Varios
As músicas de #tradicióncontraovirus no vindeiro Recuncho da Palleta
03.04.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos amosará diversas músicas de #tradicióncontraovirus.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas
O proxecto sobre o baile tradicional en feminino Andar cos Tempos, no vindeiro Recuncho da Palleta
27.03.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos coa visita (telefónica) de Carme Campo, quen nos falará do proxecto sobre o baile tradicional en feminino que leva a cabo xunto a Chus Caramés: ANDAR COS TEMPOS, ou de como cribar o gran para mañá. Proxecto que convida a rever o baile tradicional con perspectiva de xénero, revisando distintos estereotipos sexistas que se perciben á hora de desenvolvelo e transmitilo.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas
Comunicado para o alumnado da Tradescola coas medidas adoptadas por mor do Coronavirus.
24.03.20

Lembranza a Ricardo Portela
24.03.20
Hoxe, cando se cumpre o 28 cabodano do seu pasamento, facemos unha lembranza do Mestre Ricardo Portela, o noso presidente de honra, firme defensor da dignidade da gaita e do gaiteiro e mestre recuperador da forma de interpretar este instrumento en toque pechado.
Xogos musicais para practicar na casa no vindeiro recuncho da palleta
20.03.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos vai a amosar xogos musicais para practicar na casa cos que pasar mais entretidos estes días de illamento.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas
A Xunta deixa sen efecto o expediente de declaración do baile tradicional como BIC para iniciar unha nova proposta que revise o seu contido e alcance.
20.03.20
O luns o DOG recollía o texto coa resolución relativa ao expediente de incoación para declarar ben de interese cultural do patrimonio inmaterial o baile tradicional galego. Nesta resolución daba conta de que durante o procedemento de información pública foron presentadas alegacións por diversas persoas e asociacións, entre eles colectivos relacionados coa antropoloxía e o patrimonio etnolóxico de Galicia, e tamén co propio baile tradicional, así como a AGG (podes consultar as nosas alegacións aquí.
Todas esas alegacións “recollen un texto idéntico ou moi similar, cunha mesma estrutura e contidos”, e que consideran que a descrición e o alcance da valoración do baile galego segundo o procedemento incoado non é representativo do conxunto dos seus valores e que inciden en aspectos que deben ser valorados.
E resolve «Á vista de todo o anterior e tomando en consideración o contido da información recollida na fase do procedemento de participación pública, considérase que, ben que semella acreditado o carácter sobranceiro do baile tradicional, a súa descrición e a das comunidades, organizacións e individuos que o manteñen, debe ser revisada e completada«
Podes leer a publicación completa no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200316/AnuncioG0535-110320-0002_gl.html
Comunicado da AGG coas medidas adoptadas por mor do Coronavirus
16.03.20
Seguindo as indicacións e como medida de precaución no avance da expansión do Coronavirus, a AGG suspende, ata novo aviso, as actividades previstas para as vindeiras semanas:
- Asemblea Xeral Ordinaria, que estaba prevista para o vindeiro 22 de marzo.
- O 25 Xantar Gaiteiro: Homenaxe a Erminda Miramontes, que estaba previsto para o día 29 de marzo.
- O VII Memorial Henrique Otero, con data prevista para o 18 de abril
Malia esta situación a illamento por mor do virus, animámoste a que a música e o baile siga presente nestes días para o que che propoñemos que formes parte da iniciativa #tradicióncontraovirus que quere chamar á seguir desfrutando da nosa cultura tamén dende a casa, tocando, bailando, cantando e compartíndoo na rede para facer visible a nosa maior obra colectiva (despois do idioma) e para tornar ao Coronavirus e volver axiña á normalidade das nosas vidas.
Aínda que as nosas sedes permanecerán pechadas mentres a situación o requira, seguimos traballando telematicamente.
Moito ánimo e #quedanacasa
Cancelada a Asamblea Xeral Ordinaria da AGG e o 25 Xantar Gaiteiro
13.03.20

O proxecto Mulleres Galegas Ilustradas e o libro Ferreñas e Rock and Roll no vindeiro Recuncho da Palleta
06.03.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Carme López que nos falará do proxecto Mulleres Galegas Ilustradas e do libro Ferreñas e Rock and Roll, coas súas creadoras Laura Romero e Iria Pedreira.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas
ALUMNAS DA TRADESCOLA PARTICIPARÁN NUNHA MONTAXE MUSICAL PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER
05.03.20
Alumnas da Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, participarán con Proxecto Consoante (unha colaboración artística entre o alumnado de canto tradicional da Tradescola de Lugo, O Xeito de Lugo, Escolas municipais de RábadeBegonteOuteiro de Rei, A.C. Son de Cores de Becerreá e A.C. Xardois (Cervantes)) nunha montaxe musical por encargo da Plataforma Galegas 8M para conmemorar o Día da Muller.
Esta performance musical entorno á violencia contra as mulleres, e o empoderamento feminino participada por voces e percusións de arredor de 35 mulleres terá lugar na Praza da Horta do Seminario, o 8 de Marzo, ás 13:00 h. e terá unha duración duns 20 minutos.
Nova ao completo premendo no título.
Páxina 9 de 250