Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

Cultura aberta nos Xardíns da Deputación

Concertos / 21.07.08

O Xoves 24 de Xullo o ciclo "Cultura aberta nos Xardíns da Deputación", organizado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo (Área de Cultura), achéganos unha nova actividade na capital Lucense. Será o concerto dos grupos de música tradicional Cantardaseiras e Treixadura a partires das 20:30 horas.

Cantardaseiras é un grupo lucense de cantareiras tradicionais, que fará de anfitrión para dar paso a Treixadura, a evolución natural da nosa música, a dignificación dos nosos músicos tradicionais levada ao escenario. A conxunción perfecta entre a música tradicional e as nosa cantigas.

XII Festa Celata Lugnasad - Bretoña

Concertos / 21.07.08

Como todos os anos, o primeiro venres de Agosto celébrase na localidade lucense de Bretoña (A Pastoriza) a festa do Lugnasad. Unha festa na que se conxuga a música tradicional e folque do noso país cos ritos e tradicións celtas.

PROGRAMA

Polo serán pasarrúas coa Agrupación de música tradicional CANTIGAS E FRORES.
22:00h Concertos de TRIOLIRO e OS MINHOTOS
00:00h Conxuro da queimada e celebración das VODAS CELTAS
01:00h Concertos de OPHIUSA, TRIOLIRO e ULTRÄQÄNS

Máis información en:
http://www.auruxeira.com/FESTA%20CELTA%20DO%20LUGNASAD%202008.html

Festival da Chaira

Concertos / 18.07.08


A dirección da A.C. A Chaínza ven de anunciar os grupos do Festival da Chaira 2008 que se vai celebrar o 19 de Xullo na Praia da Riboira en Baltar (A Pastoriza), e conta unha vez máis cunha boa representación de diversos estilos musicais, aínda que, desta vez, voltando máis cara o Folc e a Música da NOSA TERRA.

A Variedade de Estilos irá dende o máis Autóctono de grupos como: Leña de Verde de Pol ou Coanhadeira de Ourense; do Rap-Funky-Reagge do grupo Som do Galpom de Moninha (preto de Compostela) ou dun grupo xa consagrado da Música Galega como é Quempallou, que vén de Publicar o seu terceiro disco "Polo Aire" a finais do 2007.

Concertos:
- Quempallou
- Leña Verde
- Coanhadeira
- Som do Galpom

Info.: www.festivaldachaira.com

FESTIVAL -SONS DA LAMEIRA-

Concertos / 18.07.08

Os días 18 e 19 de xullo vai ter lugar en Matamá (Vigo) a segunda edición do Festival “SONS DA LAMEIRA” cun cartel de actuacións dos mais variados estilos musicais.

O venres 18 comezará cunha noite de folc. As 22h actuarán os composteláns “XOCHILMICA”, depois seguirá o grupo de Lugo-Ferrol “SERRA-LHE AI” e xa para rematar a noite contaremos co grupo “OS CARUNCHOS ” de Vigo, todos eles moi coñecidos no eido do folc.

O sábado 19 cambiaremos totalmente de música, dandolle paso a outros estilos.
As 21hrs comezaremos coa actuación do grupo de hip-hop “KAPATAZ” chegado dende Portugal, a continuación subirá ao escenario o grupo vigués “KATANA CHAOS” de hard core. Seguiremos co ska mais festeiro da mán dos cataláns “DEKREPITS”. E xa para rematar a noite contaremos co coñecido grupo de punk oi! “OI SE ARMA!”chegados dende Canarias.

Este Festival está organizado por dúas asociacións da parroquia de Matamá (Vigo) que teñen entre a xente nova a meirande parte dos seus integrantes. Estas asociacións son o Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e a Asociación de Actividades de Ocio de Matamá.

Para mais información www.sonsdalameira.com www.matamafolc.com ou no telefono: 647206100

VI Caneiros Gaiteiros

Festivais, Foliadas, Romarías / 16.07.08

O Domingo 20 de Xullo celébrase en Betanzos unha nova edición dos Caneiros Gaiteiros. Esta romaría ten a súa orixe arredor do 1880, cando despois de dous días da festa de San Roque pequeno, os betanceiros foron empanando as sobras das fartas do xantar festivo e foron xantar de relax ao Campo dos Caneiros río arriba. Isto converteuse en hábito para tódolos veciños de Betanzos criando así unha xira que chegou a converterse en extraordinaria romaría, xa non só para os betanceiros coas súas lanchas engalanadas de grilandas e flores, senón tamén para o resto do mundo que puido remontar o río en grandes barcas. A festa tivo unha grande sona, e os garelos (betanceiros), sen deixar esta, preferiron a segunda xira que se fixo do mesmo xeito para o día 25 na romaría de San Paio.

Algúns dende a mañá xa soben andando, outros aí pola mediodía soben nas súas barcas pequenas cargadiños de comida para xantar nas ribeiras arredor do campo dos caneiros e outros en grupos máis numerosos en grades barcazas levan gaiteiros e van xantando río arriba. A corporación municipal tamén leva aos seus gaiteiros e moitos outros van cantando: "Se o río dos Caneiros levara coñac, máis de catros borrachos tirábanse alá"

Dende hai seis anos, a asociación “O Xanocas” preocupados pola situación do río Mandeo e o seu entorno propuxo unha xira cos amigos gaiteiros de todo o país para apoiar o seu labor de denuncia e ao tempo ter unha festa amable entre amigos. A partires das 13h reúnense os participantes no entorno do peirao da Ponte Vella para embarcar no Peirao da Monxas arredor das 14:30h e remontar o río tocando e xantando. Máis tarde atrácase no Peirao do Campo para facer foliada e tomar café e queimada.

