Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas

Novas

Oferta de emprego AGG: Posto de mestr@ de baile, canto e percusión tradicional para nen@s na Tradescola (curso 2017/2018)

Varios / 07.02.18

tradescolaA AGG convoca unha praza de mestre ou mestra de baile, canto e percusión tradicional para nenas e nenos na TRADESCOLA, (LUGO) para o que resta do curso 2017/2018 ( inicio do contrato 16 de febreiro). @s candidat@s deberán enviar o seu currículo e disponibilidade á AGG (ata o día 13 de febreiro de 2018) a través de correo electrónico a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Unha vez valorados os currículos recibidos, a xunta directiva, será a responsable do proceso de selección. A selección definitiva terá como prazo máximo de resolución o día 15 de febreiro.

Foliada de Inverno en Begonte

Varios / 06.02.18

foliada inverno_web --A Señora Pandeiro e o Señor Pandeira, están de volta para inaugurar o ano foliadeiro en Begonte (Lugo) cunha nova Foliada de Inverno 2018. Despois do interesante obradoiro de percusión do sur de Italia e concerto dos Brigan, daremos paso á Foliada cos seguintes grupos, Foliadeir@s do Castro como grupo residente, Xaquelogo desde Monterroso e pecharán, desde Palas de Rei, a rapazada dos Fedellos da Ulloa, que tan ben o fixeron na foliada aberta do pasado outono. A foliada comezará sobre as dez da noite.

Como sempre, agradecemos á Asociación Veciñal do Castro que nos deixen o seu local para facer a festa. Agradecemos profundamente a disposición de todos os grupos que veñen a agasallar a súa música e facer unha grande festa galega. Ao rematar os grupos, foliada aberta.

Lembramos que aínda se pode apuntar xente ao obradoiro de percusión, ben a través deste correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; ou chamando ao 616705174.

Queres escoitar a Rumboia?

Varios / 02.02.18

rumboia - copiaA Rumboia espállase e ademais de en OpenRadio.es, en breve poderemos sintonizala por todo o pais!!!

A "Rumboia" xa está en Radio Negreira  (107.0 FM) e emitirase todos os mércores dentro do programa "O faladoiro" a partir das 13:00!!

Estamos en contacto con novas radios, e xa podemos confirmar que en breve emitirase tamén en Radio Fene, Radio Fusión, Radio Foz e Radio Arzúa!!!

Manterémosvos informados!!!


O sábado, no programa a Rumboia en Openradio escoitaremos a Os Carunchos

Varios / 02.02.18

rumboia - copiaNo vindeio programa da Rumboia, en openradio.es falaremos dos Carunchos. Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

Os Carunchos - Montealegre: Ao final de 1994 nacen na bisbarra de Vigo Os Carunchos, coa idea de misturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, e co obxectivo de integrar na súa música outros instrumentos cada vez máis presentes na música galega, coma a zanfona, que xa dende o comezo acompañou a súa música. Non sería ate o ano 1998 que graven o seu primeiro disco, ¡Ala, que vai!. Nesta Rumboia adiacada aos Carunchos escoitaremos temas do seu traballo Montealegre (2005) no que aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra.

FOLIÓN NA TRADESCOLA

Varios / 29.01.18

folion entroido- 2 - pqO vindeiro martes día 6 de febreiro  a TRADESCOLA fará un Entroido Tradicional cun Folión que partirá dos nosos locais ás 17:00 h. e onde todos os alumnos e alumnas que queiran participar poderán facelo marcando os ritmos do Folión. Faremos paradas para facer danzas de entroido na Praza da Horta do Seminario (17:30h.) e logo no fondo da Praza Maior (18:00h.) e posteriormente voltaremos á Tradescola.

Con esta saída polo centro da cidade pretendemos que todo o público poda participar de maneira activa acompañando os toques do folión e facendo posible que unha das tradicións máis fermosas do tempo de Entroido, e que é unha parte moi importante do noso patrimonio cultural, permaneza viva ao longo do tempo.

Quen queira participar no Folión pode traer bombos ou “ferramenta” (sachos, cunchas, latas, cornos, chocas, axouxeres… o que faga ruido) e se quere practicar os toques antes do día do folión, mañá martes día 30 de xaneiro de 18.00 a 18.30 horas faremos un pequeño ensaio no salón de actos da Tradescola.

Animádevos todas e todos e traede moita gana de troula que está a piques de chegar o ENTROIDO!!

O sábado, no programa a Rumboia en Openradio escoitaremos a Leilía

Varios / 26.01.18

rumboia - copiaNo vindeio programa da Rumboia, en openradio.es falaremos de LEILÍA. Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

O disco, Leilía, (Discmedi, 1994), foi a presentación deste grupo de cantareiras capaces de colocar a voz feminina no panórama emerxente da música galega nos anos 90.. Os seus seguintes traballos: I é verdade i é mentira, (Virgin, 1998) e Madama, (Discmedi, 2003), onde incorporan ademais letras de temática actual. No ano 2005, coincidindo co seu 15º aniversario, publican o recompilatorio Son de Leilía, (Leilear, 2005). Ás portas do 2012 sae á luz Consentimento, cos arranxos musicais feitos por Xoan Porto. Cómpre salientar tamén as numerosas colaboracións que Leilía teñen feito con grupos folk galegos: Berrogüetto, Milladoiro ou Budiño e estranxeiros: Kepa Junkera, La Musgaña, etc

XXXVI Curso de Cultura Tradicional organizado pola Asociación ‘Cántigas e Frores’ en Lugo

Varios / 26.01.18

curso cantigas e froresABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA para o XXXVI Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ‘Cántigas e Frores’. Este celebrarase os días 29, 30 e 31 de marzo en Lugo. Este ano contaremos con Marcos Botana para a especialidade de baile tradicional, Marcos ‘Kinhos’ Saburido para percusión tradicional, Pedro Fariñas para gaita galega e María Vidal para canto tradicional.

O prezo da matrícula é de 35€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 45€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com e aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.

Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507.

Gala Homenaxe ao Mestre Antón Corral

Varios / 26.01.18

homenaxe antn corralO Teatro Municipal de Tui acolle hoxe venres, 26 de xaneiro, ás 20.30h, a Gala Homenaxe ao Mestre Antón Corral. A entrada será de balde, debendo retirarse un máximo de dúas entradas por persoa dende ás 20h. 

Participarán Carlos Núñez, Anxo Lorenzo, Anxo Pintos, Xarabal de Vigo, Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Santa Columba de Ribadelouro.

Parabéns MESTRE!!!!

Xornada de Baile Ancarés en Piornedo

Varios / 26.01.18

obradoiro baile piornedoO vindeiro Domingo non vos perdades a xornada de baile ancarés que terá lugar en Piornedo.

Programa:

10.00 a 13.00 horas: Ruta (Opcional)

17.00 a 19.00 horas: Obradoiro de Baile impartido por Xabier Iglesias

(5€)

Contactos: 630411518-659523911

No vindeiro Recuncho Da Palleta falaremos dalgúns dos entroidos menos "populares", como o de Vilariño de Conso ou o Entroido Ribeirao.

Varios / 26.01.18

lumepalleiraEste Domingo no Recuncho Da Palleta, dentro do programa Lume na Palleira, Gustavo Couto falaranos dalgúns dos entroidos menos "populares", como o de Vilariño de Conso ou o Entroido Ribeirao.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Páxina 2 de 388