Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

X ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL

25.05.09

O día 6 de Xuño de 2009 celebrarase a X edición dos Encontros de Música Tradicional no Monsteiro de Carboeiro (Silleda). O programa é o seguinte:

13.00 h.

SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra

APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
-BRINQUEDOS DE SEMPRE
ASOC GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
MUSEO GALEGO DO XOGUETE (ALLARIZ)
FUNDACIÓN RAQUEL CHAVES (VIGO)
TEMPO DE XOGAR (LOURENZÁ)
JULIO BALADO (LALÍN)
LUIS PREGO (VIGO)
MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)
-ANTÓN ALONSO RIOS. O SIÑOR AFRANIO
COMISIÓN POLA MEMORIA SIÑOR AFRANIO
ADELLÍS ASOC. SOCIO-CULTURAL

FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, títeres...


15:00 h.
XANTAR POPULAR (empanada, carne ó caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café -12€)


DURANTE A TARDE:

XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES COA ASOC. GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR

BOTA CONTAS PERO BOTA CONTOS con Celsiño Fndez. Sanmartín

Grupo da 3ª Idade da aula municipal de teatro “ANXO CASAL” de Arzúa coa obra "A AVOA VAI Ó BAILE"


POLA NOITE:

FOLIADA
ACAMPADA á beira do río Deza


Máis información chamando ao 658 62 82 39
   

II FESTA DA LINGUA NA CORUÑA

25.05.09

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o vindeiro martes, 26 de maio, ás 20.30 horas, a segunda edición da Festa da Lingua, un acto festivo que será presentado por Isabel Risco e contará coas actuacións do actor e monologuista Xosé Touriñán e da agrupación musical Malvela.

A entrada será de balde ata completar o aforo do teatro

Organizan Deputación da Coruña e Concello da Coruña
   

MÚSICA NA NOITE XII

19.05.09


Os próximos venres 3 e sábado 4 de Xullo, en Calo-Teo, celebrarase a XII edición de Música na Noite.

Esta edición do festival que organizan o Concello de Teo e a Asociación Cultural Lúa Chea contará coas actuacións de:

Venres 3 de Xullo:
Medo me da
Ruxe Ruxe
Galegoz

Sábado 4 de Xullo:
Leilía Band
Fía na roca
Alvariza



Música na Noite é un festival con entrada de balde e zona de acampada, no que colaboran a Deputación da Coruña e Casa das Crechas.
   

XII NOITES DE TASCA

18.05.09


O venres 29 de Maio do 2009 a partires das 10 da noite, celebrarase no Bar A. Nieto de Chayán-Trazo (A Coruña) as XII Noites de Tasca.



Estas XI Noites de Tasca contarán coa presenza de Manuel Viqueira, 'O gaiteiro de Vilaverde', Ordes.



E despois, coma sempre, foliada á que estades todos invitados.



Organiza: Asoc. Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes
Patrocinan: Concello de Trazo e Cumio
Colabora: Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo
   

XXVIII Día da Muiñeira en Carballo

13.05.09

Un ano máis, a Asociación Cultural Nemeth anímavos a participar no Día da Muiñeira de Carballo, que celebra este ano a súa XXVIII edición.

Todos os participantes reuniranse ás 17:00 do domingo día 7 de xuño do 2009 na Avda. Bergantiños (fronte ó Instituto Alfredo Brañas), para realizar o tradicional percorrido polas rúas de Carballo ata chegar á Praza do Concello, onde ás 18:00 bailaran todos xuntos.

Despois do baile conxunto, haberá un tempo para que aquelas asociacións que así o desexen nos amosen o traballo dalgún dos seus grupos no escenario, a modo de exhibición.


