Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos

Concertos

Concertos de Os Cempés

23.07.12

cempesOs Cempés, o mítico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumplir vinte anos de xiras por Galicia, 
Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra reaparece despois de catro anos de descanso con nova formación e novo disco.
OS CEMPÉS estarán no festival Antrospinos o Venres 27 de xullo as 22h (Campo Maneiro, Taragoña, Rianxo (A Coruña)) e o día seguinte na Feira Celta de Porto do Son
(Sábado 28 de xullo as 00h (do 29)-
Parque da Explanada Portuaria, Porto do Son (A Coruña))
O novo traballo, que leva por título Tentemozo, foi gravado coa colaboración de numerosos músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, etc,
e contou tamén coa colaboración dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque).

Centos de concertos, cinco CD ́s publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta banda 
que presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.

 

   

Concerto de Quodlibet en Bueu

19.07.12

concerto en bueuO vindeiro venres, 20 de xullo, as 21:30 horas Quodlibet (concerto de gaita e piano) estará no Centro Social do Mar en Bueu dentro da sua xira polos auditorios de Galicia. As persoas interesadas en mercar o seu CD poderán facelo no propio concerto.

 

   

Concertos de Treixadura en Sargadelos (Cervo) e en A Rúa

19.07.12

treixadura directo 5. coro en penumbraO grupo Treixadura estará o vindeiro día 25 de xullo en Sargadelos – Cervo (Lugo), ás 22:00 h.

 

e o día 6 de agosto en A Rúa (Ourense), ás 23:00 h. presentando o disco “Esa si que é Muiñada”.

 

 

   

Concertos didácticos da Tradescola na Pastoriza

24.05.12

cartel xornadas didcticas de msica tradicionalO vindeiro día 31 de Maio, a Tradescola realizará 2 concertos didácticos de música tradicional dirixidos á poboación en idade escolar na Pastoriza (Lugo). Os alumnos do CEIP O Salvador e do CEIP Bretoña, participarán nos concertos nos que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Nos concertos amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Este concerto didáctico estará guiado polos mestres da Tradescola, Luis Correa “O Caruncho” , Xerardo Quintela e Pedro David Lamas Varela.

   

CONCERTO DE QUODLIBET NO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA.

23.05.12

quodlibet diarioO vindeiro sabado 26 as 21:00 horas tera lugar no teatro principal de pontevedra , o concerto de Quodlibet co seu espectaculo PROXECTO MIXTURA , dentro da sua xira polos auditorios de galicia , nesta ocasion contaran coa colaboración da soprano ESPERANZA MARA , das pandereteiras AS MAIANAS , e o gaiteiro ALVARO NOVEGIL , que se fusionaran co grupo Quodlibet nunha velada que promete ser interesante.

   

Concerto presentación do grupo da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid

23.05.12

Logo de todo un curso adicados de cheo ao ensino e aprendizaxe da gaita, a percusión e a requinta, este sábado terá lugar a presentación do grupo da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid.  O concerto será no auditorio do Centro Cultural La Casa del Reloj (Madrid) o sábado 26 de maio a partir das 19.00 horas e convídannos a todos a escoitar a música galega que interpretarán os alumnos desta Escola pioneira en Madrid.

A entrada é de balde.
A dirección do Centro é Paseo da Chopera 6-10 e o auditorio onde se celebrará o concerto está situado xusto enfronte do invernadoiro da Arganzuela.

   

Concerto QUODLIBET en Cangas

15.05.12

cartel cangasO vindeiro venres, 18 de maio, as 21:00 horas Quodlibet (concerto de gaita e piano) estará no Auditorio Municipal de Cangas

O concerto forma parte da xira que están dando polos auditorios de galiza i que desembarca este venres en Cangas. O concerto e o espectáculo PROXECTO MIXTURA , en donde se dan cita a música clasica , tradicional , e contemporanea de autores modernos que agora estan despuntando no mundo da música .

   

Actuacións dos Carunchos mes de Maio EN GALEGO

14.05.12

os carunchosXira "Os Carunchos" no mes de maio EN GALEGO:

Día 12 de maio: Bar A CURVA (Nerga - O Morrazo) ás 23.00 horas

Día 17 de maio: Manifestación en Compostela.

Día 19 de maio: Festival no Barrio de San Pedro ( Cangas)

Día 25 de maio: Casa Gallardo (Puxeiros - Mos) 22.30 horas

Día 26 de maio: Manguelo Folc ( Orazo - A Estrada) 

   

“Pezas de aquí e acolá” en FERROL

30.04.12

agustin caranza2Unha vez máis, o cuarteto “Farrapos de ghaita” estará o vindeiro Mércores 2 de Maio en Ferrol para presentar o primeiro traballo discográfico de Agustín Sánchez. O concerto será no Auditorio do Conservatorio Profesional Xan Viaño as 20:30 horas. Avenida do Mar 2-4, Caranza - FERROL.

   

O Gaiteiro Agustín Sánchez presentou na Tradescola o seu novo traballo discográfico

26.04.12

concerto agustnOnte tivo lugar a presentación na Tradescola do primeiro traballo discográfico de Agustín Sánchez “Pezas de aquí e acolá” ,dedicado íntegramente á formación de cuarteto tradicional, no que se recolle unha selección das súas composicións e arranxos para esta formación.

O concerto correu a cargo do Cuarteto Tradicional “Farrapos de ghaita”, fundado o pasado ano co gallo da presentación do disco. “Farrapos de ghaita” quere rendir tributo á formación de cuarteto tradicional, pero facéndoo dun xeito distinto e innovador, onde a composición, o arranxo e a importación de novos ritmos e xéneros musicais son factores esenciais, sen renunciar por suposto ás súas raíces: a música tradicional galega.

Os seus protagonistas son Suso Moreira (gaita), Agustín Sánchez (gaita), Noa Migal (tamboril) e Pablo Pardo (bombo), excelentes músicos cunha ampla experiencia no eido da música tradicional, pasando pola interpretación, composición e a docencia.

   

Páxina 4 de 24