Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Deput. Pontevedra

Deput. Pontevedra

Segunda reunión con José Juan Durán Hermida

27.05.05

O pasado xoves 26 de maio de 2005 tivo lugar unha segunda reunión co Deputado Delegado de Cultura, D. José Juan Durán Hermida, e a Asociación de Gaiteiros Galegos.

Durante a mesma a AGG insistiu na paralización do convénio asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Gallega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra, aportando as mais de 11.000 sinaturas recollidas que avalan a nosa proposta.


Mais información

   

Proposta desde a AGG á Deputación de Pontevedra

23.05.05

O luns 16 de maio solicitou-se entrevista co Presidente da Deputación de Pontevedra co obxecto de continuar as conversas sobre o convénio asinado entre a Deputación e a Asociación de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra. A dia de hoxe non temos resposta do organismo público.


Mais información

   

Comunicación aberta a tódolos Profesionais Galegos do Ensino.

16.05.05

Resposta da AGG á Nota aclaratoria do Sr. Cabezas aos Centros de Ensino de Pontevedra.

Como resposta á nota aclaratoria que se reproduce ao final, e que O señor Hipólito Cabezas remitiu aos centros de ensino de Pontevedra nos que impartiu ultimamente charlas para a captación de alumnos para as escolas de gaita da Excma. Deputación de Pontevedra, a AGG ven de enviar aos mesmos centros o comunicado que segue e que quere facer extensivo por medio deste portal, a tódolos profesionais do ensino galego para que enfoquen este complicado problema e axunden a resolvelo na súas propias aulas


Mais información

   

CONCENTRACION NO MORRAZO.

11.05.05

O colectivo de asociacións e músicos tradicionais do Morrazo, ven de convocar unha concentración frente á Casa do Concello de Cangas o vindeiro sábado 14 de maio ás 11:30 co lema "Escolas si, pero tradicionais"


Mais información

   

Postura do CMTF na implantación da Banda de Gaitas da Deputación no Deza

09.05.05

O claustro da As. do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín reunido co fin de avaliar o subsidio concedido pola Deputación Provincial de Pontevedra á Asociación de Bandas de Gaitas manifesta:

1.- Que a nosa postura contraria a dito subsidio, non pon en dúbida a profesionalidade das persoas perceptoras das mesmas.

2.- Que no concello de Lalín hai unha ampla oferta educativa en materia musical con a Escola da Banda, o Conservatorio Oficial, o Conservatorio Folque e a Escola Folque Infantil (proxeto novo en Galiza e unha aposta firme polo ensino da música popular) sostida integramente polos pais-mais do alumnado.


Mais información

   

A AGG solicita a paralización inmediata do convénio

03.05.05

Nos últimos tempos levamos solicitando a paralización do convénio por distintos meios, incluindo a comunicación directa e persoal.

Con data luns 2 de maio de 2005 foi apresentado no Rexistro da Deputación Provincial de Pontevedra o seguinte escrito solicitando a paralización inmediata do convenio asinado entre a Deputación e a Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra.


Mais información

   

Folclore Inducido: Magnífico artigo polo Doutor Francisco Calo Lourido

02.05.05

Diario de Pontevedra, venres, 29 de abril de 2005 Pg. 38: Opinión & análisis.

Tribuna abierta.

Guerra das gaitas| A subvención da Deputación á Banda de Gaitas de Pontevedra para a posta en marcha de cinco escolas na provincia fixo prender a polémica. Según os expertos, o colectivo introduce instrumentos non autóctonos. ¿Está fomentando a Deputación unha cutura inducida? A xuízo de Francisco Calo, si.

Folclore Inducido
Carta aberta á delegada provincial de cultura.
Francisco Calo Lourido
Doutor e catedrático de Xeografía e Historia.


Mais información

   

A AGG DESMINTE CALQUER TIPO DE PACTO COA DEP. DE PONTEVEDRA

30.04.05

Despois de ler certas novas aparecidas na prensa, a AGG emite o seguinte comunicado que ven de ser remitido a todos os xornais.

A ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS DESMINTE CALQUER TIPO DE PACTO OU PRINCIPIO DE ACORDO COA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O pasado xoves 28 de abril de 2005 tivo lugar unha primeira reunión, na Deputación de Pontevedra, á que asistiron, por unha banda, o Deputado José Juan Durán Hermida (Vice–Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Presidente da Comisión Informativa de Cultura), o Xefe de Servizo da Área de Cultura, e pola outra, Santiago Caneiro, Iván Area e José Presedo.


Mais información

   

Reunión con José Juan Durán

29.04.05

O xoves dia 28 de abril de 2005 tivo lugar a primeira reunión co sr. José Juan Durán Hermida (Vice-Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Presidente da Comisión Informativa de Cultura).

Á reunión asistiron, ademais do antedito Deputado, o Xefe de Servizo da Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, e, pola outra banda, Santiago Caneiro, Iván Area e José Presedo.


Mais información

   

Toda a información relativa á Deputación de Pontevedra

26.04.05





A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DILAPIDA

90.000 EUROS NUN CONVÉNIO COA

ASOCIACIÓN BANDA DE GAITAS

PROVÍNCIA DE PONTEVEDRA


Compañeiro,

Nesta nova terás acceso a toda a información relativa ao tema da Deputación de Pontevedra



   

Páxina 3 de 4