Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións...

Anuncios, subvencións, oposicións...

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

23.02.06

Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas.

A orde do 6 de febreiro de 2006 está destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música e radiquen na Comunidade Autónoma de Galicia, desde o 1 de xaneiro de 2006 ata o prazo límite de xustificación de gastos. A cantidade concedida poderá acadar unha contía máxima por beneficiario de 4.000 euros.

Tamén foron publicadas sendas axudas para conservatorios e escolas de música de titularidade pública.


Mais información.

   

O INAEM e a Consellería de Presidencia convocan axudas

16.01.06

Co comezo do ano e os presupostos a estrear as institucións estiran a man.

Durante os días pasados nos boletíns oficiais anunciáronse subvencións que poden interesar a algún dos nosos socios. O martes 3 de xaneiro, o Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música publicou unhas axudas destinadas a promover compañías de danza, lírica ou música para a produción e xira por España e polo estranxeiro; asociacións sen ánimo de lucro que realicen de actividades de danza, lírica e música de carácter asociativo; festivais; mostras; certames; congresos; etc.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tamén anunciou o martes 10 de xaneiro o concurso público para a concesión de subvencións a entidades privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega. Nesta convocatoria contémplanse moitas e variadas actividades a subvencionar: publicidade, webs, actuacións, festas, audiovisuais, folletos, revistas, libros, etc.



Mais información.
   

Páxina 4 de 4