Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames

Concursos e Certames

Concurso Novo Son

10.01.11

A Radio Galega convoca o I Certame de Músicas Emerxentes, ao que poden concursar todos aqueles grupos ou solistas que envien un tema en galego antes do 31 de marzo. As bases do concurso as podes ler aquí ou na páxina da CRTVG. O premio é a difusión da obra e a gravación dunha maqueta no estudio da RG

 (Prema no título para ver a nova ao completo)

   

VII Certame de cantares de Reis no Concello de Boimorto

18.11.10

Dándose conta de que a tradición dos cantares de Reis permanece aínda viva nesta comarca e en moitas outras de Galicia, coa intención de conservala e darlle pulo e relevancia, este Concello convoca para o día 2 de xaneiro de 2010 o VII Certame de Cantares de Reis.

Inscripción ata o 24 de Decembro

Para máis información prema aquí

   

IX Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía 2010

10.05.10

BASES IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL DE VILAGARCÍA 2010

- Poderán participar todos os grupos de baile galego ata un máximo de 8 e que cumpran os seguintes requisitos:

- Serán grupos mixtos, formados polo menos por cinco parellas (sempre e cando as características do baile non requiran outro tipo de formación).
- Cada asociación só poderá participar cun grupo.
- Os/as bailadores/as unicamente poderán concursar nun só grupo.
- Deberán posuír grupo de acompañamento propio.
- Irán ataviados con traxe tradicional (tanto o grupo de baile como o de acompañamento).

O concurso celebrarase o DOMINGO 23 DE MAIO ÁS 19:30 H. NO AUDITORIO.

PREMIOS:

Primeiro 900 € e trofeo
Segundo 450 € e diploma
Terceiro 300 diploma
Premio do Público

- A orde de intervención dos grupos determinarase mediante sorteo (uns días antes)
- Cada grupo disporá dunha única intervención cunha duración máxima de 6 minutos.
- O premio do público decidirase entre o público presente mediante unha votación e posterior reconto.
- O xurado estará composto por persoas expertas na materia e a súa decisión será inapelable.
- Valorarase a autenticidade, calidade dos bailadores, dificultade, vestiario, posta en escena, e calidade do grupo de acompañamento.
- Estas bases están suxeitas a calquera modificación previo aviso ós grupos participantes.
- A organización declina calquera responsabilidade sobre posibles accidentes ou danos durante a participación no concurso.
- A valoración do cumprimento destas bases recae na organización.

O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS actuará a modo de exhibición.

FOLLA DE INSCRIPCIÓN
Mandar por mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo OU Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
(se non se recibe un e-mail ou chamada de teléfono da organización é que non se recibirón bases) INSCRICIÓN: ANTES DO 25 DE ABRIL

PARA CALQUERA DÚBIDA PODEN CHAMAR Ó TELÉFONO: 607 606 312 JOSÉ EIRAS

NOME DO GRUPO ________________________________________________________________________
ENDEREZO DO GRUPO E CORREO ELECTRÓNICO: ________________________________________________________________________

NOME E TELÉFONO DA PERSOA DE CONTACTO: ________________________________________________________________________
PEZA A INTERPRETAR E CARACTERÍSTICAS DO BAILE: ________________________________________________________________________

PARTICIPANTES BAILARÍNS___ PANDEIRET.___ GAITEIROS___ TOTAL___
   

XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

29.04.10

Poñémonos en contacto con vos para convocar o XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina.

Este ano terá lugar o domingo 6 de Xuño, adiantamos a data e a diferencia doutros anos, este ano celebrarémolo pola tarde. Será no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

No caso de dúbidas, as resolveremos por e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou por vía telefónica 981 277 315.

BASES DO XXXI CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL

Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
6 de xuño 2010

1. Neste concurso poden participar grupos de asociacións folclóricas, recreativas, culturais, de veciños, centros parroquiais, etc.

2. Os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).

3. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

4. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o
límite da categoría en máis de dous anos.

A: ata os 8 anos inclusive.
B: de 9 a 12 anos inclusive.
C: de 13 a 16 anos inclusive.
D: de 17 anos en adiante.

5. Cada grupo terá que levar o seu acompañamento musical: gaiteiros, pandeireteiras... que deberá
estar presente no escenario, vestindo o traxe tradicional.

6. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda ese tempo quedará descualificado.

7. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E., pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente. De darse o caso que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización.

8. En cada unha das categorías serán concedidos os seguintes premios:
1º premio: trofeo e 350 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo.

9. O xurado estará composto por persoas alleas a A. C. Xacarandaina. O xurado terá a liberdade de
esixir o D.N.I. ou libro de familia, así como establecer premios desertos se así o considera
oportuno.

10. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza.
- Dificultade técnica.
- Calidade na execución.

11. O concurso terá lugar o domingo 6 de xuño POLA TARDE, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ,sito na rúa Rego de Auga. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.

12. A participación neste concurso implica a aceptación das bases xa expostas.

13. O prazo de inscrición remata o día 22 de maio, debendo enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición por:
- CORREO ORDINARIO AO LOCAL SOCIAL:
A. C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
- EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS.

NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.
A A. C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
   

XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

20.04.10



A Asociación Cultural Xacarandaina ven de convocar o XXI Concurso de Música Tradicional. Este ano terá lugar o día 23 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en sesión de mañá e tarde. Como todos os anos existirán dúas modalidades: pandereteiras e cuartetos de gaita.