INSCRICIÓN:
A organización deberá estar debidamente informada de todos os datos de interese acerca dos grupos participantes, así como da intención de presentar algún grupo para a exhibición no escenario.
O prazo para presentar as inscricións remata o 29 de maio

Poderán enviarse por correo ordinario a:
A. C. Nemeth
R/Valle Inclán, 24, 4º
15100 Carballo

Ou ben por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Para calquera dúbida ou aclaración, tamén podedes chamarnos a calquera destes teléfonos: 629741617 - 615402884

   

XI NOITES DE TASCA

16.04.09

O venres 24 de Abril do 2009 a partires das 11 da noite, celebrarase no Bar O Taxista na Ponte Carreira (Frades) as XI Noites de Tasca.


Estas XI Noites de Tasca contarán coa presenza dos Gaiteiros 'Bico da Valouta', e co son da gaita centenaria que pertenceu a Ignacio Ferreño, o gaiteiro de Céltigos.


Antes das 11 da noite haberá un percorrido polos bares A Coviña, Xiada e Vilariño. E despois, coma sempre, foliada á que estades todos invitados.


Organiza: Asoc. Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes
Patrocinan: Concello de Frades e Cumio
Colabora: Os Reiceiros da Ponte Carreira
   

PRESENTACIÓN ANTES OS MEDIOS DE TRECE LÚAS, NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL DA AGG

15.04.09

O venres 3 de Abril, a Asociación de Gaiteiros Galegos fixo a presentación oficial ante os medios de comunicación da súa nova proposta audiovisual para este ano 2009: Trece Lúas. Trátase dun Libro – CD – DVD sobre os ciclos do ano, no que a través dos seus textos, músicas e imaxes podemos facer un percorrido polas tradicións máis relevantes de cada mes.

Durante a rolda de prensa, Santiago Caneiro, presidente da AGG, salientou o traballo da asociación en prol da divulgación da nosa música tradicional con traballos como Trece Lúas, que continúan o camiño aberto coas anteriores publicacións neste sentido - O Quiquiriquí e Pelo Gato 24 -. Reiterou tamén o compromiso da AGG coa cultura galega e a necesidade de elaborar materiais didácticos para facer chegar as nosas tradicións aos máis novos. Por último agradeceu á Universidade de Vigo e á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a súa implicación no proxecto.

Pola súa banda, Iván Area, Vicereitor de relacións institucionais da Universidade de Vigo, mostrouse satisfeito polo resultado da colaboración neste traballo entre a entidade que representa e a AGG, unha colaboración que xa se mantén dende anteriores publicacións. Insistiu no papel da universidade como garante da conservación e posta en valor do noso patrimonio, colaborando activamente con outras entidades culturais e con iniciativa propia, como no Proxecto Ronsel, que impulsado dende a Universidade de Vigo traballa pola salvagarda do patrimonio cultural inmaterial galego.
   

V FOLIADA DE MELIDE

07.04.09

Os próximos días sábado 25 e domingo 26 de Abril celebrarase a V Edición da Foliada de Melide. Nesta festa, organizada porla Asociación Cultural e Musical O Castelo, participa a Asociación de Gaiteiros Galegos coa organización simultánea do IV Seminario sobre Palletas e Pallóns para Gaita Galega.

O programa para a V Foliada de Melide, que se celebrará no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide, é o seguinte:


SÁBADO 25 DE ABRIL

11:00
IV SEMINARIO DE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA. Edificio Multiusos de Melide.
As palletas antigas. Pablo Carpintero
Presentación do libro “O berce da palleta” de Ramón Marín

11:30
ANIMACIÓN DE RÚA.
Xigantes e cabezudos acompañados polo grupo Treboeiros de Muimenta

12:00
CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA pola zona de viños

16:30
Apertura da MOSTRA DE ARTESANÍA e EXPOSICIÓNS

17:00
OBRADOIRO
Demostración aberta e participativa sobre a construcción de palletas por Alexandre Cadarso “Cano”