Para anotarse á Romaría, cun custe aproximado de 15 euros polo xantar e o barco, compre facelo antes do día 17 de Xullo no seguinte enderezo electronico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 607 844 813.

Resultado do Concurso IX Memorial Ricardo Portela

Concursos e Certames / 14.07.08

O sábado 12 de Xullo celebrouse unha nova edición do Memorial Ricardo Portela organizado polo Concello de Pontevedra e a Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración da Fundación Caixa Galicia. Unha vez rematada a participación dos grupos finalistas (Erixúa, Retrouso, Os Folerpas, Laghareu, Rédea Solta, Picuiña), o xurado tomou a seguinte decisión:

1º Premio de 1.500 €: Os Folerpas
2º Premio de 900 €: Laghareu
3º Premio de 600 €: Picuíña e Rédea Solta (compartido)

Premio especial Ricardo Portela para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de Don Ricardo (600€): Laghareu
Premio especial Seivane-goretex para a mellor interpretación dunha peza en toque pechado (Gaita de Seivane): Os Folerpas

Delegación Galega no 38º Festival Interceltique de Lorient

Varios / 10.07.08

Presentámosvos a delegación que vai representar a Galicia no 38º Festival Interceltique de Lorient, do 1 ata o 10 de agosto, adicado ao País de Gales:

-Banda de Gaitas Xarabal
-Grupo de Danzas Cántigas e Agarimos
-Leilía
-Mutenrohi
-Quempallou
-Linho do Cuco, no TROPHEE DE MUSIQUE CELTIQUE "« CIDRERIE DU TERROIR"
-Carlos Quintá»(sen reborar), no TROPHEE INTERCELTIQUE D'ACCORDEON DIATONIQUE

Os Gaiteiros:
Alberto Coya, PabloDalama, Pablo Devigo e Pedro Alvarez, no TROPHEE SOLISTES DE GAITA "Mc CRIMMON"

Artesans:
-Obradoiro de Gaitas Seivane
-J.J.Presedo: Controlador MIDI con dixitación de Gaita

Turismo:
-Pabellón de TURGALICIA e restauración

Podedes ver o Programa completo do FIL en: www.festival-interceltique-2008.com/

Foliada nas Rías Baixas

Discografía / 09.07.08

Edicións do Cumio publica un dobre CD no que diversos artistas da música tradicional renden homenaxe ao desaparecido gaiteiro Ricardo Portela, un dos máis importantes transmisores da tradición do toque pechado, arte de tocar característica das Rías Baixas. No volume participan máis de trinta nomes representativos do mundo da gaita entre os que se atopan xentes como Iván Costa, Anxo Pintos, Antón Corral, Pepe Ferreirós, Ricardo Santos, Oscar Ibáñez, Juanjo Fernández ou Patrick Molard entre outros, que rescatan pezas tomadas do repertorio de Portela.


A edición complétase coa inclusión de fragmentos de entrevistas realizadas aos amigos e compañeiros do gaiteiro de Viascón, así como un libriño onde os participantes nesta homenaxe achegan textos a través dos que coñecer mellor a este mestre que tan fonda pegada tivo en novas xeracións de gaiteiros, quenes o recordan pola súa calidade humana e o seu compromiso coa música tradicional.


Este disco é froito da colaboración entre a Asociación Toque Pechado de Pontevedra e Edicións do Cumio.

III Obradoiro de Música e Baile Tradicional

Cursos / 07.07.08

A Asociación Cultural Follas Novas de Ames, en colaboración co Concello de Ames e a Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o III Obradoiro de Música e Baile Tradicional. Esta actividade levarase a cabo os días 15 e 16 de Xullo no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a soamente 10 Km de santiago de Compostela.

Para asistir ao obradoiro é precisa unha inscrición previa que ten un prezo de 15 euros. Para os menores de 14 anos, socios e socias da A.C. Follas Novas e Asociación de Gaiteiros Galegos o prezo é de 10 euros.

Podedes ver o programa completo de actividades no seguinte enlace:


Programa

VII Festival Retrouso

Varios / 04.07.08

O sábado 12 de xullo celebrarase no eirado de Cela, en Bueu o VII Festival Retrouso. Haberá actividades todo o día:

11.30 h: Obradoiro de instrumentos de cana: ou de cómo crear un instrumento que soe nunha hora.
12 h: Concurso de Tortillas: demostra que realmente a túa é a mellor tortilla do mundo.
14 h: Haberá mesas, carpa e boa música para comer no eirado.
16 h: Torneo de cartas: atréveste coa Manilla ou prefires tentalo na Escoba?
18 h: Concerto das Escolas Retrouso: acordeonistas, gaiteiros, percusionistas, pandereteiras, bailadores... demostrarán o que traballaron durante o curso.
20.30 h: Empeza os grupos de baile: Abrente do Foxo, na Estrada; Xarandeira de Pontecesures e o grupo anfitrión Retrouso, de Bueu.

Porá o apuntamento musical o quinteto O Tamboril Furado, un grupo folk de Soutomaior con máis de dez anos de experiencia; un movemento musical que combina pezas tradicionais e da súa autoría nun ambiente ben festeiro, como a ocasión o merece.

Todas as actividades serán de balde.

Páxina 374 de 438