Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

2ª Noites de tasca

Varios / 03.07.08



A Asociación Os Viqueiras de Ordes organiza por segunda vez as Noites de Tasca.

Terá lugar o venres 4 de xuño na cervexería JP de Ordes a partir das dez da noite.

Contará ca presencia do grupo de pandereteiros Maghub da Coruña e a continuación haberá foliada ata altas horas.


Ver cartel ampliado

I CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS E PARELLAS DE BAILE TRADICIONAL

Concursos e Certames / 02.07.08

O Concello de Padrón, xunto coas Asociacións "O Pedrón" e "Rosalía de Castro" organizan o I Certame de Gaiteiros Solistas e o I Certame de Parellas de Baile Tradicional "Santiaguiño do Monte". Terán lugar o vindeiro 25 de Xullo a partires das 11:30 h. e as 17:00 h. respectivamente, na área recreativa do Santiaguiño do Monte, en Padrón.
O prazo de inscrición para ambos Certames remata o 21 de Xullo. No seguinte enlace podedes consultar as bases de participación e o impreso de inscrición.

Certame de Gaiteiros Solistas

Certame de Parellas de Baile Tradicional

e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional)

Cursos / 01.07.08

O Concello de Vigo, a través da súa Area de Educación pon en marcha a e-Trad, unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A e-Trad correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral. Oferta dous tipos de enfoque educativo: o afeccionado e o profesional.

Afeccionado: O público interesado poderá aprender a interpretación do canto e a música tradicional nun nivel básico.

Profesional: O actual profesional da música ou futuro profesional vai poder formarse ou complementar a súa formación, tanto nas especialidades instrumentais e vocais como nos marcos teorico-prácticos que envolven a actividade musical. Para o mellor cumprimento desta función, a e-Trad oferta dous niveis diferentes do itinerario profesional, segundo as necesidades do alumnado.

Especialidades instrumentais e vocais:
- Canto popular, Violín folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico.

A e-Trad atenderá a un máximo de 300 alumnos en cursos académicos de outubro a xuño.

Máis información en www.e-trad.org

A vida e a música en Limiñoa

ALALA / 30.06.08

O programa do día 30 de xuño achéganos ao lugar de Limiñoa.
Se a comarca de Bergantiños é especialmente rica en bailes e cantos tradicionais, o lugar de Limiñoa, en Ponteceso, é un dos puntos neurálxicos da festa. Aquí, todos os martes desde hai vinte anos, unha ducia de veciños dos arredores reúnense nun garaxe para ensaiar e para lembrar as festas que facían cando eran mozos, nas fiadas e no traballo das leiras.
A maior ten oitenta e cinco anos e a máis nova corenta e cinco. Case todos traballan no campo pero os homes do grupo andiveron tamén ó mar, que lles queda moi preto, cando eran máis novos. Xuntos atesouran unha chea de recordos da dureza e a alegría dos tempos de antes, e ademais posúen toda a sabedoría que dan os anos e a vida na aldea.
Neste Alalá amósanos o agarimo con que coidan as vacas, o que lles supuxo a chegada da parcelaria, a maneira na que rexoubaban mentres lavaban no río, cómo hai que facer un cesto con varas de salgueiro, cómo facían a rosca con ovos de gaivota e cal é o segredo da mítica ribeirana, unha muiñeira que só se baila aquí e que, segundo din, é tan difícil de bailar e tocar coa pandeireta que ningún dos moitos mozos que chegaron ata as súas portas facendo recollida foi quén de aprendela.

IX Memorial Ricardo Portela

AGG / 26.06.08

O sábado 12 e domingo 13 de Xullo, celébrase en Pontevedra, na praza da Verdura, o IX MEMORIAL RICARDO PORTELA. Durante os dous días poderase visitar nese mesmo lugar a mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais.

O sábado 12 de xullo, terá lugar o concurso do Memorial, no que poderán participar agrupacións de música tradicional galega no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto. Os importes dos premios en metálico para a presente edición serán: 1º-1500 euros; 2º- 900 euros; 3º- 600 euros. Ademais hai dous premios especiais: O “Ricardo Portela” de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de Don Ricardo e un premio “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para o IX Memorial. As inscricións haberán de formalizarse no rexistro do concello de Pontevedra en persoa, por carta ou FAX (986 862 590). É convinte confirmar a inscrición chamando ao rexistro no Tfno. 986 804 300.
O Domingo 13, a partir das 20h, celebrarase o Festival de Música Tradicional coa actuación de Os Campantes da Baña e Vaamonde, Lamas & Romero.

PROGRAMA:

MOSTRA DE ARTESÁNS DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS
SÁBADO 12 E DOMINGO 13
De 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h.
Praza da Verdura

VENRES 11 DE XULLO
21:00 | Teatro Principal
Gala presentación do disco “Foliada nas Rías Baixas: homenaxe a Ricardo Portela, o mestre”.

