Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Varios

Actividades de Nadal na Tradescola

nadaltrade2023 web - copiaAchegase o Nadal, e dende a Tradescola temos previstas varias actividades para estas datas.

O martes da vindeira semana, día 19 de decembro, teremos unha audición de Nadal na capela de Santa María de Lugo ás 19.00 h, na que contaremos con alumnado de Canto e pandeireta, de Pandeira, de Gaita e Percusión e tamen con alumnado de Baile, que nos achegarán unha escolma de pezas tradicionais destas datas!! 

Continuaremos o xoves día 21 de decembro cos mais peques da Tradescola, que ofrecerán un mini concerto de Nadal ás súas familias e amigos.


E para rematar, o venres 22 de decembro, pola tarde darémoslle a Benvida ao Apalpador xunto a outras asociacións da cidade, cunha actuación da Tradescola que está prevista para as 19.00 h. no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros, e na que participará alumnado de Canto e Pandeireta, Acordeón e alumnado de Zanfona da Tradescola. 


Esperámosvos a todas e a todos para iniciar estas festas da mellor maneira posible : coa nosa música e o noso baile tradicional!!!!

 

 

A Tradescola realizará a vindeira semana concertos didácticos para escolares de Outeiro de Rei

cartaz cdtrad_decembro outeiro de rei - copiaA Tradescola realizará o vindeiro mércores unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, o día 20 de decembro achegarase ata Outeiro de Rei, concretamente ao CEIP Laverde Ruiz, para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase tres concertos didácticos neste centro, como parte do premio pola participación no X Certame de debuxo para escolares que se realizou o pasado curso, e no que foi gañadora Aroa Fernández Barreiro. 
O concerto estará impartido polos mestres da Tradescola Lucía Eiros, Jose Manuel López, Miguel Anxo López e Roberto Rodríguez, e nel amosaránselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.

 

 

Xornadas de baile tradicional da AGG en Cedeira

 

cartaz xbailedeco_2023_web -pqA AGG organiza o vindeiro domingo 3 de decembro, unha nova edición de xornadas de baile tradicional que terán lugar en Cedeira. Nelas contaremos con obradoiros guiados por Olga Kirk, Xisco Feijoó e Sergio Cobos.

Os obradoiros destas xornadas, subvencionadas pola Deputación de A Coruña e que contan coa colaboración do concello de Cedeira e da Asociación Cultural Buxainas, están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile tradicional, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición. 

PROGRAMA:

(3 DE DECEMBRO) - Cedeira

11.45 - Apertura

12.00 – Relatorio - Obradoiro I

“ O baile solto en Santa Comba” - Olga Kirk

13.30 – Remate sesión da mañá

16.00 - Relatorio – Obradoiro II

“Formas da música e danza nas jotas antigas do serán” – Xisco Feijoó

17.30 – Descanso

17.45 - Relatorio – Obradoiro III - Sergio Cobos

DATA: Domingo 3 de decembro

LUGAR: CEIP Nicolás del Río – Cedeira (A Coruña)

INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  , indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail. 

* Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o martes 28 de novembro para inscribirse, e partir desa data si quedan prazas dispoñibles, cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, por orde de chegada.

A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

   

AS TRADICIÓNS DE OUTONO CHEGAN Á TRADESCOLA

tradicins de outono -pqO vindeiro xoves, terá lugar no Centrad, unha actividade que achegará as tradicións de outono a todas e todos os participantes. Esta actividade, que será para público familiar, contará cun obradoiro de fabricación de xoguetes sonoros, un obradoiro de xogos bailados e cantigas relacionados con estas datas, un magosto e xogos tradicionais da man de Xotramu, todo para darlle a benvida ao outono cunha nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional e outras tradicións existentes na nosa cultura.

Esta actividade conta coa axuda da Área de Cultura do Concello de Lugo e a cesión das instalacións para realizala por parte do Centrad. Durante esta actividade farase entrega dos agasallos para os  finalistas do  X Certame de Debuxo dobre o baile e os instrumentos da música tradicional organizado pola Tradescola.

Esta é unha nova actividade que se suma ás levadas a cabo durante o curso, no que a maiores das aulas impartidas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical ás que asisten mais de 300 alumn@s, están realizándose tamén distintas actividades como esta para darlle difusión á nosa cultura tradicional.

 

Finalistas do X Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola

 

tradescola-logo-pequeXa temos os finalistas do X Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola. Nesta edición participaron mais de 250 debuxos realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da Provincia de Lugo que ademais dunhas grandes dotes artísticas tamén nos amosaron os seus amplos coñecementos sobre a nosa música.

Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación e que acadou este ano a súa décima edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, e axudar a que coñezan os nosos instrumentos e o noso baile tradicional

A todos @s participantes queremos darlles os parabéns polos fantásticos debuxos que nos achegaron, e en especial aos 10 finalistas que recibirán como agasallo un lote de material didáctico relacionado coa nosa música tradicional!!!!!!

Os finalistas son:

Gael Varela Aguiar – CEIP “Xose Luis Taboada” – A Barrela – Carballedo – 8 anos

Goiás Pensado Rodríguez – CEIP Illa Verde de Lugo – 6 anos

Erea Bueno Parada – CEIP Rosalía de Castro de Lugo – 6 anos

Javier Echevarría Posada – CEIP O Cantel – Foz- 9 anos

Alicia Peinó González - CEIP Península da Paz – San Cibrao – Cervo – 7 anos

Carla Rouco Marqués – CEIP Laverde Ruiz – Outeiro de Rei – 7 anos

Lara Pérez López _ CEIP A Ponte – Lugo – 6 anos

Edahi Blanco Martínez – CEIP Plurilingüe A Pontenova – 8 anos

Aroa Fernández Barreiro - CEIP Laverde Ruiz – Outeiro de Rei – 6 anos

Pablo Fórneas Abuín – CEIP Anexa – Lugo – 8 anos

 

E o debuxo gañador do X Certame de debuxo da Tradescola, foi o de:

Aroa Fernández Barreiro - CEIP Laverde Ruiz – Outeiro de Rei – 6 anos

que entre outros agasallos disfrutará cos seus compañeiros dun concerto didáctico de música tradicional da Tradescola no seu centro educativo.!!!!

Dende a Tradescola poñerémonos en contacto con todas e todos os finalistas para concretar a entrega dos agasallos.

Dende a Tradescola queremos darlles os parabéns a todas e todos os participantes e moitas grazas por participar. Neste enlace podedes ver os debuxos finalistas desta edición: 

https://www.facebook.com/tradescola/posts/pfbid0341fXm6bqFWrTMAzimrqH64SLbDnJjdD3Ss3mmwDvQ2PDdzcbht2yVz6RK2wg4Utrl

 

   

Páxina 3 de 529