Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Varios

Concerto de As 3 Maruxas (Betanzos)

24 tresmaruxasokConcerto de As 3 Maruxas da agrupación instrumental e do grupo de pandeireteiras da Escola Municipal de Folclore de Betanzos.

Será o sñabado 24 de maio no cine Alfonsetti ás 19 horas

 

II Xornada sobre música tradicional "Danzas e danzantes"(Pontevedra)

danzas e danzantesMañá venres 23 de Maio a Sociedade Antropolóxic Galega organiza na Casa das Campás en Pontevedra a II Xornada sobre Música Tradicional "Danzas e Danzantes".

O programa será o seguinte:

19:00.- Apertura da xornada

19:15.- Danzas do sur da provinvincia de Pontevedra. Luís Prego

20:00.- Danzas de Cangas. Miguel Sotelo

20:40.- Danzas de Espadas de Redondela. Oli Xiráldez

21:30.- Peche da Xornada

 

Primeiro disco do Coro Tradicional Cantares do Brión

cantares do brionCoro Tradicional Cantares do Brión, “ARRUÍDOS”

Unha gravación-rexistro da memoria.

Memoria da nosa música tradicional, elaborada ao longo dos séculos, e cunha especial expresión nos últimos cen anos, des que apareceron os nosos coros históricos.

Memoria de catro anos, tempo de existencia de Cantares do Brión. Fixación do repertorio do período 2010-2014, con pezas do catálogo de Aires da Terra, de Cántigas da Terra, de Cantigas e Agarimos, da Coral De Ruada e, abrindo o disco, de Toxos e Froles; pero tamén con obras de nova creación, composición de membros do coro, como é o caso das Tríadas do vento no mar, Camiño de Ourense, Na Touba do Brión, Foliada de Vincios, Has de cantar; e outras con harmonización e arranxos para coro como é O carro, de Mero Iglesias, con letra de Manuel María.
Foliadas, alalás, pasodobres, pandeiradas e pandeiretadas e, pechando o disco, Os Pinos, a composición de Pascual Veiga e letra de Eduardo Pondal, que é o Himno de Galicia.
[Os compositores das obras de nova creación son: Luís Correa “Caruncho” e Pablo Rial Salgueiro, que é o director do coro.]

Entre os propósitos principais están a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional; sendo obxecto de atención especial e uso habital o idioma galego.
Cantares do Brión está integrado na actualidade por 60 persoas, a maioría delas do Val Miñor, fundamentalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, O Baixo Miño, Soutomaior ou Vigo.

   

Novo disco de Brañas Folk

braas folkBRAÑAS FOLK, “Danza das Burgas”

A Danza das Burgas é o terceiro traballo de Brañas Folk. Un disco onde se alternan temas cantados con instrumentais, tradicionais e de autor, de ritmos e ambientes variables, e cociñado íntegramente con receitas propias da nosa terra.

Os ingredientes ponos Brañas Folk, formado por Manuel Brañas (gaita, requinta, whistle, arpa, zanfona), Ana Dosouto (voz), Leonardo Blanco (violín), Tomás Saiz (acordeón), J. Antonio Blanco (guitarra), Olga Brañas (piano, pandeireta e outras percusións), Eduardo Balvís (baixo) e Aser Álvarez (batería, tamboril e outras percusións). E, tras cocer estas músicas con auga fervendo recén saída das Burgas e deixalas repousar, o aliño corre a cargo dos colaboradores que axudaron a enriquecer este traballo (Guadi Galego, Lucía Pérez, Davide Salvado, Pancho Álvarez, Javier Bergia, Quim Farinha, Pablo Pascual, Segundo Grandío e Xaquín Xesteira).

 

Novo disco de A Quenlla

a quenllaXa van alá 30 anos de cancións, de recorrer Galicia e todas esas terras onde Galicia está presente. A Quenlla celebra tres décadas de “amor, dor e loita” e faino alentada polos amigos de sempre: Alfredo Garrido como produtor, Xulio Xiz e Alfonso Blanco como alentadores de músicas e poesías e un crítico da talla inmensa de Xesús Mato (incombustible musicólogo e humanista).

Con este consello de sabios Mini e Mero seleccionan coidadosamente 26 cancións inéditas para un dobre disco que nos trae moitas das músicas que levan anos formando parte do seus directos dos que, por certo, saiamos con ganas de ter en cd cancións como “Carlos dos Santos” de Xosé Lois García, “Penélope” de Díaz Castro ou “Abril de lume e ferro” de Manuel María, todas elas musicadas por Mero.

No disco atopamos, tamén, cancións novas que chaman a atención facéndonos cavilar como “Carme ti nós” de Lois Diéguez , na que o recordo e a nostalxia se fan amor en cada verso. O disco ten moito de saudade, dende ese precioso “Quero voltar para Porto” ata o recordo alegre ao humanista Bernardo García Cendán, que nos deixou fermosos poemas como “Dime quen te foi pescar”.

A Quenlla recunca no seu credo de sempre e faino con firmeza e utilizando a verba para denunciar que a nosa Penélope segue engaiolada nas teas de sempre con continuos retrocesos e enganos que nos adormecen na falsidade. Contra isto, A Quenlla permanece na terra porque é terra e non pode deixar de teimar nela para agromar o porvir; mais agora, está claro que nunca estiveron, nin estarán, sos nesta teima senón que os rodea un amplo exército de poetas que esnaquizan ermos coa palabra que eles erguen en voz para espallala polos puntos cardinais dunha terra que merece ser outra cousa.

A Quenlla agasállanos con 26 cancións nas que se deixa sentir o recordo dos mellores directos. Este é un traballo de anos, rodado e perfeccionado en moitos lugares de Galicia nos que estes músicos deixan as esencias da voz e da palabra. Por iso, cómpre agradecérllelo e pedirlles que sigan dándonos ese canto dos poetas que nos alenta.

 

http://www.blogoteca.com/malmequer/

   

Páxina 215 de 518