Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Lume na Palleira

Lume na Palleira

Gustavo Couto e Os Enxebres de Cacheiras no Recuncho da Palleta

23.03.16

 

os enxebres de cacheirasGustavo Couto, músico, bailador e membro da directiva de AGG, voltará ao Recuncho da Palleta, programa dirixido por Emilio Españadero. Nesta ocasión, falará cos compoñentes actuais dun dos cuartetos máis antergos do noso paìs, Os Enxebres de Cacheiras. Fundado no ano 1939, da man de Manuel Landeira, e que na actualidade seguen estando en activo gracias á iniciativa de Alfonso Landeira, neto do fundador.

Si queres coñecer máis a fondo a Os Enxebres de Cacheiras non te perdas este domingo 27 de marzo, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

   

Os Novos Galiños de Belesar visitan O Recuncho da Palleta

11.03.16

osnovosgaliosdebelesarNo ano 2008, na Casa da Gaita en Viascón (Cotobade) un grupo de rapaces e rapazas de 8 e 9 anos, alumn@s do CEIP Belesar, comezou a súa andaina no mundo da música tradicional.

Hoxe, o conxunto "Os Novos Galiños de Belesar conta xa con 5 gravacións: Pasodobre do Carballal de Benigno Méndez e Festa na Eira de Henrique Otero, Marcha dos Novos Galiños de Belesar de Xaime Estévez, Soa unha alborada de Xaime Estévez e Valse para Alba de Xaime Estévez (peza homenaxe a ela, Alba).

O domingo 13 de marzo, Os Novos Galiños de Belesar xunto con Xaime Estévez, mestre do grupo e membro da directiva da AGG, visitarán "O Recuncho da Palleta" e contaránnos a súa andaina, o camiño percorrido e mais o que aínda queda por facer.

Escoita de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

   

A Regueifa con Josiño de Teixeira

04.03.16

lumenapalleiraO vindeiro domingo 6 de marzo o recuncho da palleta estará adicado á Regueifa, na súa modalidade de desafío oral improvisado.

Para elo, Gustavo Couto, músico, bailador e membro da directiva de AGG, acompañado de Josiño de Teixeira, un dos regueifeiros de mais sona do noso país amosaránnos algúns dos segredos para iniciarnos no apaixoante mundo da Regueifa.

 

Escoita este domingo de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

   

Coñece o Universo Frebudo en Lume na Palleira

18.02.16

 

frebudosEste domingo da man de Vitor Otero, gaiteiro compoñente do grupo Os Minhotos e membro da directiva da AGG , imos coñecer en Lume na Palleira, programa da CRTVG guiado por Emilio Españadero, O Universo Frebudo.
Arredor de Os Frebudos; antes Airiños da Freba, vívese a festa como unha relixión. Moito máis que un grupo de músicos, Os Frebudos son axitadores das foliadas en Lugo e arredores, un grupo de amigos e amigas que veneran a música do país cos pés na terra e a cabeza na vindeira foliada.
Para saber quen son, escoitar o qué fan e ver de qué van, escoita este domingo de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

   

O Recuncho da Palleta. Historia viva da nosa música tradicional.

12.02.16

lumenapalleiraComo cada domingo, a Asociacion de Gaiteiros Galegos voltará a CRTVG, ao espazo o "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na palleira" conducido por Emilio Españadero. Nesta ocasión será a través das verbas de Gustavo Couto que, xunto coa presenza de José Romero e Eclíptica Orbita, máis coñecidos como Pepe e Maruja, Os Rosales de Asados, nos levarán a percorrer parte da súa andaina musical, ademais de contarnos cómo fixeron da música o seu xeito de vida.

   

Lume na Palleira cambia de día e hora de emisión

30.01.13

logo20lume2001A partir do mes de febreiro Lume Na Palleira muda de día e hora de emisión.
Dende o vindeiro día 3 de febreiro, Lume na Palleira, o programa de radio especializado en música folk e tradicional dirixido e presentado por Emilio Españadero, estará con todos nos os domingos de 5 a 7 da tarde (17:00 a 19:00) na sintonía da Radio Galega Música.

   

Un novo programa de música "No bico un cantar"

09.01.13

nobicoCon este título vai a emitirse a partir do 1 de Xaneiro sobre as 10 da noite, e parece que todos os martes a esa hora, un novo programa arredor da música popular. Ó marxe do posible éxito de audiencia que poida ter é un programa que do mesmo xeito que pasou co “Alalá” vai quedar para a historia e vai a engrandecer o patrimonio musical galego. Dedicado cada programa a unha canción, imos coñecer a nosa propia historia de novo coa “excusa” dun tema musical sabido por todos, pero que de seguro vainos a sorprender.

As cancións son como estrelas no firmamento da tradición dunha comunidade iluminan coa súa existencia e nos permiten redescubrir as nosas propias raíces. Un programa cunha aplicación didáctica evidente e que nunca perderá valor co paso do tempo, todo o contrario. Neste mundo rápido onde as modas marcan referencias ficticias o valor da tradición como factor de estabilidade e riqueza colectiva ten máis sentido que nunca.

   

O Recuncho da Palleta con Pablo Díaz

09.09.11

Lume Na Palleira
XA ESTAMOS DE VOLTA NO FACEBOOK PARA INAUGURAR NOVA TEMPADA:
PROGRAMACIÓN SÁBADO 10: O Recuncho Da Palleta (con Pablo Díaz) - Conversa, humor e música en directo con Cantata Vernácula - Entrevista a Saltanocribo (presentación do seu primeiro disco e sorteo de 5 exemplares do mesmo)
PROGRAMACIÓN DOMINGO 11: Escolma de música galega

http://www.lumenapalleira.com/

http://gl-es.facebook.com/pages/Lume-Na-Palleira/110811045643241
 

   

Antón Corral recicibirá o Premio Recuncho da Palleta

31.03.11

O vindeiro sábado 2 de abril terá lugar o acto de entrega  do premio Recuncho da Palleta que concede anualmente o equipo do programa Lume na Palleira (Radio Galega).

Con este premio pretenden recoñecer o traballo de distintas persoas e institucións no estudo, defensa e difusión da nosa música tradicional.

Nesta edición o galardoado será Antón Corral, en recoñecemento a súa extensa andaina como gaiteiro, mestre de gaiteiros e artesán.

O acto será retransmitido en directo pola Radio Galega Música

   

Lume na Palleira: Programación sábado 27

26.11.10

PROGRAMACIÓN SÁBADO 27: O Recuncho Da Palleta (con Pablo Díaz) dedicado a Alberto Jambrina - Concertos, Festivais, etc. -Novidades - Entrevista a Trasmundi (presentación do seu novo disco "En Tempos Que Se Foron..." e sorteo de 5 exemplares)

   

Páxina 3 de 8