Para consultar as bases.

O prazo de inscrición remata o 8 de maio, se queres descargar a folla de inscrición, preme aquí.

Pódese enviar por correo electrónico á dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

   

V CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS MANUEL DOPAZO.

16.04.10

TERÁ LUGAR O DIA 23 DE MAIO DE 2010 ÁS 17:30 DA TARDE NO AUDITORIO MANUEL DOPAZO DE BANDEIRA.

1º PREMIO: 1500 EUROS (CONCELLO DE SILLEDA)
2º PREMIO: 700 EUROS
3º PREMIO: 500 EUROS (FRIGORIFICOS BANDEIRA S.L.)

AS BASES PODERAN SER SOLICITADAS NA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE DE BANDEIRA
R/ VISTA ALEGRE Nº16
36570. BANDEIRA - PONTEVEDRA
TLF: 986 585550
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

TODOLOS PARTICIPANTES RECIBIRÁN UN DIPLOMA ACREDITATIVO DA SÚA PARTICIPACION.

ORGANIZA: ASOCIACION CULTURAL VISTA ALEGRE
COLABORAN: CONCELLO DE SILLEDA E CAIXANOVA
   

XI Concurso de Música Tradicional Xiradela (Arteixo)

15.04.10


BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.

3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDERETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 18 de Abril de 2010 con horario de mañá e tarde, (aínda por determinar) para os Grupos de Pandereteiras, no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.


Este ano por motivos económicos non se poderá realizar o concurso de cuartetos de gaita nin de gaiteiros solistas.A.X. Xiradela pide desculpas a todos aqueles que quixesen participar.

http://www.blogoteca.com/malmequer/
   

VI Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere

15.04.10







Co fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións , convócaso o VI concurso de Baile Tradicional organizado polo grupo municipal Tequexetéldere da Estrada.

Nel poderán participado grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciñas, etc.

Para consultar as bases, prema aquí.








   

Azaloira reunirá a oito grupos de baile tradicional

15.04.10

O concurso de baile tradicional galego Azaloira da Bandeira chegará o domingo 25 de abril á súa décima edición e Fortín da Pomba, que o organiza, decidiu celebralo incrementando o número de grupos participantes.

En lugar dos cinco ou seis de pasadas edicións, esta vez, serán oito os que pugnen polos 3.000 euros en premios:

- Os Muiños de Oliveira (Ponteareas),
- Os Xeitosos de Trazo (Trazo),
- Malveiras (Vilagarcía),
- Colexiata do Sar (Santiago),
- A Ponte Vella (Reis),
- Xilbarbeira (Boiro),
- Donaire (A Coruña)
- Traspés (Vigo).

O programa do Azaloira completarase coas actuacións de todas as categorías do grupo anfitrión, Fortín da Pomba, que estreará vestiario, e coa Banda de Gaitas do Concello de Forcarei.

O concurso de baile, que comezará ás 18.00 horas no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, foi presentado onte por membros de Fortín da Pomba, encabezados pola súa presidenta Josefa Ferreiro, e polas concelleiras Eva Lojo e Concha Vázquez. Ferreiro destacou que esta edición «é importantísima, supón a maioría de idade. Cando empezamos non 2001 nunca pensei que chegariamos tan lonxe e agora cada ano vai a máis», asegurou.
Engadiu que no cartel, hai catro grupos que participan por primeira vez e non faltará Donaire, presente en todas as edicións.

Ferreiro e o profesor de Fortín, Simón Muñiz, destacaron a dificultade de manter un certame de grupos mixtos.
O gañador recibirá 1.500 euros; o segundo, 800 euros; e o terceiro, 500 euros. Ademais, haberá premios de 100 euros para o mellor vestiario e acompañamento.

A edil de Cultura, Eva Lojo, agradeceu o esforzo de Fortín ao organizar esta actividade e mostrou o compromiso do Concello de colaborar. «É un cartel moi interesante e animo á xente a que veña», asegurou. A organización disporá, como en anos anteriores, de máis cadeiras no auditorio. Ferreiro agradeceu a colaboración do Concello, Deputación, Caixanova e de case unha vintena de establecementos comerciais co concurso.

La Voz de Galicia
   

Bases III CONCURSO MOXENAS 2.010

05.04.10

Bases III Concurso Moxenas 2010

25 de abril de 2010 ás 17:00 no auditorio do Centro Cultural de Valadares en Vigo.

MOXENAS MUSICAL GALEGO é un proxecto integrador das actividades de música e baile tradicional na federación de 35 asociacións veciñais de Vigo.

Moxenas parte da creación dunha estrutura musical superior dentro da Federación Veciñal de Vigo que recolle os mellores valores de cada asociación e modalidade (instrumento, canto e baile) e os incorporase a un proxecto musical integrador de todos eles.

O grupo leva o nome dun dos intérpretes e compositores de repertorio tradicional que tivo a bisbarra de Vigo e que creou tantos discípulos nas asociacións veciñais que hoxe continúan co seu legado: Nazario González, “Moxenas”.

Máis información:

http://moxenas.blogspot.com/2010/04/concurso-moxenas-2010.html
http://www.facebook.com/group.php?gid=113970419027#!/group.php?gid=113970419027&ref=ts
   

Páxina 7 de 20