Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos

Concertos

Roi Casal en Carballo

19.08.11

O Verán Cultural do Concello de Carballo encherase hoxe (praza do Concello, 22.30 horas) coa música de Roi Casal.

Maxicamente vello» é ou título dunha canción incluída non seu novo disco, que leva tamén ese nome. É algo así coma un himno?

-Sí, un himno case por decisión popular. Máxicamente vello

   

Mercedes Peón presenta hoxe o seu último disco "Sos" en Pontevedra

17.08.11

Mercedes Peón presenta hoxe o seu último disco, Sós, no concerto programado dentro das Festas da Peregrina. Será a partir das 22.30 horas, na Praza de España, onde proxectará todo o meigallo e enerxía que envolven a súa música.

Peón é, probablemente, a compositora galega con máis proxección internacional. Cando contaba só 17 anos comezou unha inesgotable tarefa de recuperación da música tradicional, percorrendo os lugares máis recónditos de Galicia.

O seu éxito reside, precisamente, en saber mesturar á perfección a tradición coa vangarda. O seu traballo no ámbito da música folk recibiu importantes recoñecementos tanto a nivel nacional e internacional. Está en posesión do premio Songlines Top of th World polo disco Isué, no ano 2000; Galega do Ano e Premio Opinión, no 2005; Mellor Artista do Ano pola revista Folkworld e Premio Nacional de Música no 2008, entre outros.

   

Nordestin@s visita esta fin de semana Rianxo e Ortigueira

17.08.11

O grupo de Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade sae de xira polas dúas localidades o venres e o sábado.

Dúas voces de referencia na música popular contemporánea en Galicia, Guadi Galego e Ugia Pedreira, uníronse hai uns anos a un dos pianistas máis prestixiosos do jazz no estado español, Abe Rábade. Da xuntanza naceu Nordestin@s, un trío coa ollada posta no océano que refunda a tradición musical mariñeira do norte.

   

Concerto de Tic Tac (Pablo Díaz)

16.08.11

Mércores 17 de agosto de 2011 ás 19h,
Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña)

Froito dunha incesante actividade musical e vital, o multiinstrumentista e cantante galego Pablo Díaz, agasállanos por fin co séu primeiro espectáculo en solitario: Tic-Tac.

Un concerto para nenos grandes e pequenos. Con bases da música pop, rock, tradicional galega e moitas máis, Pablo Díaz embarca ós cativos nunha aventura fascinante: espertan ca canción do Tic-Tac,
bailan co Rock do Porco Celta, viven mil contos que van arrolando a imaxinación.

   

Cantares do Brión en Nigrán

16.08.11

Hoxe martes, 16 de agosto ás 22,30 horas, no Campo das Redes, en Panxón (Nigrán), Cantares do Brión ofrecerá o seu primeiro concerto en solitario.

A actuación está enmarcada no programa de actividades de agosto de 2011 que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Deporte do Concello de Nigrán.

   

Atlántica Vapora Orquestra atraca en Compostela

11.08.11

AVO

A AVO (Atlántica Vapora Orquestra) ofrecerá un recital co mellor do seu repertorio no Festival dos Abrazos de Santiago presentando na capital galega o seu recente álbum "Porto de Vilaxoán". O concerto terá lugar ao aire libre no inconparábel marco da praza de San Martiño Pinario, na zona vella de Compostela a partires das 20 horas este sábado 13 de agosto. A AVO -a.k.a. Combo Mariñeiro de Vilaxoán- é un colectivo de doce músicos que actualizan o repertorio popular da zona de Arousa coa arrnaxos e a dirección de Óscar Fernández.

aFolque

   

Anxo Lorenzo participará no prestixioso festival Piping Live

11.08.11

Anxo Lorenzo participará hoxe, 11 de Agosto, no Festival Internacional de Gaiteiros Piping Live que cada ano se celebra na cidade escocesa de Glasgow. Un dos eventos máis importantes e representativos do mundo da gaita, que reune en cada edición aos mellores interpretes deste instrumento nas súas diferentes variedades e estilos. Anxo viaxará para ofrecer un concerto acompañado dos seus músicos habituais, aínda que tamén está prevista a colaboración do gaiteiro de Moaña coas formación Fiddler´s Bid e Lúnasa que tamén participan nesta edición do festival.

   

Os Cempés voltan a escena

09.08.11

A conhecida banda folque atuará o próximo 20 de agosto no festival da Achova e prepara umha digressom.

Depois de quatro anos da sua despedida, o célebre grupo folque Os Cempés volta este Verão aos cenários.

O Festival da Anchova, em Fisterra, será o palco da sua reapariçom o próximo 20 de Agosto. A banda está na atualiadade a ensaiar temas inéditos que se incorporarão ao repertório do que pretende ser uma nova turné, com datas ainda por concretizar.

http://www.diarioliberdade.org

   

Concerto de Ruote en Zas

01.08.11

Venres 5 de agosto de 2011 ás 22:30h
Zas (A Coruña)

Sabios coñecedores das tradicións musicais galegas, este veterano grupo segue a conquistar o público
co seu xeito único de interpretar o noso folclore. O séu obxectivo é a interpretación fiel das melodías e músicas, por iso trata de amosalas tal cal as aprenderon dos nosos maiores.

   

Concerto de Leilía en Oleiros

01.08.11

Venres 5 de agosto de 2011 ás 22:30h,
Parque Luis Seoane, Santa Cruz, Oleiros (A Coruña)

A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces.
21 anos e catro discos despois Leilía quere dar as grazas a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega.

Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto,

   

Páxina 7 de 24