19:00
MARCHA GAITEIRA. Percorrido pola vila
Agrupación Folclórica O CASTELO (Melide)
Escola de gaita e percusión galegas AXÓUXERE (Melide)
Gaiteiros FROITO NOVO (Melide)
Grupo de gaitas A MARISTELA (Sobrado)
Grupo de gaitas BICO DA BALOUTA (Agolada)
Grupo de gaitas CHARAMELA (Antas de Ulla)
Grupo de gaitas PAO DE BUXO de Saídres (Silleda)
Gaiteiros de VISANTOÑA (Santiso)
Grupo de gaitas FALCATRUEIROS (Monterroso)

20:30
SERÁN

23:00
ACTUACIÓNS
Tanto Nos Ten
Xarín

00:00
QUEIMADA de balde para tod@s @s asistentes


DOMINGO 26 DE ABRIL

11:00
Apertura MOSTRA DE ARTESANÍA e EXPOSICIÓNS

11:30
ANIMACIÓN DE RÚA. Xigantes e cabezudos acompañados pola Banda de gaitas da Serra de Outes

12:00
TÍTERES VIRAVOLTA de Lalín presenta a obra “BARRIGA VERDE”

13:00
ACTUACIÓN da Banda de gaitas da Serra de Outes

13:30
MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL
Grupo de baile tradicional XIRANDOLA (Bandeira)
Asociación Cultural O PALACIO DO REI (Palas de Rei)

15:00
XANTAR POPULAR

17:00
OBRADOIRO: Xogos populares

19:00
ACTUACIÓN
Mini e Mero: Cancións e romances de cego


Máis información aquí.
   

MONOGRÁFICOS DA AFI 2009

07.04.09

Presentámosvos os Monográficos 2009 da Aula Folque Infantil de Pontevedra.
Esta edición está composta de cursos para nais e pais e outros para os nenos e nenas e se celebrarán os sábados entre o 18 de abril e o 16 de maio no antigo Conservatorio de Música de Pontevedra (Alfonso XIII, 7)


PARA NAIS E PAIS

Cantos do mundo con Pili Araujo
Sábado 16 de maio. De 10 a 13 horas

Musicoterapia con Xela Conde
Sábado 23 de maio de 10 a 14 horas


PARA NENOS E NENAS

Creación dun personaxe con Pepa Yánez
Sábado 18 de abril de 16 a 18 horas (5 a 10 anos) e de 18 a 20 horas (10 a 15 anos)

Percusións miúdas con Xavier Blanco
Sábado 25 de abril de 16 a 17.30 horas (5 a 10 anos) e de 17.30 a 19 horas (10 a 15 anos)

Cómo escribir un guión en tres patadas con María Lado
sábado 25 de abril de 16 a 17.30 horas (5 a 10 anos) e de 17.30 a 19 horas (10 a 15 anos)

Inscrición: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 881 031 829

Máis información aquí.

   

IV SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA

02.04.09


A Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos un ano máis ao Seminario sobre Palletas e Pallóns para Gaita Galega. Unha actividade que camiña pola súa cuarta edición, e a través da cal pretendemos dar a coñecer os segredos destes pequenos anacos de cana, fundamentais para acadar un correcto son e afinación na gaita. Así trataremos diversas temáticas, dende a historia das palletas á súa construción e tipos e a súa correcta selección, uso e mantemento.

Este ano, o seminario celébrase o sábado 25 de Abril, encadrándose de novo dentro das actividades da Foliada de Melide, o que nos permite unir esforzos coa Asociación O Castelo na nosa tarefa de difusión da cultura tradicional nas súas diferentes expresións. Pero, a diferenza de anos anteriores, facemos unha proposta máis ampla, na que ademais das Conferencias da mañá, con Pablo Carpintero e Ramón Marín, temos programada unha demostración de construción de palletas durante a tarde. Cabe salientar a presentación do libro O Berce das Palletas, editado pola AGG, e que abre unha nova etapa da Asociación no tocante a publicacións sobre música tradicional.
   

Páxina 250 de 265