Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Entrevistas

Entrevistas

Entrevista a Xabier Díaz

12.02.16

xabierdiazeasadufeirasdesalitre

Músicos ao Vivo entrevistou ao músico Xabier Díaz, co gallo da publicación do seu novo disco "The Tambourine Man", no que contou ca colaboración das Adufeiras de Salitre.

Fálanos da relevancia da percusión neste novo traballo.
A percusión é o eixo sobre o que bascula todo o traballo: adufes, pandeiras e pandeiretas son o leito sobre o que construimos as melodías vocais e instrumentais xunto coas armonías. Sería dificilísimo entender o traballo sen a importancia da mesma, así foi concebido dende a preprodución do propio disco. É de destacar que desta volta foron gravadas con moita proximidade para que precisamente tiveran unha pegada que aportara a solidez necesaria para ese cometido.

(Para ler a nova completa clic no título)

   

Entrevista a Davide Salvado

04.09.15

davide salvado“Lobos dignifica esas melodías arcaicas das que se pensa que só se poden tocar con pandeireta”

A el pegáballe máis unha fraga, un pazo ou mesmo un pub calquera do casco vello de Compostela, mais Davide e máis eu rematamos tomando un café e un zume de laranxa (porque el non toma lácteos) no Café Casino, ‘secuestrado’ no medio de todo o rebumbio mediático da presentación do seu disco, Lobos, que acaba de ver a luz.

Para quen non o coñeza, é un dos referentes da música tradicional galega, integrante da Banda das Crechas, foino tamén da de Budiño e representou a Galicia no Womex en 2014. Hai pouco que nos coñecemos, pero eu describiríao como unha persoa excéntrica, sen pelos na lingua, divertida, talentosa e de gran beleza (obviamente é guapo, ou que?).

Falamos de Lobos e de si mesmo, porque o ovo sen a galiña… como que non se entende.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

«A chama da regueifa non debe morrer». Entrevista a Domingo Blanco

19.03.15

regueifaA escola de Tallo (Ponteceso) acollerá este sábado (17.30) unha polafía -reunión festiva na que se pon en valor, por exemplo, o patrimonio oral- organizada pola AELG, co patrocinio da Xunta e a Deputación e a colaboración do Concello de Ponteceso, a Fundación Eduardo Pondal e as profesoras do CRA Nosa Señora do Faro. Andan traballando cos nenos na regueifa, que terá moito protagonismo na cita. Desa arte da dialéctica ten publicado moito Domingo Blanco (Cariño, 67 anos), profesor durante catro decenios, recentemente xubilado e afincado agora en Vigo. Este sábado non poderá estar en Tallo, mais gustaríalle. Blanco, que ten publicado a obra A regueifa en Cabana de Bergantiños, fala da importancia deste patrimonio oral.

-Salvo entidades ou persoas individuais que loitan, a regueifa pérdese. Non se valora. ¿Ten esa percepción vostede?

-Coincidimos. Sucede con ela coma co galego. Semella que a xente, segundo vai colocándose en certos estratos, vai esquecendo ou dándolle menos valor. A regueifa parece que o foi perdendo, comparada coa música instrumental sofisticada que pode gustar hoxe, pero tamén hai que dicir que outras sociedades puxeron máis en valor este patrimonio. Por exemplo, os vascos. Non hai comparación. Nun curso de postgrao na USC falei de regueifas e púxenlles un vídeo de Calviño e de Costa, dous de Bergantiños. Quedaron sorprendidos os vascos porque non esperaban ver un chaval novo, ben parecido, seguro de si mesmo, cantidade de xente... Está claro que non fixemos, como colectivo, o esforzo suficiente para darlle á regueifa, un tipo de cultura autóctona propia, o lugar que merecía. Pero isto non acabou, a chama da regueifa non debe morrer. Por máis que fisicamente algúns regueifeiros xa non estean, aínda teñen moito que contarnos.

-É o tempo de facer algo. En Bergantiños poucos quedan.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

Entrevista a Manuela Cortizo, cantareira cerdedense

30.03.12

manuela cortizoÓs seus 82 anos, Manuela Cortizo tense convertido nun fenómeno mediático. Na súa memoria garda máis dun milleiro de coplas tradicionais. Dela beben hai anos os grupos folk de referencia e por ela Manuela Cortizo ten recibido varios recoñecementos. Cerdedo entregoulle onte a medalla de ouro do Concello.

