Concursos e Certames
Revelando Voces
15.03.10
Xa están publicadas as bases do concurso Revelado Voces 2010 que organiza a Concellería de Cultura de Santiago de Compostela. O ciclo naceu co obxectivo de "proporcionar un espazo aos novos cantautores para achegalos ao público e dalos a coñecer".
O lugar elexido para esta particular posta de longo dá música urbana galega son os centros socioculturais de Compostela, convertidos nun punto de reunión para todos aqueles que buscan coñecer que se está a facer na nova escena musical do noso país e cales son as apostas de futuro ás que haberá que prestar atención nos vindeiros meses".
Bases Revelando Voces 2010
XIX Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" 2009
09.03.10
A posta en escena do Concurso de Composición do Constantino Bellón do ano 2009 está programada para o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre coa participación dos tres finalistas e a Orquestra do Conservatorio Superior da Coruña.O PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista 2009 JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura "LUGRÍS" para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.
E os accésits desta pasada edición:
• JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra "TUMBALEIRA" para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.
• PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra "JOTA" para Gaita, Orquestra de corda e Piano.
Así mesmo faráse a PRESENTACIÓN do dobre CD correspondente a edición do 2008 do devandito Concurso de Gaita Galega
A entrada é de balde. Hai que recollelas na taquilla do Teatro.
X Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda)
09.03.10
A Asociación de baile xuvenil Fortín da Pomba ven de convocar a décima edición do concurso de baile tradicional Azaloira que terá lugar no auditorio Manuel do Pazo o día 25 de abril.BASES DO X CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA
1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.
2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.
3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.
4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción ou por correo) e orde de inscripción.
5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.
6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.
7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta que terá voz pero non voto.
8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ó ano seguinte de exhibición.
PREGAMOS QUE VOS ANOTEDES O ANTES POSIBLE.
PREMIOS
BAILE:
1º PREMIO: 1500 € e trofeo
2º PREMIO: 800 € e trofeo
3º PREMIO: 500 € e trofeo
Premio ó millor vestiario: 100 euros.
Premio ó millor acompañamento: 100 euros.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: AUDITORIO MANUEL DOPAZO, DE BANDEIRA.
TELÉFONOS DE CONTACTO:
Presidenta: Josefa, 667-49-26-72
FAX: 986-58-55-50
Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O DÍA 4 DE ABRIL.
www.fortindapomba.org
Concurso composición XIX Constantino Bellón (2009)
25.02.10
Concurso composición do XIX Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" 2009.A celebrar o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre de Ferrol
A posta en escena do Concurso de Composición do Constantino Bellón do ano 2009 está programada para o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre coa participación dos tres finalistas e a Orquestra do Conservatorio Superior da Coruña.
O PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista 2009 JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura "LUGRÍS" para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.
E os accésits desta pasada edición:
JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra "TUMBALEIRA" para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.
PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra "JOTA" para Gaita, Orquestra de corda e Piano.
* Así mesmo faráse a PRESENTACIÓN do dobre CD correspondente a edición do 2008 do devandito Concurso de Gaita Galega
II Concurso de cantos de Taberna
24.02.10
A Asociación Cultural e Musical O Castelo organiza dentro da programación da VI FOLIADA DE MELIDE o “II Concurso de cantos de taberna” que se celebrará en Melide o sábado 24 de abril entre as 12:00h e as 15:00hBASES
1. Participarán un máximo de 12 grupos que serán incluidos por orde de inscrición
2. Os grupos participantes estarán compostos por un máximo de dez compoñentes
3. A inscrición é gratuita e poderase realizar mediante o e-mail da organización: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou ben chamando o tlf: 699 173 568
4. O repertorio será preferiblemente tradicional
5. Cada grupo percorrerá un itinerario diferente e irá acompañado por un membro da organización
6. En cada taberna cantarase un só tema, podendo utilizar o mesmo tema en todas as tabernas
7. Da puntuación encargarase o taberneir@ correspondente
8. A puntuación establecerase entre 1 e 10 puntos en cada taberna. O grupo que ao final do percorrido consega máis puntos será o gañador do concurso
9. Establécense tres premios:
1º premio: cea nun reastaurante da vila
2º premio: cesta de productos típicos
3º premio: cesta de productos típicos
10. A resolución do concurso e a entrega de premios realizarase o mesmo día do concurso coa actuación dos grupos gañadores
Selección de voces para gravar poemas de Novoneyra
11.02.10
A Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG) está a preparar un vídeo sobre Uxío Novoneyra que estará dispoñíbel a comezos de abril. No vídeo incorpóranse algúns poemas do libro Os Eidos. A gravación dos textos terá lugar en marzo. Queren abrir a posibilidade de participar neste documental a todos as persoas que o desexen. Por iso a as-pg convoca un concurso para a selección das voces (unha voz masculina e unha voz feminina) que recitarán os textos de Novoneyra segundo as seguintes bases:- As e os participantes gravarán en formato mp3 dous poemas do libro Os Eidos e enviaranos á as-pg a través do formulario que se encontra no enderezo web seguinte, cubrindo todos os datos que se solicitan: http://www.as-pg.com/Podcast/ShowRecommendationForm.do
- Os envíos haberán de se facer antes do día 22 de febreiro de 2010, ao enderezo citado anteriormente.
