Varios
A AGG colabora con Nós Diario abordando distintas temáticas relacionadas coa música, o baile e a cultura tradicional galega
17.04.20
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s está a colaborar con Nós Diario abordando distintas temáticas relacionadas coa música, o baile e a cultura tradicional galega a través de artigos mensuais realizados por membros da Xunta Directiva, dende a perspectiva da xente do baile e da música tradicional.
Dende a AGG queremos compartir con vos estos artigos, onde compartimos as nosas inquedanzas, análises e relatos que coidamos sexan do interés de tod@s vos.
O primeiro dos artigos (preme no título da nova para velo) foi realizado por Xaneco Tubío, presidente da AGG e leva por título "Seráns, ruadas, polavilas e foliadas". Un artigo onde se fala do nacemento de coros e grupos folclóricos no século XX, que logo na dictadura foron ridiculizados, pero que afortunadamente nos últimos tempos estamos a vivir o seu rexurdir mantendo viva a nosa música, o noso canto e o noso baile.
O segundo dos artigos (preme no seguinte enlace para ver o artigo completo) foi realizado por Daniel Fernández e leva por título "Historia dunha melodía", A Alborada que Rosalía publicara en 1863 nos seus Cantares desencadeou a comezos do século XX unha historia de pesquisas e rivalidades.
O terceiro dos artigos (preme no seguinte enlace para ver o artigo completo) foi realizado por Gustavo Couto e nel quixemos "homenaxear a Erminda Miramontes", muller pandereiteira e bailadora, natural de Ponte Grixoa
E o derradeiro artigo que compartimos hoxe (preme no seguinte enlace para ver o artigo completo) foi realizado por Xaime Estévez, e leva por título "O gaiteiro do Fragoso (Vigo 1930-2013): memorial virtual ou a virtude da memoria", un artigo realizado cando se cumpren 7 anos do pasamento do mestre Henrique Otero Covelo, un símbolo histórico do ensino oficial da gaita en Galicia e do músico gaiteiro na nosa historia máis recente
Neste artigo quere agradecer unha vez máis a colaboración de tódolas institucións, músicos e danzantes da tradición que pasaron polos seis memoriais feitos e deben ser incluidas ademáis das agrupacións que se nomean "A Seneira e a Escola de Danzas Vila de Baiona" e o grupo "O Son do Río de Mondariz".
"Mestras da tradición: A Illa de Ons" no vindeiro Recuncho da Palleta
17.04.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Guillerme Inácio que abordará o canto de tradición oral na Illa de Ons a través de diversas gravacións realizadas entre os anos 60 e a actualidade.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas
O Memorial virtual de Henrique Otero no vindeiro Recuncho da Palleta
11.04.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos falará sobre o Memorial Virtual de Henrique Otero o 18 de Abril. Neste recuncho faremos un repaso de todos os memoriais feitos ata o momento dende o 2014 (seis) e tamén falaremos da homenaxe en vida no 2010, e escoitaremos audicións de distintas agrupacións que gravaron pezas del como Treixadura, Noitarega, Manxadoira,Abóbriga ou os Terribles de Donas e incluso algunha interpretada polo propio Gaiteiro do Fragoso....
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas
As músicas de #tradicióncontraovirus no vindeiro Recuncho da Palleta
03.04.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos amosará diversas músicas de #tradicióncontraovirus.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas
O proxecto sobre o baile tradicional en feminino Andar cos Tempos, no vindeiro Recuncho da Palleta
27.03.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos coa visita (telefónica) de Carme Campo, quen nos falará do proxecto sobre o baile tradicional en feminino que leva a cabo xunto a Chus Caramés: ANDAR COS TEMPOS, ou de como cribar o gran para mañá. Proxecto que convida a rever o baile tradicional con perspectiva de xénero, revisando distintos estereotipos sexistas que se perciben á hora de desenvolvelo e transmitilo.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas
Comunicado para o alumnado da Tradescola coas medidas adoptadas por mor do Coronavirus.
24.03.20

Lembranza a Ricardo Portela
24.03.20
Hoxe, cando se cumpre o 28 cabodano do seu pasamento, facemos unha lembranza do Mestre Ricardo Portela, o noso presidente de honra, firme defensor da dignidade da gaita e do gaiteiro e mestre recuperador da forma de interpretar este instrumento en toque pechado.
Xogos musicais para practicar na casa no vindeiro recuncho da palleta
20.03.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos vai a amosar xogos musicais para practicar na casa cos que pasar mais entretidos estes días de illamento.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas
A Xunta deixa sen efecto o expediente de declaración do baile tradicional como BIC para iniciar unha nova proposta que revise o seu contido e alcance.
20.03.20
O luns o DOG recollía o texto coa resolución relativa ao expediente de incoación para declarar ben de interese cultural do patrimonio inmaterial o baile tradicional galego. Nesta resolución daba conta de que durante o procedemento de información pública foron presentadas alegacións por diversas persoas e asociacións, entre eles colectivos relacionados coa antropoloxía e o patrimonio etnolóxico de Galicia, e tamén co propio baile tradicional, así como a AGG (podes consultar as nosas alegacións aquí.
Todas esas alegacións “recollen un texto idéntico ou moi similar, cunha mesma estrutura e contidos”, e que consideran que a descrición e o alcance da valoración do baile galego segundo o procedemento incoado non é representativo do conxunto dos seus valores e que inciden en aspectos que deben ser valorados.
E resolve «Á vista de todo o anterior e tomando en consideración o contido da información recollida na fase do procedemento de participación pública, considérase que, ben que semella acreditado o carácter sobranceiro do baile tradicional, a súa descrición e a das comunidades, organizacións e individuos que o manteñen, debe ser revisada e completada«
Podes leer a publicación completa no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200316/AnuncioG0535-110320-0002_gl.html
Comunicado da AGG coas medidas adoptadas por mor do Coronavirus
16.03.20
Seguindo as indicacións e como medida de precaución no avance da expansión do Coronavirus, a AGG suspende, ata novo aviso, as actividades previstas para as vindeiras semanas:
- Asemblea Xeral Ordinaria, que estaba prevista para o vindeiro 22 de marzo.
- O 25 Xantar Gaiteiro: Homenaxe a Erminda Miramontes, que estaba previsto para o día 29 de marzo.
- O VII Memorial Henrique Otero, con data prevista para o 18 de abril
Malia esta situación a illamento por mor do virus, animámoste a que a música e o baile siga presente nestes días para o que che propoñemos que formes parte da iniciativa #tradicióncontraovirus que quere chamar á seguir desfrutando da nosa cultura tamén dende a casa, tocando, bailando, cantando e compartíndoo na rede para facer visible a nosa maior obra colectiva (despois do idioma) e para tornar ao Coronavirus e volver axiña á normalidade das nosas vidas.
Aínda que as nosas sedes permanecerán pechadas mentres a situación o requira, seguimos traballando telematicamente.
Moito ánimo e #quedanacasa
Páxina 7 de 249