Concertos
O Fiadeiro despide o curso cunha tarde de espectáculos e noite de festa tradicional
23.06.11
Este sábado 25 de xuño os alumnos e alumnas da escola da A.C.F. O Fiadeiro darán mostra de todo o aprendido durante o curso, será ás 18 horas no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (avda. Sta. Mariña nº95). Durante as catro horas que durará o acto actuarán os diferentes grupos da escola de guitarra, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión entre outros.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
II Festival da Cultura Proletaria
22.06.11
O sábado 25 de xuño, vai ter lugar a segunda edición do Festival da Cultura Proletaria, organizado pola CUT. Será a partir das doce da mañá no eido do C.S. A Tiradoura en Cangas, que ten capacidade para mil cincocentos asistentes.
A comisión organizadora da CUT deste II Festival da Cultura Proletaria, ten como obxectivo superar o éxito obtido na edición anterior celebrada no Adro de San Amaro en Aldán.
O Festival comezará ás 12:00 horas coa actuación do grupo de música tradicional Chacarrandaina. Actuando como condutor presentador do festival Luís “O Caruncho”.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Concerto fin de carreira de Xurxo Fernández
22.06.11
24 de Xuño, ás 20h
Auditorio Martín Códax (Conservatorio Superior de Música de Vigo)
Programa
- 1ª PARTE
OFRENDA MUSICAL (BMW 1079) - J.S.Bach
Canon a 2 per motum contrarium, Canon perpetuus super tema
regium e Canon a 2 por Augmentationen, contrario motu.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Concerto acústico de Doa no programa Os Bosques Sagrados de Lugo
21.06.11
O BOSQUE SAGRADO DE LUGO
O bosque como lugar de encontro entre home, natureza e espíritu.
Programa:
10:00h. a 10:10h.
Inauguración
José Ulla Rocha,
Alcalde de Begonte
José Pardo Lombao,
Alcalde de Outeiro de Rei
Xulio Xiz
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Vinte grupos celebran este martes nas rúas de Vilagarcía a segunda edición da Festa da Música
21.06.11
Por iniciativa do grupo Airiños e a parroquia da Nosa Señora da Xunqueira, coa colaboración do Concello, as rúas de Vilagarcía serán hoxe o escenario da actuación gratuíta de ata vinte agrupacións para celebrar a denominada “Festa da Música” (Fête de la musique), un evento nado en Francia hai trinta anos e que se desenvolve simultaneamente en diversos países de todo o mundo cada 21 de xuño. En Vilagarcía trátase da segunda edición, que, como no ano pasado, terá o seu reflexo mundial a través da web http://www.fetedelamusique.culture.fr e numerosos foros e blogs relacionados.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Día Internacional da Música no Museo do Pobo Galego
20.06.11
Para celebrar a importancia da música na cultura cada 21 de xuño, cidades dos cinco continentes celebran o Día Internacional da Música. O obxectivo é sacar os sons as rúas e espazos públicos fortalecendo a convivencia mentres se goza con esta linguaxe universal. O Museo do Pobo Galego súmase a esta festa con dúas propostas para todos os públicos. Na véspera do San Xoán, xoves, 23 de xuño ás 18.h30, Mamá Cabra levará ao Museo música para participar, música con poesía, música para aprender coa propia música. Neste espectáculo escoitaranse temas dos seus traballos publicados, "Cantos Rodados", "Patatín patatán", "Tan só con leres un libro", e tamén algún novo. O domingo 26 de xuño, ás 12h00, Son +D2, trío acústico de guitarra, dúas voces e a percusión, achegará aos pequenos e maiores ao mundo da música e da creatividade, amosándolles dun xeito interactivo os diferentes instrumentos e ritmos do mundo con cancións e xogos participativos.
Estas actividades organizadas desde o Departamento de Educaión e Acción Cultural do Museo contan co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago. A entrada é gratuíta aínda que hai que pasar recollelas na recepción do Museo.
Concerto Fin de Carreira de David Bellas
16.06.11
Concerto Fin de Carreira de David Bellas
Lugar:
Data e hora:
Programa:
Primeria parte:
- Estudo 4 em Dó M-- Paulo p.
de 21 estudos para gaita contralto
- Longtemps y a-- (Thielman Susato) (ca. 1510 - ca. 1570)
de Premier livre des chãsõs a deux ou a troix parts (1544)
Zanfonas: Paulo Gonzalez e Iván Abal
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Rosa Cedrón e Cristina Pato presentan en Lugo o primeiro traballo de Soas
15.06.11
Nun encontro cos medios de comunicación Rosa Cedrón explicou que Muller é “unha emocionante viaxe pola literatura e música galegas dos séculos XIX, XX e XXI”, entre elas Rosalía de Castro, Yolanda Castaño, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, José Castro “Chané”, Raquel Pato ou Luis Emilio Batallán. Entre as pezas que soarán figuran algunhas tan célebres como María Soliña, Unha noite na eira do trigo ou Heicho de dar.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Oito grupos galegos participarán nos Veráns da Vila en Madrid
15.06.11
O programa dos tradicionais Veráns da Vila, que enchen cada verán Madrid de propostas escénicas, conta este ano cunha nutrida presenza galega. Un total de oito solistas e formacións do noso país actuarán entre o final deste mes e ao longo do seguinte no Auditorio Conde Duque, un dos principais escenarios deste programa. Uxía (30 de xuño), Fon Román (5 de xullo), Baldo Martínez e Mayte Dono (6 de xullo), Cristina Pato e Rosa Cedrón (7 de xullo), Banda Crebinsky (14 de xullo), Ialma (16 de xullo), Iván Ferreiro (20 de xullo) e Mercedes Peón (21 de xullo) son os artistas que achegarán a música galega ao evento.
Concertos No Campo de Fóra
10.06.11
Esta fin de semana prosiguen os concertos do ciclo de actividades en Compostela que a Escola Livre da MPG está a facer nos centros socioculturais con dous recitais: Voces Folque -coro de canto- e Sancandia -grupo de sanfonas, diatónicos e voces- o venres 10 de xuño ás 20 horas no CSCX Ensanche. O sábado 11 de xuño tamén ás 20 h no CSC de Vite , será a oportunidade para Diatónicos -aula de acordeón diatónico- e o concerto de Pedro Pascual (bouzouki), Carlos Quintá (acordeón) e Benxamín Otero (oboe).
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Páxina 9 de 24