Varios
FIN DE SEMANA DO FOLCLORE GALEGO
03.05.07
¿Gústache a música e o baile? ¿queres aprender a fabricar instrumentos, tocalos e bailar? ¿Queres sair da rutina, relaxarte e desfrutar cunha proposta orixinal? Propoñémosche un paseo polo folclore musical galego durante todo un fin de semana, nunha afastada casa de turismo rural onde poderás achar, ademáis de tranquilidade, un lote de información sobre os instrumentos musicais, o canto e o baile tradicional galegos e, sobre todo, moita diversión e relax.Celebraremos o encontro na Casa da Alba, en Antas de Ulla, no mesmo corazón de Galiza. Os compañeiros guías serán Rosa Sánchez, Pablo Carpintero e Gustavo Couto. Reservas e máis información en:
626588381 (Pablo Carpintero)
981 57 15 88 de 10:00 a 14:00 (Rosa Sánchez)
Prazas limitadas a 25 persoas.
Fin da inscrición: 25 de Maio.
Podes coñecer todos os detalles aquí
PROBAS DE ACCESO Ó CONSERVATORIO DE MÚSICA DE VILAGARCÍA
03.05.07
Para todos aqueles interesados en ampliar os seus coñecementos sobre a gaita, a matrícula para as probas de acceso a 1º G.M. de gaita no conservatorio de Vilagarcía de Arousa, son do 7 ó 18 de maio. Máis información sobre as mesmas no propio conservatorio.Conservatorio Profesional de Música
Auditorio Municipal
Avda. da Mariña, 27
36600 Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
Telf: 986 500 916
Fax: 986 504 226
E-mail:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
II ENCONTRO DE GAITEIROS MANUEL VILLANUEVA
18.04.07
Os días 1, 2 e 3 de xuño celebrarase en Poio o II Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.Entre as actividades organizadas destacan: relatorios, o IV concurso de gaiteiros MANUEL VILLANUEVA, xuntanza de gaiteiros e moitas mais novidades que podedes consultar neste nova. Non vos esquezades de acudir e participar da nosa música tradicional.
Actividades do encontro
OBRADOIRO DE REGUEIFA
16.04.07
A asociación Cultural Algaravía xunto coa Esmorga organiza o vindeiro xoves día 19 de abril un Obradoiro de Regueifa. Ahí van os datos:Día: xoves 19 de abril
Lugar: A Esmorga (Ourense)
Horario: de 22:30 a 12:00
Imparte: Luís Correa "O Caruncho"
Entrada/ Inscrición: 3€
Queremos volver a recuperar unha das tradicións máis divertidas e creativas que, ata fai ven pouco, era bastante habitual que xurdiran espontáneamente os xoves de Comadres e Compadres do Entroido ourensán.
Para elo, contaremos cun dos mellores improvisadores ou regueifeiros da Galiza: Luís Correa "O Caruncho" que empezará dando unhas nocións teóricas sobre os segredos das cuartetas, as rimas e a improvisación para pasar, de seguido, á parte práctica, pois non hai mellor aprendizaxe.
Animádevos a sacar o voso lado máis poético, inspirador, humorístico, retranqueiro ou irónico.
¡Esperámosvos!
XORNADAS DE DEBATE - CARA A UNHA INDUSTRIA MUSICAL GALEGA
28.03.07
Estas xornadas celebraranse o 10 e 11 de Abril no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela.Nun momento coma o actual, no que a industria da música está vivindo importantes cambios que afectan aos modelos de creación, produción, distribución e recepción convencionais durante as últimas décadas, semella necesario analizar conxuntamente, desde os ámbitos público e privado, cales son os retos inmediatos que vai ter que enfrontar o sector da industria musical en Galiza.
Neste sentido, tanto a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural coma o IGAEM están a levar adiante unha serie de accións de apoio ás músicas producidas en Galiza, accións coas que se desexa construír un novo escenario de colaboración e confianza co sector que permita xuntar esforzos e definir liñas estratéxicas para o desenvolvemento do mesmo.