-¿Quen lle ensinou tantos cánticos?

-Crieime con dúas tías solteiras e unha delas, Mariana, ensinoume unha chea delas ó pé da lareira. Inda non mas dicía dúas ou tres veces e xa me acordaban de memoria. O meu pai, Ramón, tamén cantaba moito. Ensinoume O Arrieiro, a miña preferida. Non se fartan de ma pedir.

-Debe ter unha memoria prodixiosa...

-Se cadra non me acordo do que fago hoxe ou mañá, pero esas cousas téñoas todas grabadas. Inda me acordo dos versos que botaba na escuela e os xestos que tiña que facer coas mans.

 

http://www.lavozdegalicia.es

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Leilía: “O álbum ten menor peso instrumental que os anteriores”

10.01.12

 

leiliaO novo álbum das Leilía serve como reivindicación da figura da desaparecida pandereteira Eva Castiñeira e de todas as mulleres que transmitiron ao longo dos anos o canto tradicional. As letras das cancións foron elaboradas polas escritoras Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.
O 14 de xaneiro farán a presentación oficial do disco no Liceo de Noia, e no Auditorio de Santiago poderase escoitalas en xaneiro ou febreiro, xa que a data do recital  aínda non está decidida.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Uxía: "O amor soa mellor en galego"

25.11.11

 

uxia

Un cuarto de século cantando as máis fermosas letras de amor merecen un disco homenaxe. Uxía, unha das artistas de referencia do folk galego, acaba de recompilar no seu último traballo, Meu canto, temas propios baseados en poemas de autores da terra consagrados e cancións populares como A Rianxeira. Porque tal e como ela mesma di: «¿Quen non se estremece cando escoita algúns dos clásicos da nosa tradición?».

 

A ILLA DE AROUSA | Auditorio | Mañá | 21 horas | 8,75 euro

   

Entrevista a Budiño

12.08.11

«A tradición non debe estar enfrontada á modernidade»
Budiño abre mañá o ciclo de actuacións das festas de Vilagarcía, cun concerto no que presenta o seu último traballo, «Volta»

Aínda que a súa base siga sendo a música tradicional, os concertos de Budiño teñen pouco que ver co que habitualmente se asocia co folk. A introdución da electrónica, a videocreación e a propia estética do grupo converten ao espectáculo de Budiño nun exemplo paradigmático de como a modernidade debe e pode convivir coa tradición.

   

As viaxes oníricas de MARFUL

02.03.11

Por Anxo Goyanes
Como acadar un resultado serio sen perder o sentido do humor? Tal vez sexa unha das labores máis complicadas no mundo musical, e para a que creemos que fai falla un elevado nivel de coñecementos e de experiencia, algo así como dominar a linguaxe para poder facer unha ironía con acerto ("retranca", que din os galegos). Moito disto vemos na música de Marful, dentro dunha inmensa marea de ingredentes que custaría abranguer só con palabras.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Roi Casal: “É un disco máis persoal e pode servir para marcar o camiño”

21.02.11

–Vostede non ten problema ningún en asociar a palabra pop a algunha das súas composicións. Cre que a música de raíz non debe ter medo a abrirse a influenzas incluso pouco previsibles?
–Obviamente proveño do folk porque entrei a formar parte de Milladoiro e aínda que compartía o seu xeito de facer as cousas, iso non quere dicir que fose exactamente o meu punto de vista musical. Eu creo que a música tradicional permítenos que a moldeemos como unha escultura, e existen diferentes formas de facelo.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Entrevista a Seivane

16.02.11

Xosé Manuel Seivane naceu na parroquia de Fonmiñá, no municipio chairego da Pastoriza, e foi alí onde aniñou o seu sono de ser facedor de gaitas, unha inquedanza que materializou en 70 anos de carreira profesional e no selo Seivane, que en todo o mundo é sinónimo de calidade e bo facer na construción de cornamusas.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Páxina 1 de 3