Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións...

Anuncios, subvencións, oposicións...

PRAZAS DE INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS DE MESTRE GAITEIRO

27.10.08

A Consellería de Educación e Ordenación universitaria ven de abrir o prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de gaita galega. Remata o 3 de Novembro.

Para máis información, preme no seuinte enlace:

Contido da disposición publicada no DOG
   

REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO 2009

04.09.08

Dende o 1 ao 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición para a Rede Galega de Música ao Vivo 2009. Esta programación musical xestionada pola Axencia Galega das Industrias Culturaia (AGADIC) levarase a cabo durante todo o 2009, exceptuando os meses de xullo e agosto, en salas de todo o país. Pretende impulsar a actividade dos grupos de diferentes estilos mediante a financiación de ata un 90% do caché dos mesmos, que non pode superar, en todo caso, os 800 euros por artista e concerto.

Podedes descargar os pdf coa convocatoria e regulamento de funcionamento nos seguintes enlaces:

Convocatoria

Regulamento
   

Axudas do Departamento de Cultura da Deputación de Lugo

04.08.08

O Departamento de Cultura da Deputación de Lugo ven de convocar as seguintes axudas:

Axudas para instalacións e equipamentos culturais e aquelas para actividades culturais
Anuncio de convocatoria para a concesión, mediante procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas a investimentos en instalacións de carácter cultural e equipamentos culturais realizados por concellos da provincia de lugo ano 2008.

Axudas para actividades culturais
Anuncio de convocatoria para a concesión, mediante procedemento de concurrencia competitiva, de subvencións, a entidades asociativas, agrupacións e asociacións de veciños, para a realización de actividades culturais de interese veciñal ano 2008.

Estas subvencións, de carácter anual, concédense para actividades de animación, promoción e desarrollo social e cultural, que permitan un efecto dinamizador, de entretemento , conservación e aumento da calidade de vida a través dos valores culturais, sociais e tradicionais na provincia.

Para máis información, descargas do anuncio, bases e modelo da solicitude…
   

AXUDAS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS

22.05.08

A Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia ven de publicar no DOG as bases reguladoras para a concesión de axudas a fundacións, asociacións e institucións para a realización de actividades culturais. Existen dous liñas de subvención: unha para entidades de ámbito de actuación supraprovincial e outra para asociacións e institucións de ámbito de actuación igual ou menor ao provincial. Nos seguintes enlaces podedes acceder a ambas ordes publicadas no DOG do día 14 de Maio e/ou descargar os documentos relativos a cada unha delas en formato pdf.

Axudas a asociacións e institucións culturais de ámbito de actuación igual ou inferior ao provincial para a realización de actividades culturais.

Orde no DOG
Documento completo en pdf

Axudas a fundacións, asociacións e institucións culturais, con ámbito de actuación supraprovincial e que desenvolvan as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas culturais.

Orde no DOG
Documento completo en pdf
   

SUBVENCIÓNS AOS ARTESÁNS TITULARES DE OBRADOIROS ARTESANAIS

25.10.07

Pola Orde do 28 de maio de 2007 aprobáronse as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos artesáns titulares de obradoiros artesanais para actuacións de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego, en réxime de concorrencia competitiva, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2007.

O prazo de solicitude está establecido ata o 30 de Outubro de 2007, polo que todos os interesados todavía están a tempo de solicitalas. Este anuncio foi publicado no DOG do 23 de Outubro de 2007.

Podedes consultar o artigo compreto aquí
   

AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

14.08.07

Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro a Deputación de Pontevedra establece as bases reguladoras de concesión de axudas a estas escolas de música.

O importe total das axudas será de cincuenta mil euros (50.000,00 €) e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2007.

Podedes consultar as bases aquí ou ben no Boletín Oficial da Provincia, data 27/07/07, número 145, páxina 12, anuncio 2007007216.

BASES DA CONVOCATORIA
   

CONVOCATORIA DE PRAZAS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

18.07.07

A Deputación Provincial de Ourense, como leva facendo xa varios anos por estas datas, e coa mínima difusión posible, ven de convocar unha serie de prazas relacionadas co ensino de música tradicional.

A convocatoria foi publicada o pasado venres 13 de xullo.O procedimento de selección é vía concurso oposición, e sorpresivamente, a única titulación requerida é a de graduado escolar.

O prazo de instancias remata aos sete dias naturais do día seguinte á publicación que sería o sábado 21 de Xullo de 2007.

Comunicado da Asociación
   

Obradoiros para a Galicia Exterior

12.02.07

A Secretaría Xeral de Emigración, na resolución do 29 de Xaneiro de 2007, publicada no DOG do 6 de Febreiro, convoca axudas para a formación dos responsables de determinadas áreas de actuación dentro das entidades galegas no exterior.

Obradoiros de Formación:
-Novas tecnoloxías e internet.
-Básico de xestión e dinamización de entidades.
-Edición e maquetación de revistas para os centros galegos.
-Baile folclórico galego.
-Música tradicional galega.
-Confección de compoñentes da gaita.
-Técnicas de pandeireta e canto.

Os programas desenvolveranse en Santiago de Compostela desde o día 2 ata o día 9 de abril de 2007 en horario de mañá e tarde, segundo a modalidade. Poderán solicitar este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a súa galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, coa correspondente proposta de participantes. As persoas propostas deben ser maiores de 18 anos e socios ou colaboradores das devanditas entidades.

Información completa no DOG nº 26 do Martes 6 de Febreiro de 2007:

Descargar PDF
   

Axudas do IGAEM

02.02.07

Dentro das axudas convocadas polo IGAEM para o sector escénico e musical no ano 2007, no capítulo X, establécense as axudas ao estudo e á investigación. Teñen como obxecto a reciclaxe profesional e a formación especializada das persoas vinculadas á actividade da creación, producción, distribución e exhibición de espectáculos de teatro, danza e música, así como promover a práctica profesional e a actividade investigadora.

Seguramente serán de interese para moitos dos nosos socios e socias, xa que están dirixidas a persoas maiores de idade, con domicilio en Galicia, vinculadas ao teatro, danza ou música.

O prazo de presentación das solicitudes remata o próximo 18 de Febreiro.

Tedes toda a infomación no DOG do 17 de Xaneiro de 2007:

http://www.xunta.es/Dog/Dog2007.nsf/FichaSeccion/1B42?OpenDocument
   

Consellería de Innovación e Industria

29.03.06

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Innovación e Industria ven de publicar, nos últimos días, unha serie de axudas que teñen a finalidade de potenciar o comercio e o sector artesanal galego.

Este tipo de iniciativas poden resultar interesantespara os comerciais, industriais e artesáns vinculados á música tradicional galega. Por esta razón, habilitamos un apartado no portal da Asociación de Gaiteiros Galegos dende o cal se poden descargar os documentos relativos a estes e outros anuncios: “Descargas: Anuncios, subvencións, oposicións...”
   

Páxina 3 de 4