SÁBADO 12 DE XULLO
12:00 | Saída Praza de Curros Enríquez - Pasarrúas dos grupos inscritos no concurso.
20:00 | Praza da Verdura - Actuación dos grupos finalistas, resolución dos premios e actuación especial de Kevin Carr

DOMINGO 13 DE XULLO
20:00 | Praza da Verdura - Festival de Música Tradicional:
• Os Campantes da Baña
• Vaamonde, Lamas & Romero

Bases do Concurso

VII Festa Rachada da Baña

Festivais, Foliadas, Romarías / 25.06.08

O sábado 5 de xullo terá lugar a VII Festa Rachada da Baña na Area Recreativa Agra de Chans en San Vicente da Baña.
Dende as 13:00 horas actuarán:
Os Pequenos da Baña.
Armadanzas de Laraño (Baile Tradicional).
Murga e Pandereteiras Vai de Roda, Rianxo.
Charanga Follas Novas , Ames
O Trioliro.
Murga Os Campantes da Baña,
e a espectacular actuación de O CarriÇo (Coimbra).
Tamén participarán os gaiteiros (uilleanpipe e whistles) Dennis O´Toole e Carmel O´Leary (Irlanda).
Convidados á foliada:
Milloverde da Coruña, Os Enxebres de Cacheiras, Pablo Carpintero, Raúl Galego, Charanga de Ultreia, Os Contracochenos, Os Viqueiras de Ordes e todos aqueles que os queiran acompañar cos seus instrumentos porque a troula continúa.

Ó longo do serán levaranse a cabo obradoiros para pequenos e maiores e tamén contan con zona de acampada.
Lembrade levar o xantar para acompañalos nas merendas.

Para máis información podedes chamar ós teléfonos: 696 740 502 e 656 908 829.

Revista Etno-folk

Publicacións / 25.06.08


A revista Etno-folk no seu nº 11 fai un repaso ao que foi o Encontro de Gaiteiros “Manuel Villanueva”, gaitas de fol do noroeste.
Coordinada por Oscar Ibañez da Asociación Cultural Pai da Cana, ten o seguinte sumario:

Encontro de Gaiteiros "Manuel Villanueva", gaitas de fol do noroeste,
por Oscar Ibáñez García
I Encontro de Gaiteiros... 2006:
Gaitas e gaitas de fol galegas con cantores de tipo clarinete, por Pablo Carpintero
La gaita y el oficio de gaitero en Asturias, por Juan Alfonso Fernández García
La gaita de fole en Zamora. Zonificación, estilos y repertorio, por Alberto Jambrina Leal
A gaita de foles na Terra de Miranda, por Mário Correia
II Encontro de Gaiteiros... 2007:
A entoación da gaita, pasado e futuro, por Carlos Real, Manuel Fernández e Oscar Ibáñez
La gaita asturiana, características y evolución, por Juan Alfonso Fernández García
La gaita cántabra. Estudio etnomusicológico en el occidente
de Cantabria, por Roberto Diego
La gaita en el oeste de la provincia de León, por Rafael Busto Ferrero

CD IV Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva

Discografía / 25.06.08


Ediciós do Cumio ven de editar o disco IV Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva. Foi producido por Oscar Ibáñez, da Asociación Cultural Pai da Cana, e promovido polo Concello de Poio coa colaboración da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra.

Recolle a intervención musical dos conxuntos: Os Tres Retellos (Alberto Coya, Roi Adrio e Alberto Costas), José M. López Trío (José M. López, Jordi Castaño e Ricardo Tubío), Os Miluchos (Brais Monxardín, Miguel A. López e Pablo Pardo), Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Pérez e Miguel Fraguas), Os Trasnos da Gaita (Fátima Bartolomé, Luís Bartolomé e Juan Bartolomé) e Media Levas (Pablo Seoane, Diego Rosende e Manuel del Rey).


Acto de fin de curso de O Fiadeiro

Varios / 24.06.08

Un ano máis O Fiadeiro organiza o seu serán e acto fin de curso.
Estades todos convidados.

Terá lugar o día 28 de xuño do 2008, de 20.00 a 22.00 a escola e a partir das 22.00 o serán para bailar e tocar toda a noite.

Lugar: Asociación de Veciños Santa Mariña de Cabral (Vigo)

VII Noite da Lúa Meiga

Festivais, Foliadas, Romarías / 23.06.08

Os días 30 e 31 de agosto o Colectivo Lúa Meiga de Redondela celebra por segunda vez a Noite da Lúa Meiga.
O programa é o seguinte:
PROGRAMA VII NOITE DA LÚA MEIGA
Sábado 30 de Agosto:
-As 21:30h, GRUPO DE GAITAS OS XUVENÍS DE CHAPELA e concerto de:
PRADAIRO
PEPE VAAMONDE
TIRULEQUE
+ Regueifeiros Convidados

Domingo 31 de Agosto:
-Sesión vermú (12:30h) con:
O CARBALLO DAS CEN PÓLAS
GRUPO DE BAILE ANAQUIÑOS
PANDERETEIRAS ANAQUIÑOS

- Xantar popular e pulpeira
- Xogos tradicionais para todas as idades
- Festa tradicional (17:00h) con:
GRUPO DE GAITAS DE CEDEIRA
AIRIÑOS DE SAN SIMÓN
PANDERETEIRAS AQUELARRE
A.F. TERRA MEIGA
AIRIÑOS DA PENEDA
OS FARELOS

* O Sábado 21 contarase cun autobús circular pola parroquia do Viso para achegarse ó festival.
www.noitedaluameiga.org

Páxina 375 de 438