Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Novo ciclo adicado á "Santa Gaita" no Recuncho da Palleta

21.01.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos trae un novo ciclo adicado á "Santa Gaita".

O repertorio da música tradicional, e particularmente o da gaita galega, está moi vencellado ás festas, a maioría no santoral. Moitos temas son pois coñecidos co título do santo ou santa correspondente que pode ter ademáis unha ubicación concreta e singular. Con este fío condutor é posible facer unha especie de cancioneiro da gaita que podemos bautizar como "santa gaita" e que demostra moi ben isto do que estamos a falar. Este tipo de denominacións dan por si mesmas unha información valiosa sobre a peza xa que achéganos seguramente ao contexto da inspiración orixinal e quizais á súa primeira utilización e ubicación. Un motivo interesante para organizar un repertorio da música tradicional lembrando as músicas das festas que as provocaron. Encetaremos polos santos do inverno elixindo aos máis salientables para a nosa intención: San Amaro, San Vicente, San Antonio e San Brais serán os primeiros convidados e Treixadura, Areeiras de Catoria, Terribles de Arousa, Irmandade galega de Venezuela e Abóbriga serán os grupos encargados de ilustrar sonoramente este primeiro capítulo con outras tantas pezas gravadas con esas dedicatorias.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

   

As danzas infantís no Recuncho da Palleta

14.01.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos achegará a diversas danzas infantís.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Os ciclos do Nadal no vindeiro Recuncho da Palleta

07.01.22

lume na palleira okEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, é tempo de Nadal con Gustavo Couto.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

   

A "I Homenaxe Á Tradición Do Val Miñor" no vindeiro Recuncho da Palleta

17.12.21

 

lume na palleira okEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez e diversos convidados que nos presentarán acartel val mior pq "I Homenaxe Á Tradición Do Val Miñor", un festival que terá lugar o vindeiro 26 de decembro en Baiona, e que ten como fin principal dar a coñecer e poñer en valor o importante e singular patrimonio cultural da comarca do Val Miñor no relativo á Música tradicional.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

A Trompa Galega, protagonista do vindeiro Recuncho da Palleta

10.12.21

 

lume na palleira okEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Ramón Dopico que nos ofrecerá diversas gravacións editadas, coa trompa galega como protagonista!!

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

 

 

   

ADIADA a I Homenaxe á tradición do Val Miñor, en Baiona

10.12.21

 

cartel adiado

 

LAMENTAMOS INFORMAR QUE ESTE ACTO QUEDA APRAZADO "SINE DÍE"

 

 

Os Terribles de Donas organiza o vindeiro 26 de decembro ás 18.30 horas a I Homenaxe á tradición do Val Miñor, un encontro coa música galega da comarca no que tamén colaboramos a Asociación de Gaiteirxs Galegxs - AGG e que terá lugar no Auditorio V Centenario de Baiona.

Na homenaxe participarán os grupos a Seneira, Pandereteiras Monteboi, Os Terribles de Donas, Cantares do Brión, A.F. Santa Baia de Donas, A.C. Breogán Val Miñor , Tradisón, Os Carunchos e Novos Galiños de Belesar!!

A entrada é de balde ata completar aforo, e previamente, ás  18.00 horas terá lugar un pasarrúas dende a Praza do Concello de Baiona!!!

No faltes!! Viva a Tradición do Val Miñor!!!!

   

Os Estrobos de Ferrol no Recuncho da Palleta deste domingo

03.12.21

lume na palleira okEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Ramón Dopico lembrando o son dos Estrobos de Ferrol a través do disco que gravaron en 1980 e cando se cumpren os 45 anos da formación

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Xornadas de baile tradicional da AGG - 12 decembro - Vedra

01.12.21

cartaz xbaile_2021_web2A AGG organiza o domingo 12 de decembro, unha nova edición de xornadas de baile tradicional. Nelas contaremos con relatorios-obradoiros guiados por Montse Rivera, Pichi Abollado, David A. Cárcamo “Oumaña” e Denise Silva.

Os obradoiros destas xornadas, subvencionadas pola Deputación de A Coruña e coa colaboración do Concello de Vedra, están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile tradicional, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición. 

PROGRAMA:

10.15 - Apertura

10.30 – Relatorio - Obradoiro I: “O bailar na Limia e a Baixa Limia, muiñeira e xota” - Montse Rivera

12.00 – Descanso

12.15 - Relatorio – Obradoiro II: “Unha achega ó baile solto en Ameixenda de Cee” - Pichi Abollado.

13.45 – Remate sesión da mañá

16.30 - Relatorio – Obradoiro III: “O baile no Val de Ancares e arredores” - David A. Cárcamo “Oumaña” e Denise Silva

 DATA: Domingo 12 de novembro

LUGAR: Nave da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra.

INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail. 

* Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o domingo 5 para inscribirse, e partir desa data si quedan prazas dispoñibles, cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, por orde de chegada.

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.

A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

   

A ASOCIACIÓN DE GAITEIRAS GALEGAS ORGANIZA EN LUGO UNHA XORNADA SOBRE PERCUSIÓN TRADICIONAL

26.11.21

cartel obradoirospercusion_peq - copiaA AGG organiza o vindeiro domingo 28 de novembro, en colaboración coa área de cultura do Concello de Lugo, unhas  Xornadas adicada á percusión tradicional, con obradoiros de pandeira, e toque de lata de pementón, ao que asistirán persoas chegadas de distintos lugares de Galicia.

Ás 16.00 horas, Branca Villares impartirá un obradoiro de pandeira, no que amosá a todos os asistentes, distintas técnicas e posibilidades deste instrumento tan caracteristico da comarca da montaña, así como repertorio característico desta zona.

As 18.00 horas, Roberto Rodríguez impartirá un obradoiro de iniciacion ao toque coa lata de pementón no que fará un achegamento inicial ao emprego da lata de pementón no repertorio de cantares para o baile solto e agarrado en Galicia.

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19. A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo. Dende a AGG coidamos imprescindible e necesaria esta cita, xa que calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza na sociedade, e transmitir a súa historia e costumes.

 

   

Mulleres relevandes da nosa música tradicional no vindeiro Recuncho da Palleta

26.11.21

lume na palleira okEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Carme López Fernández que nos traerá un novo espazo no que, baixo o nome de referentAs, presentará a mulleres relevantes dentro da música de tradicional.

Este domingo comezaremos con dúas das voces máis recoñecibles das informantes galegas....

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Páxina 10 de 265