- A AS-PG nomeará unha comisión de selección e esta proporá unha voz masculina e outra feminina atendendo aos criterios de dicción, interpretación, ritmo e calquera outro criterio a ter en conta nestes casos.
- As persoas seleccionadas participarán na gravación do DVD, aboándolles a as-pg as cantidades que de común acordo se establezan.
- Se a comisión de selección considera que ningunha das gravacións recibidas reúne os requisitos esixidos, a as-pg acudirá a profesionais para levar a cabo este traballo. Neste suposto, as gravacións recibidas poderían incluírse no DVD nun apartado de “Extras”.
VI Certame Galego de Cantares de Rei
10.12.09
O Concello de Boimorto promove por sexto ano consecutivo o certame Cantares de Reis o día 3 de Xaneiro de 2010.
Participantes: Cuadrillas (ata un máximo de 20 participantes) que se inscriban no Concello antes do 24 de Decembro de 2009.
Desenvolvemento: Comezará ás 16:30h e cada cuadrilla participante deberá interpretar un Cantar de Reis cunha duración que non sobrepase os 5 minutos.
Premios:
Primeiro premio: 1.000 €
Segundo premio: 500 €
Dous terceiros premios: 300 € cada un
Cuarto premio: 200 €
Quinto premio: 100 €
Máis Información: http://concellodeboimorto.es/concello/Concello_info/downloads/bases/bases_6_certame.pdf
X Certame Folk Radio Obradoiro
23.11.09
O Grupo Correo Gallego, a través da emisora Radio Obradoiro, e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, convocan a décima edición do Certame de Música Folk Radio Obradoiro en Santiago de Compostela.Para consultar as bases prema sobre o título desta nova.
O ourensán Pablo Devigo volve facerse co "Constantino Bellón" de gaita
10.11.09
A actuación dos dez finalistas tivo lugar onte á noite no teatro Jofre.Lonxe das súas datas orixinais -acostumaba a organizarse a finais de agosto, coincidindo coas festas de verán da cidade- o Ateneo e o Concello de Ferrol celebraron onte a XI edición do concurso de gaita solista Constantino Bellón, que este ano non contou coa esperada e ata o de agora fiel colaboura da Xunta de Galicia.
Dez músicos competiron onte á noite na final no teatro Jofre, e o xurado -que presidía Víctor Fernández Gabeiras- acordou conceder o premio, dotado con tres mil euros a o ourensán de Castro Caldelas Pablo Devigo, que na edición anterior gañara este mesmo galardón e o de composición. Os dous accésits de interpretación, cada un premiado con mil euros, foron para Pedro Álvarez Fariñas, de Nigrán, e Gonzalo Manuel Abelairas Lemos, de Ourense.
Xunto a eles chegaron á derradeira fase do certame Eric Alexander Corrante, de Valencia (Venezuela); Ricardo Mouriño Freire, de Ferrol; Santiago Agustín Molina, de Arxentina; Isidro Vidal Gallardo, de O Carballiño; Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez, de Buenos Aires; Daniel Lumbreras Rodríguez, de Donostia e Bruno Villamor Gay, de Lugo e Pablo Devigo Vázquez.
Na velada no Jofre entregouse tamén a Gaita de Ouro, que nesta edición premiou a Miguel Doval González, polo seu labor de difusión e defensa da música tradicional galega. O galardoado quixo agradecer a Airiños de Fene, que dirixe, o labor que desempeña e adicou o premio a súa muller e á súa filla.
Pola súa banda, Jesús Rodil Rodríguez, foi o gañador do premio de composición para gaita galega solista, coa súa partitura “Lugrís”, escrita para gaita solista, orquestra de corda, percusión e piano. Recolleu o galardón a súa moza, que agradeceu ao xurado a súa decisión. Os accésits neste apartado corresponderon a Javier María López Rodríguez, por “Tumbaleira”, para gaita, orquestra de corda e piano, e ao gran triunfador da noite, Pablo Devigo Vázquez, por “Jota”, tamén para gaita, orquestra de corda e piano.
Os finalistas do Constantino Bellón recibiron tamén unha figura de Sargadelos, un diploma e a obra musical Gaifonia, de Bautista Bernat e Xoán Carlos Rilo, cortesía do Concello das Pontes nesta edición.
Fonte: Malmequer
Resultados do III Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo
19.10.09
O pasado domingo 18 de Outubro levouse a cabo en Luou (Teo) a terceira edición do concurso de música tradicional que rematou co seguinte resultado:1º Premio dotado de 1000 € e agasallo conmemorativo : Painho do Mal Tempo (Pontevedra)
2º Premio dotado de 600 € e agasallo conmemorativo : Os Fonte Suairas (A Coruña)
3º Premio dotado de 400 € e agasallo conmemorativo : Senlleiro Soar (Ponteareas)
Os grupos participantes na fase final, por orde de actuación, foron os que seguen:
1º O Facho de Maeda (Ortigueira)
2º Picuíña (Marín)
3º A.C. Donaire (A Coruña)
4º Painho do Mal Tempo (Pontevedra)
5º Os Fonte Suairas (A Coruña)
6º Senlleiro Soar (Ponteareas)
7º Árdelle o queixo (A Coruña)
8º Alén do Són (Ortigueira)
Páxina 8 de 20