Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Lume na Palleira

Lume na Palleira

O Recuncho da palleta fai un percorrido polos 15 anos de programa

16.09.16

lume palleira 15anosComeza a 15ª tempada do Recuncho da Palleta, e aprobeitando este feito, faremos xunto con Gustavo Couto, un repaso por algúns dos gaiteiros que xa non están entre nós, pero que no seu día pasaron por algún programa nestes 15 anos de andaina. Onde deixaron un anaquiño da súa persoa e sobre todo da súa música...

Non te perdas o domingo as 17:00 horas Lume na Palleira.

 

 

   

Análise do repertorio tradicional vinculado ao pandeiro cuadrado en Galiza no Recuncho da Palleta.

24.06.16

lumenapalleiraEste domingo acompañaranos no Recuncho da Palleta, Julia Feifóo. Con ela faremos un resumo, do que foi o seu traballo de fin de estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo, sobre o Repertorio acompañado de pandeiro cadrado na Galiza.

Non te perdas este domingo, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

   

Gustavo Couto faranos un percorrido polos bailes agarrados no Recuncho da Palleta deste domingo

27.05.16

 lumenapalleiraEste domingo adicaremos o Recuncho da Palleta os bailes agarrados, como chegaron ata nós, cales se instalaron na nosa cultura, como viviron o proceso de adaptación a nosa música e baile, e cales se conservan a día de hoxe.

Non te perdas este domingo as 17:00 horas Lume na Palleira.

   

Xaime Estévez presenta a 1ª xuntanza Henrique Otero de xoves gaiteiros no Recuncho da Palleta

13.05.16

lumenapalleiraNo Recuncho da Palleta desta semana, que se emitirá dentro do programa Lume na Palleria da Radio Galega o domingo 15 de maio a partir das 17:00 horas, Emilio Españadero e Xaime Estévez comentaranos cal é o propósito da xuntanza Henrique Otero de xoves gaiteiros que terá lugar o próximo venres 20 de Maio ás 19:30 horas no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Esta actividade enmárcase dentro das xornadas das letras galegas do conservatorio vigués e do III Memorial Henrique Otero, que tivo lugar o pasado sábado 23 de Abril.

Está organizado polo profesorado de gaita e o departamento de normalización lingüística do CMUS de Vigo ademais da colaboración da AGG 

Lembra, si queres saber mais desta primeira xuntanza non te perdas este domingo as 17:00 horas Lume na Palleira.

   

Sergio de La Ossa responsable técnico do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, no Recuncho da Palleta

06.05.16

lumenapalleiraNo Recuncho da Palleta desta semana, que se emitirá dentro do programa Lume na Palleria da Radio Galega o domingo 8 de maio a partir das 17:00 horas, Emilio Españadero, Vitor Otero e Sergio de La Ossa falarán sobre o proxecto APOI.

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade xurde dende o Museo do Pobo Galego e co apoio do Instituto de Estudos das Identidades para a confección dun arquivo sonoro no que se recollan e dixitalicen materiais orixinais cedidos por compiladores. Sergio de La Ossa é un dos responsables técnicos deste proxecto que ten como obxectivo devolverlle á sociedade unha parte da súa tradición inmaterial a través dos medios técnicos cos que hoxe contamos.

Máis info: http://www.apoi-mpg.org/

   

Vitor Otero fainos unha lembranza do Gaiteiro Perfecto Árias Cerceda no Recuncho da Palleta

29.04.16

 perfecto rias cercedaNo Recuncho da Palleta deste domingo, 1 de maio, Vitor Otero falará sobre a figura de Perfecto Árias Cerceda (1926-2010). Gaiteiro nado en Guntín (Lugo) que tocou, entre outras agrupacións, nos Enxebres de Lugo. No programa falaremos da súa traxectoria como gaiteiro e escoitaremos algúns dos temas que nos deixou rexistrados nunha gravación caseira do ano 2007.

Non te perdas este domingo 1 de maio, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

Fotografía: Ana Arias Saavedra

   

Andar cos Tempos...

26.04.16

 andar cos tempos museo do pobo... ou de como cribar o gran para mañá

Un convite a revisar a tradición con perspectiva de xénero
 
O vindeiro mércores, 27 de abril o Museo do Pobo inaugura Andar cos tempos, unha exposición que se poderá visitar ate o 28 de maio no andar do claustro. Andar cos tempos é un dito popular que nos sinala a necesidade de ser conscientes dos cambios que se desenvolven arredor de nós, de como debemos ser quen de adaptarnos a eles e de seleccionar aqueles que consideramos axeitados, para seguir enriquecéndonos cultural, persoal e socialmente. Fálanos de como a tradición non vén sendo outra cousa que a suma de feitos anovadores que conforman a experiencia colectiva, de como as comunidades co devir do tempo criban o pasado para recoñecerse no  presente, nunha construción colectiva que legar ao futuro.

(Para ler a nova completa clic no título)

   

Gustavo Couto, Rafael Collazo e Antón Alcalde no Recuncho da Palleta

22.04.16

 carapaus e banda musica rianxoNo Recuncho deste domingo Gustavo Couto, músico, bailador e membro da directiva de AGG acompañado de Rafael Collazo, director da banda de música de Rianxo e Antón Alcalde, arranxista da mesma banda contaránnos as novas propostas de mestura entre grupos de música tradicional e música sinfónica das bandas de música

Non te perdas este domingo 24 de abril, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

 *Fotografía: Xoán A. Castro

   

O Recuncho da Palleta - III Memorial Henrique Otero

15.04.16

iii-memorialhenriqueoteroEste domingo o Recuncho da Palleta estará dedicado ó III Memorial  Henrique Otero, que na súa 3ª edición mostraránse ás obras para gaita solista do repertorio do mestre Otero que pasan das trinta do seu catálogo un 10% aproximadamente do total. Este memorial ten tamén outra particularidade porque aparte do festival central o sábado 23 de Abril ás 19:30 horas  no Conservatorio superior de música de Vigo ( O Castro) vaise celebrar a 1ª xuntanza de novos gaiteiros "Henrique Otero"  o venres 20 de Maio ás 20,30 horas no Conservatorio profesional ( Felipe Prósperi, Florida, Zona Balaídos).

(Para ler a nova completa clic no título)

   

Leña Verde de Pol e Vitor Otero no Recuncho da Palleta

07.04.16

Vitor Otero, músico e membro da directiva da AGGleaverde voltará ao Recuncho da Palleta, sección do programa Lume na Palleira da Radio Galega. Nesta ocasión, presentará o traballo discográfico que a Asociación Cultural Leña Verde de Pol editou para celebrar os 25 anos da súa creación.
Leña Verde de Pol é o exemplo de como o asociacionismo cultural nun concello rural pode converter o encontro interxeneracional nun virtusiosismo musical capaz de manter viva a música do pais.

 Non te perdas este domingo 10 de abril, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

   

Páxina 2 de 8