Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Varios

Xa está todo preparado para a V edición do Encontro Tradición en Feminino

tradicionenfeminino2023 webA AGG organiza, ao abeiro das subvencións para actividades culturais da Deputación da Coruña e coa colaboración da rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela, a quinta edición do encontro Tradición en Feminino, con relatorios, un obradoiro e un coloquio nos que se seguiremos poñendo en valor o papel da muller no eido da música tradicional galega.

PROGRAMA:

10.45 – Apertura

11.00 – Relatorio “O traballo de Dorothé Schubarth no Museo do Pobo Galego”. Concha Losada

11.45 – Descanso

12.00 - Obradoiro “Guías para o uso do ‘Cancioneiro popular galego’ de Dorothé Schubarth”. Sergio de la Ossa

13.30 – Xantar

16.30 – Coloquio “Dúas olladas feministas ao arquivo da oralidade musical galega” con Beatriz Busto e Xulia Feixoo

17.15 – Descanso

17.30 – Relatorio - concerto “A creación artística a través das gravacións de campo: o tránsito destas melodías ao contexto escénico”. Anaïs Barbier 

A participación nas mesmas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o martes día 14 de novembro para inscribirse, e a partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscripción.

DATA E LOCALIZACIÓN:  Domingo 19 de novembro. No Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Santiago de Compostela).

INFORMACIÓN PARA INSCIPCIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986847074 ou 661637696 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  indicando nome, apelidos un teléfono de contacto e mail.

 

A AGG organiza unhas xornadas de percusión tradicional centradas no charrasco

xpercusion2023 cartaz_webA AGG organiza o vindeiro domingo 12 de novembro, en colaboración coa área de cultura da Deputación da Coruña e o Concello de Vedra, unhas Xornadas adicadas á percusión tradicional, que nesta ocasión estarán centradas no charrasco. Durante a o desenvolvemento das mesmas, poderas aprender a construír o teu propio charrasco da man do artesán Xosé Tunhas, asistir a unha conversa sobre este instrumento con Santi Otero, Suso Vaamonde, Xosé Tunhas e a intervención a través dun pequeno vídeo de Antón Corral, no coloquio guiado por Ramón Dopico e xa na quenda da tarde aprenderás a técnica básica de como tocar este instrumento.

PROGRAMA:

10.50 – Apertura

11.00 – Obradoiro “Constrúe o teu propio charrasco”. Xosé Tunhas

13.30 - Xantar

16.30 - Coloquio “Conversas sobre o charrasco”. Con Santi Otero, Suso Vaamonde e Xosé Tunhas, e a intervención a través dun pequeno vídeo de Antón Corral. Modera Ramón Dopico

18.30 – Obradoiro de técnica básica de charrasco. Suso Vaamonde

LUGAR: Centro Sociocultural de Vedra
DATA: Domingo 12 de novembro de 2023

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail (Prazo de inscricións preferente para socios da AGG ata o domingo 29. Despois desa data, abriranse ao público en xeral). 

A asistencia é de balde previa inscrición. Prazas limitadas!

 

A AGG organiza unha nova edición das Xornadas de gaita

xgaita 2023_webA gaita na emigración, os lugares e as músicas de Rosalía ou o gaita no ensino regrado serán os temas protagonistas dunhas novas xornadas culturais organizadas pola Asociación de Gaiteiras Galegas (AGG) ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, e coa participación da Casa de Rosalía.

A AGG organiza o vindeiro domingo 5 de novembro, en colaboración coa área de cultura da Deputación de A Coruña e coa participación da Casa de Rosalía, a cuarta edición das Xornadas de gaita, cun relatorio de investigación sobre a gaita na emigración, un roteiro músico-literario e unha mesa redonda. Nesta edición, contaremos co músico e investigador Chema Cebeiro, quen nos achegará á gaita e os seus intérpretes nos tempos da emigración no relatorio "Unha gaita na maleta". Tamén contaremos con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, con quen percorreremos, na compañía do grupo Airiños da Casa da Matanza, os camiños e roteiros rosalianos nun roteiro músico-literario pola vila de Padrón. E para pechar, será tempo para o debate, ¿cales son as cuestións arredor do ensino da gaita nos estudos regrados? Xaime Estévez, Rebeca Carrera, Marina Vigo e Xiana Teixeiro contarannos as súas impresións sobre como é o ensino da gaita nos conservatorios galegos, nun coloquio moderado por Julio Alonso.

