Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións...

Anuncios, subvencións, oposicións...

SUBVENCIÓN PARA MELLORA DE LOCAIS E EQUIPAMENTOS DE ASOCIACIÓNS E FUNDACIÓNS

14.04.09

A Consellería de Cultura e Deporte ven de publicar a orde de concesión de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais para o ano 2009.

Poderán ser obxecto de subvención as actuacións que se encadren nas seguintes modalidades:

Fundacións con local en propiedade. Acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.
Asociacións con local en propiedade. Acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.
Entidades culturais que non teñen local en propiedade pero que teñen unha cesión de uso por un prazo mínimo de 10 anos. Poderán acollerse unicamente ás axudas de investimento en equipamento e mobiliario.

Para os efectos desta convocatoria, enténdense por locais de asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro aqueles das citadas entidades sitos en Galicia e que contribúan como sede destas entidades ao fomento da cultura galega.

O prazo para a presentación de solicitudes finaliza o 9 de Maio.

Pode consultar o texto íntegro da convocatoria aquí.
   

GZCREA 2009

02.04.09

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ven de convocar o programa Gzcrea 2009, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias.

Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2009, e os premios por especialidade quedan establecidos da seguinte forma:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 5 de xuño de 2009.

Poderedes atopar máis información sobre a convocatoria aquí.
   

SUBVENCIÓNS PARA EDICIÓN EN GALEGO DE RECURSOS DIDÁCTICOS NON UNIVERSITARIOS

26.02.09

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ven de publicar unha resolución pola que se regula a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

Poderán solicitar estas subvencións as empresas mercantís do sector editorial, sexan persoas físicas ou xurídicas, sempre que, estando legalmente constituídas, cumpran os requisitos establecidos nesta resolución e non se encontren incursas nas exclusións previstas na Lei de subvencións de Galicia, e elaboren os recursos didácticos curriculares obxecto desta resolución.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de abril de 2009.

Podedes consultar o texto íntegro da convocatoria aquí.
   

Adquisición de equipamento e actividades para asociacións xuvenís

19.02.09

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ven de publicar unha orde pola que se establecen as bases que rexen as axudas para adquisición de equipamento e actividades programadas por asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude e se procede á súa convocatoria. Os interesados poden consultar o texto íntegro da convocatoria aquí.
   

Cursos preparatorios de lingua galega

11.02.09

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ven de publicar, conxuntamente coa Secretaría Xeral de Emigración, a resolución pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos preparatorios de lingua galega para os niveis CELGA e Extensión Cultural, para galegos residentes no exterior e persoans interesadas no idioma na cultura galega.

Podedes colsultar o texto íntegro do anuncio aquí.
   

CONVOCATORIA DE SEMINARIOS DE MÚSICA, BAILE E COCIÑA TRADICIONAL GALEGA

05.02.09

A Secretaría Xeral de Emigración ven de publicar unha resolución pola que se convocan e se regulan os seminarios de baile, música e cociña tradicional galega, dirixidos as entidades galegas do exterior, durante o ano 2009.
Poderán solicitar estes seminarios as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como as asociacións inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles. Os seminarios están dirixidos ás entidades que teñan grupo folclórico ou vontade de crealo.
O prazo para presentar a instancia da solicitude, xunto co resto da documentación, remata o 3 de Marzo de 2009.
Pódese consultar o texto íntegro da convocatoria aquí.
   

Subvencións ás industrias culturais para o ano 2009

30.01.09

A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) publica no DOG do pasado 28 de xaneiro a convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o ano 2009. Poderán ser beneficiarios das mesmas as persoas físicas e xurídicas, as sociedades civís e comunidades de bens -ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia-, así como as unións temporais de empresas, que cumpran cos requisitos específicos que se sinalan na resolución para cada modalidade de subvención.

As modalidades de subvención que comprende a esta convocatoria son as que seguen:

A. Subvencións á actividade escénica:
a.1. Subvencións á nova creación, a.2. Subvencións a compañías residentes, a.3. Subvencións á actividade escénica no ámbito do teatro, a.4. Subvencións á actividade escénica no ámbito da danza, a.5. Subvencións á actividade escénica no ámbito da maxia.

B. Programa crédito-cultura.

C. Subvencións á promoción e difusión de traballos discográficos.

D. Subvencións á distribución:
d.1. Subvencións á distribución exterior, d.2. Subvencións para a asistencia a feiras e outras plataformas de distribución, d.3. Subvencións á distribución de espectáculos en feira.

E. Subvencións a salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada.

F. Subvencións para o asociacionismo profesional no ámbito das artes escénicas e musicais.


O prazo limite para a presentación de solicitudes remata o día 2 de Marzo.

Para consultar a convocatoria: Convocatoria no DOG
   

PLAZAS DE INTERINIDADE PARA PROFESORES DE MÚSICA, ESPECIALIDADE PERCUSIÓN

28.01.09

A Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ven de publicar no DOG un anuncio polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de percusión.

O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, remata o mércores 4 de Febreiro.

Podedes consultar o texto íntegro do anuncio no seguinte enlace:
Texto completo
   

Convocatoria participación no Programa Rede Cultural. Dep. da Coruña.

20.01.09

A Sección de Cultura e Deportes da Deputación da Coruña abre a Convocatoria para a participación na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña para o ano 2009.

Poderán participar nos programas as agrupacións das seguintes categorías, que teñan residencia na Provincia da Coruña:

Categoría non profesional: Música (Bandas de Música, Bandas de Gaitas, Masas Corais, Música Clásica, Rondas ou Orquestras, Cantareiras, Folk, Rock, Pop/Lixeira, Electrónica, Jazz, Blues, Soul, Tunas, Charangas, Solistas, Outros), Danza (Danza tradicional galega, Danza Contemporánea, Danza Clásica, Outros tipos de danza), Teatro (Teatro, Títeres, Maxia e Ilusionismo, Contacontos, Outros) e Outras actividades.

Categoría profesional: Compañías de teatro e de títeres (Teatro, Títeres, Maxia, Monólogos – Contacontos), Intérpretes de música (Música Clásica, Jazz, Folk, Rock, Blues, Tecno, Outros), Compañías de danza (Danza Clásica,Danza Contemporánea, Danza Folclórica galega, Outros tipos de danza) e Outras actividades escénicas.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 28 de Xaneiro de 2009.

Para consultar a convocatoria: Convocatoria no BOP
   

AXUDAS PARA O INCREMETO DO USO DA LINGUA GALEGA

19.01.09

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ven de publicar no DOG a resolución pola que se regula a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades privadas sen fin de lucro para incrementar os usos da lingua galega nas áreas da transmisión familiar e da mocidade.

O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 30 de Xaneiro. Podedes descargar a convocatoria no seguinte enlace:

Convocatoria no DOG
   

Páxina 2 de 4