Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Lume na Palleira

Lume na Palleira

Presentación de Trece Lúas

17.04.09

O sábado 18 de abril, dentro do programa dirixido por Emilio Españadero, Lume na Palleira, farase a presentación radiofónica do novo traballo editado pola AGG "Trece Lúas".

Para falar do proceso de elaboración, contidos do traballo e moitas cousas máis contaremos coa presenza Santiago caneiro, presidente da AGG, e de diferentes persoas que intervirón na elaboración do traballo con son Bernardo Martínez, Clodio González, Comba Campoy ou Felisa Segade.



Non vos esquezades que o programa "Lume na Palleira" emítese os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".

   

Santi Caneiro e BERCE no Recuncho da Palleta

23.01.09


O Recuncho da Palleta do sábado 24 de Xaneiro, dedicarase a Santiago Caneiro -presidente da AGG- e ó grupo de investigación BERCE de Narón, ó que pertence.

Este será o primeiro Recuncho da Palleta dunha serie dedicada a persoas que, xa dende os anos 70 e 80, están a levar a cabo labores de investigación etnográfica.

Nomes como Mini e Mero, Pablo Quintana ou Manuel Rico estarán presentes no espazo da AGG en Lume na Palleira, nun intento de achegar ó público a súa magnifica labor de busca, estudo e divulgación relativa á música tradicional.

Lembrade que o programa Lume na Palleira emítese os sábados de 16:00 a 18:00 h. en RADIO GALEGA MÚSICA, con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na RADIO GALEGA.
   

XOSE MANUEL SEIVANE RECIBE O PREMIO RECUNCHO DA PALLETA 2008

21.01.09


O Teatro de La Juventud de Cecebre (Cambre) acollerá, o vindeiro día 7 de febreiro ás 4 da tarde, o acto de entrega do Premio Recuncho Da Palleta 2008.

Este premio, que concede anualmente o equipo do programa Lume Na Palleira (Radio Galega), pretende recoñecer o traballo de distintas persoas, empresas e institucións no estudio, a defensa e a promoción da música tradicional galega. Resultaron galardoados nas últimas edicións a Editorial Ouvirmos e o Concello de Pontevedra (2004), o Museo Etnográfico da Limia (2005), o programa da TVG Alalá (2006) e o Proxecto Ronsel (2007).

Nesta ocasión o Premio Recuncho Da Palleta recae na persoa de Xosé Manuel Seivane, como exemplo de toda unha vida de amor e paixón pola música do noso país e, máis concretamente, polo noso instrumento máis identificativo: a gaita galega.
Unha paixón e un amor que ademais, sempre desde a máis exquisita humildade, soubo transmitir ás sucesivas xeracións da súa familia; familia que ten o orgullo, e tamén a responsabilidade, de levar consigo un apelido que xa se convertíu en sinónimo de calidade no traballo desenvolvido e de dignidade e orgullo polo propio.

A cerimonia de entrega na que participarán, ademais do propio Xosé Manuel Seivane e a súa familia, distintos músicos que quixeron sumarse a esta homenaxe, pecharase cun concerto do Trío Vaamonde, Lamas & Romero.

A entrada ao acto, que será retransmitido en directo pola Radio Galega e Radio Galega Música, será de balde ata completar o aforo do Teatro.
   

Recuncho da Palleta con Emilio Corral

15.01.09



Tras adicar o pasado Recuncho da Palleta -dentro do programa radiofónico Lume na Palleira- a Carlos Díaz ‘O Xestal’, un contacontos galego cunha extensa discografía na que se inclúen temas de gaita nos que participa co bombo e as cunchas; o Recunho do sábado 17 de xaneiro leva como protagonista a EMILIO CORRAL, músico, gaiteiro e clarinetista da Banda Municipal de Música da Coruña, que foi proclamado gaiteiro maior do Reino de Galicia pola Real Academia Galega (a proposta de Sebastián Martinez Risco), e participou en diverso discos -tanto en solitario como en compañía de outros artistas-.

Este sábado, de 16:00 a 18:00 h. en RADIO GALEGA MÚSICA, con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na RADIO GALEGA, faremos un repaso pola longa vida deste xenial gaiteiro de 98 anos de idade.

   

Lume na Palleira dende o Cultur.gal

03.12.08

O sábado 6 de Decembro, o equipo do programa da Radio Galega Lume na Palleira, presentado por Emilio Españadero, desprazarase ata A Coruña. Trátase dunha emisión esecial dende Palexco, onde se celebra durante eses días o Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais.


Entre outros, este Lume na Palleira especial contará coa presenza de Roi Casal, presentando o seu primeiro disco en solitario e tocando en directo; Susana Seivane, para falar do que será o seu próximo disco e tamén actuar en directo; Ruote, presentando o seu novo repertorio nun "Directo Na Palleira", ao longo da segunda hora do programa.


