Varios
Novas descargas engadidas da casete "Marcha do meu Pobo" dos Gait. da Pontevella
04.08.05

Vimos de subir ao Portal, para todos os nosos sócios, no apartado de descargas (categoria audio) a cara B da casette "Marcha do Meu Pobo" que gravaron os Gaiteiros da Ponte Vella de Ourense, no ano 1993.
Na cara A da devandita casete deixaron constáncia do seu bon facer os membros do grupo, mentres que na cara B temos unha auténtica xoia do folclore ourensán: gravacións de Francisco Villarino Ojea (Paco, gaiteiro de Escornabois). Xustamente estas gravacións son as que, co permiso da Asociación Cultural Gaiteiros da Ponte Vella, podedes descargar.
Mais información
Páxina 263 de 264