O acceso á estas Xornadas será libre e gratuíto, dentro do límite de prazas da Sala Mozart do Auditorio (250). O acceso ás mesas de traballo, pola contra, será restrinxido até completar as 25 prazas da sala de reunión: a Sala Circular do Auditorio de Galiza. Así pois, se vostede está interesado/a en participar nalgunha das mesas de traballo propostas, pode consultar o programa e encher o formulario que se achega e facérnolo chegar a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo antes do 4 de abril de 2007. Non se admitirán máis de dúas persoas por empresa e a admisión farase por estrita orde de chegada do formulario.
Programa das xornadas
O FIADEIRO - XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
05.03.07
A fin de semana do 10 e 11 de Marzo, O Fiadeiro celebrou a súas VI Xornadas de Portas Abertas no novo local da Rúa Pombal. Houbo cursos, seráns, recuperación, transmisión e moita diversión para todo ó mundo.O Sábado 10 de Marzo dende as 11 da mañá ata as 8 da tarde puidemos iniciarnos no mundo da percusión,coñecer as danzas do mundo, etc. e o Domingo 11 de Marzo tamén tivemos un día moi ocupado con, entre outras moitas cousas, xogos tradicionais, actividades relacionadas co canto e baile, e a festa inaugural do novo local do Fiadeiro.
Toda a información a encontraredes no programa das xornadas que podedes consultar aquí. Non vos esquezades e animádevos a participar.
Programa das xornadas
Xa Ven o Entroido!!!
16.02.07
Se Aínda non tedes claro onde pasar o entroido, aquí tedes unha lista ben interesante de Entroidos en Galiza, cos días máis importantes de cada un.Lista de Entroidos
VENRESPIRAR EN OURENSE
07.02.07
Este mes de febreiro comezan os VENRESPIRAR! !!, en Ourense, coñecidas festas itinerantes de Música e Baile, organizados pola Asociación cultural Algaravía e a Aula de Música Tradicional "Gomes Mouro".
Faranse o segundo venres de cada mes agás o último, (no mes de Xullo), que é no primeiro venres, nun local diferente da cidade de Ourense. A Primeira das festas tivo lugar o venres 9 de febreiro no "LICEO" Ourensán, (Lamas Carvajal, 9 - Cerca da Catedral). Tendes toda a información no espacio da AOFT co cartaz onde aparecen todas as datas locales, (o horario das festas é sempre o mesmo, de 22:00 a 01:30).
O DÚO DE MÚSICA TRADICIONAL SETE SAIAS EDITA O SEU PRIMEIRO DISCO
22.01.07
Sete Saias ven de publicar o seu primeiro traballo discográfico de título homónimo no selo galego Pai-Music. Este dúo xurde no seo do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, concretamente na aula de arpa dirixida por Rodrigo Romaní. Marta Quintana e Clara Pino son as súas compoñentes, dúas mulleres galegas que amosan no seu traballo a orixinalidade, a beleza e o contrapunto nas arpas e nas voces.A paixón pola música e común en ambas compoñentes de Sete Saias, algo que queda claro vendo o seu paso por diversos grupos e corais antes de ingresar no citado Conservatorio de Música Tradicional de Vigo
Máis info
ESPECTÁCULO DE MÚSICA E DANZA ISOLMA
18.01.07
A través da compañía GS21 [Galicia Século XXI], chegou este espectáculo do que houbo unha función o sábado día 20 de xaneiro de 2007 en Pontevedra que acadou moi boas críticas no seu estreo.GS21 [Galicia Século XXI] é unha compañía galega de música e danza que nace en abril do 2005 por iniciativa de bailadoras, bailadores e músicos con experiencia na música e danza tradicional (a maioría), que lonxe de comprender estas (música e danza) como algo exclusivamente do pasado, o perciben como atemporal. GS21 utiliza os infinitos recursos musicais e danzados propios da tradición galega, dándolles unha nova lectura, dándolles un novo punto de vista. GS21 é a innovación desde o respecto pola tradición. É a música e a danza galegas coma arte, como creación en si mesmo.
Máis información sobre a compañía na páxina web: http://www.gs21.es
Páxina 261 de 265