Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Deput. Pontevedra

Deput. Pontevedra

Impreso para a recollida de sinaturas.

24.04.05

   

Nota de Prensa Convenio Exma. Deputación de Pontevedra

23.04.05

O convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra é un cúmulo de defectos de forma e o seu fondo condena á música tradicional galega. A Asociación beneficiaria non ten adaptados os seus estatutos á normativa actual polo que non pode percibir subvención oficial algunha. Por outra banda, o seu orzamento máximo anual está limitado, por eses mesmos estatutos do ano 1996, a tres millóns de pesetas así que os 90.000 euros excédeno con moito.

Se desexas sumarte ao colectivo de grupos e persoas que asinan o comunicado, por favor, envia un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
   

A AGG non ten nada que ver coas "esquelas"

20.04.05

Compañeiros,

DESMENTIDO:

Nos últimos dias están-se a repartir unhas esquelas onde, a raiz do problema xurdido pola concesión por parte da Deputación de Pontevedra dun convénio á Asociación Banda de Gaitas Província de Pontevedra, indica-se que a gaita galega morre.

Sinalar que a AGG non ten nada que ver con esta iniciativa e que, por suposto, a gaita e o folclore galego está moi vivo e seguirá vivo por moitos mais anos.
   

Banda de Gaitas Província de Pontevedra

14.04.05




A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DILAPIDA

90.000 EUROS NUN CONVENIO COA

ASOCIACIÓN BANDA DE GAITAS

PROVINCIA DE PONTEVEDRA



   

Páxina 4 de 4