PROGRAMA:

10.45 – Apertura

11.00 – Relatorio : “Unha gaita na maleta”. Chema Cebeiro

               11.50     Quenda de preguntas

12.15 – Roteiro músico-literario “Camiños e roteiros rosalianos en Padrón”. Anxo Angueira e os Airiños da Casa da Matanza - *Saída dende a Casa de Rosalía

14.00 – Xantar

16.30 – Mesa redonda “A gaita no ensino regrado”. Interveñen: Xaime Estévez, Rebeca Carrera, Marina Vigo e Xiana Teixeiro. Modera Julio Alonso

LUGAR: Casa de Rosalía (A Matanza, s/n. Padrón)
DATA: Domingo 5 de novembro de 2023

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail. 

(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG.

Para máis información: AGG – 986 847 074 / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

   

"Gaiteiros ao Piano", 18 pezas de mestres de gaita galega para piano elemental, novo traballo editado por Xaime Estévez

portada pezas gaita e piano b page-0001Proximamente verá a luz un novo traballo, un álbum de pezas para piano "Gaiteiros ao Piano", editado por Xaime Estévez. Unha obra que pretende difundir o repertorio tradicional, a gaita galega e a compositores e compositoras de referencia dun xeito diferente a través da literatura pianística pedagóxica inicial.

Podes ler o limiar e atopar mais información sobre @s gaiteir@s e as obras que recolle o traballo no seguinte enlace: http://educafolk.blogspot.com/2023/09/gaiteiros-ao-piano.html

E se queres pedir máis información ou reservar un exemplar -xa que non vai ser unha edición comercial- ou inclusive solicitar unha presentación do traballo, podes enviarlle un mail ao autor a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Xaime Estévez

Profesor de música, Catedrático de Secundaria e Doutor en Ciencias da Educación especializado na música galega. Dende o ano 1983 impartiu clases e foi directivo en conservatorios, escolas de música, ensino secundario, universidade e centros culturais, en canto á gaita galega dende a data aludida imparte clases e publicou dúas metodoloxías para nenos e adultos. É membro da xunta directiva da AGG e forma parte activa de grupos como Os Terribles de Donas, banda de gaitas Raigames de Vigo ou Coro Galego e Son do Abrente de Mos, ten colaborado en máis de 20 discos da música galega. Na actualidade tamén forma parte do Consello Técnico Asesor do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.

 

O Serán desta aldea, xornadas do baile comunal

oserandestaaldea 2023_webOs vindeiros domingo 29 e martes 31 de outubro a Asociación de Gaiteiras Galegas organizamos a terceira edición de O SERÁN DESTA ALDEA, xornadas do baile comunal, coa colaboración do Concello de Mondariz, a Xunta de Galicia e o Cear Castromao, adicadas este ano á aldea de Aboal (Mondariz). Dúas xornadas onde compartiremos tradición, tocando, cantando, bailando e homenaxeando ás tocadoras e beilladoras da aldea protagonista, de xeito que poidamos reivindicar ás nosas grandes mestras da tradición e colaborar a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser.

Nesta edición, que ampliamos a dous días, homenaxeamos ao barrio de Aboal (Mondariz) e as súas tocadeiras e beilladeiras Benedicta Carballo Suárez, Emérita Alfaia Seoane, Laurinda Ventín Portela, Marina Pedreira Alfaro, Orlando Garrido Barral e Raimunda Alfaia Seoane. (No cartel de ezquerda a dereita; Marina, Raimunda e Benedicta. Fotografía de Guillerme Ignacio)

O obradoiro monográfico sobre a pandeireta en Aboal será impartido por Xandre Outeiro, e o de baile nesa aldea por Miguel Souto. O antropólogo Rafael Quintía falaranos sobre o BIC A Foliada, e a seguir teremos un coloquio participativo, moderado por Guillerme Ignacio e no que contaremos con Rafael Quintía e mais con Xulia Feixoo, dous dos redactores do informe técnico para a declaración da foliada como BIC.

DOMINGO 29

10.30h. Inauguración

10.45h. Obradoiro “A pandeireta nos seráns de Aboal”. Xandre Outeiro

13.00h. Relatorio “BIC a foliada”. Rafael Quintía

13.45h. Coloquio “A Foliada, un patrimonio a debate” . Con Rafael Quintía, Xulia Feixoo e guiada por Guillerme Ignacio.

14.30h. Xantar de confraternización 

17.30h. Obradoiro “O baile nos seráns de Aboal”. Miguel Souto

MARTES 31

20.00h. Homenaxe ás pandeireteiras de Aboal (Mondariz).

20.30h. Serán 

A asistencia é de balde previa inscrición. Asimesmo, para asistir ao xantar de confraternización é preciso inscribirse antes do día 25 de outubro.

Podes realizar a inscrición a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966.

Agardámoste!!!

   

Páxina 4 de 529