Non vos esquezades que o programa "Lume na Palleira" emítese os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".
   

Os Silvas de Monforte

23.05.08

O sábado 24 de Maio, poderemos escoitar dentro do programa Lume na Palleira, da Radio Galega, unha interesante nova entrega do Recuncho da Palleta que ven da man de Pablo Carpintero.

Nesta ocasión Pablo falaranos dos Silvas de Monforte, un cuarteto tradicional de gaita de fol, clarinete, tambor e bombo que naceu en Vilaúxe, Chantada, malia que nos anos 50 se trasladaron a Monforte.

Se estades interesados neste tema e queredes saber moito mais sobre Os Silvas de Monforte, non deixedes de escoitar o programa "Lume na Palleira" que se emite os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".

Para máis información e poder escoitar programas anteriores, preme no seguinte enlace.

Lume na palleira na rede
   

O Cego dos Vilares

18.04.08

O sábado 19 de abril, poderemos escoitar dentro do programa Lume na Palleira, da Radio Galega, unha interesante nova entrega do Recuncho da Palleta que ven da man de Pablo Carpintero.

Nesta ocasión Pablo falaranos dun dos que foi grandes expoñentes da nosa música tradicional, o finado Florencio, O cego dos Vilares. El foi un dos últimos cantores dunha longa tradición, e que nos deixou un rico legado a través das recollidas de campo feitas por diversos investigadores. Poderemos escoitar algunha destas gravacións durante o programa, en concreto as feitas por D. Schubart e Antón Santamarina.

Se estades interesados neste tema e queredes saber moito mais sobre Florencio, O cego dos Vilares, non deixedes de escoitar o programa "Lume na Palleira" que se emite os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".

Para máis información e poder escoitar programas anteriores, preme no seguinte enlace.

Lume na palleira na rede
   

O ACORDEÓN PIANO

11.04.08

O sábado 12 de abril, Pablo Díaz traeranos un novo capítulo da sección O recuncho da palleta, espazo no que Asociación de Gaiteiros Galegos presta colaboración dentro do programa da Radio Galega Lume na Palleira.

O recuncho deste sábado tratará sobre o acordeón piano en galicia, facendo fincape sobre os inicios deste instrumento como base, e parte importante de moitas orquestras. Falarase de grandes acordeonistas, en moitos casos procedentes da forte tradición familiar e paixón por este instrumento e que seguen en activo na actualidade. Estas é outras historias así como o son de algún acordeón antigo...irémolas contando ao longo do programa.

Se estades interesados neste tema e queredes saber moito mais sobre o acordeón piano, non deixedes de escoitar o programa "Lume na Palleira" que se emite os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".

Para máis información e poder escoitar programas anteriores, preme no seguinte enlace.

Lume na palleira na rede
   

JULIO PRADA

04.04.08

O sábado 5 de abril, temos a oportunidade de escoitar unha nova edición de “O recuncho da palleta” que nesta ocasión conta coa presenza de Pablo Carpintero para falarnos do finado gaiteiro Julio Prada, de Ungilde, cerca de Puebla de Sanabria que faleceu a finais de 2004 e foi un dos grandes gaiteiros da provincia de zamora.

Se estades interesados neste tema e queredes saber moito mais do gaiteiro Julio Prada, non deixedes de escoitar o programa "Lume na Palleira" que se emite os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".

Para máis información e poder escoitar programas anteriores, preme no seguinte enlace.

Lume na palleira na rede
   

BENIGNO MÉNDEZ

27.03.08


O recuncho do próximo sábado 29 de marzo tratará de lembrar a figura do gaiteiro BENIGNO MÉNDEZ (Vigo 1920-1990), gaiteiro de referencia na comarca de Vigo que se adicou por enteiro a gaita como profesor e intérprete en distintas entidades veciñais e colexios de Mos, Vigo e Redondela. Forma parte da tradición máis xenuina da gaita galega que permitiu ás xeracións seguintes recuperar debidamente o mellor da tradición musical galega. Moitos dos seus alumnos e alumnas forman parte ilustre da música tradicional actual.

Neste programa escoitaranse intervencións deste gaiteiro nas gravacións do grupo "A Roda " co que colaborou, así como algunha gravación de pezas da súa autoría como o "Pasodoble do Carballal" interpretada polo grupo Xistra de Coruxo. Ademáis revelaremos aspectos pouco coñecidos da súa biografía como a súa intervención na Televisión Española ou a reportaxe que lle fixeron para unha coñecida revista de difusión nacional. Falaremos con xente que o coñeceu e coa súa propia irmá para achegarnos máis a súa figura artística e humana.
   

Páxina 4 de 8