa colaboración do Concello de Xove e a Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza en Xove, Lugo, a primeira edición destas xornadas que terán lugar as primeiras fins de semana dos meses de febreiro, marzo e abril.




Abrirá o ciclo Daniel Bellón impartindo o seu seminario sobre técnica de gaita (4 e 5 de febreiro). Xaquín Xesteira, “Xocas”, tomará o relevo en marzo nun seminario no que se abordarán polo miúdo aspectos técnicos da interpretación dos instrumentos de percusión en Galiza. Os cursos pecharanse en abril, con Sonia Lebedinsky, quen abordará os xeitos tradicionais de interpretación do canto e a pandeireta en Galiza.

Mais información.

A escola compostelá Estudio comezará en febreiro un curso de técnico de son

Cursos / 24.01.06

Estudio, escola de música ofrecerá a partir do próximo mes de febreiro unha novidosa e completa oferta formativa. Trátase do “Curso de Técnico de Son”, que introducirá aos alumnos na produción, a sonorización en directo e a gravación de discos e que será impartido polo uruguaio Pablo Calleriza, quen conta con máis de 27 años de experiencia na materia.

Mais información.

V Xornadas de Portas Abertas "O Fiadeiro"

Cursos / 24.01.06

A Asociación Cultural e Folclórica O Fiadeiro, radicada en Vigo (Rúa Ramón Nieto 118), organiza as V Xornadas de Portas Abertas.



Durante toda a fin de semana do 28 e 29 de Xaneiro O Fiadeiro porá a disposición do público, gratuitamente, aos seus profesores de baile, canto, pandeireta, gaita, linguaxe musical, pasamanería e confección, etc. Ao mesmo tempo celebrarase unha exposición de roupa e complementos antigos, un concerto didáctico a cargo da "Agrupación A.C.F. O Fiadeiro" e un serán.



APERTURA DE PLICAS

Deput. Pontevedra / 16.01.06

Ás dez desta mañá a mesa de contratación do concurso para a elaboración e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra, nun brevísimo acto, procedeu á apertura de plicas da documentación entregada polos licitadores.

As entidades que, finalmente, presentaron a súa candidatura foron:
1. TEDAGA S.L.
2. Asociación de Gaiteiros Galegos
3. Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro
4. Xaquín Xesteira Losada
5. Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra
6. Xainco, ensino individualizado

A mesa de contratación, ao remate do acto, recalcou -nun acto de reafirmación- os criterios de puntuación, se cadra, porque durante a fin de semana a prensa é lida con moita máis atención e non pasaron desapercibidas as declaracións da AGG e os colectivos de música tradicional do Salnés que se publicaron en La Voz de Galicia e no Diario de Arousa.



O INAEM e a Consellería de Presidencia convocan axudas

Anuncios, subvencións, oposicións... / 16.01.06

Co comezo do ano e os presupostos a estrear as institucións estiran a man.

Durante os días pasados nos boletíns oficiais anunciáronse subvencións que poden interesar a algún dos nosos socios. O martes 3 de xaneiro, o Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música publicou unhas axudas destinadas a promover compañías de danza, lírica ou música para a produción e xira por España e polo estranxeiro; asociacións sen ánimo de lucro que realicen de actividades de danza, lírica e música de carácter asociativo; festivais; mostras; certames; congresos; etc.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tamén anunciou o martes 10 de xaneiro o concurso público para a concesión de subvencións a entidades privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega. Nesta convocatoria contémplanse moitas e variadas actividades a subvencionar: publicidade, webs, actuacións, festas, audiovisuais, folletos, revistas, libros, etc.



Mais información.

Páxina 383 de 398