Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Homenaxe a Pucho Boedo e Prudencio Romo

05.01.10



O próximo Domingo 10 de xaneiro celebrarase no Teatro Principal de Pontevedra as 19h unha Homenaxe a Pucho Boedo e Prudencio Romo.


Nesta ocasión asistirán recoñecidos persoeiros da música e da cultura en Galicia como son: A Banda de Música de Pontevedra, Paco Lodeiro, Sito Sedes, X. L. Represas, Miguel ladrón e Xurxo Souto.


Colaboran:
Concello de Pontevedra
RG
BMP



   

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "60 ANOS CON CÁNTIGAS E FRORES"

21.12.09



A Asociación Cultural “ Cántigas e Frores” de Lugo, ven de organizar unha exposición fotográfica na que se recollen as distintas etapas polas que pasou a asociación ao longo dos seus máis de 60 anos.

Para isto, a Asociación Cultural Cántigas e Frores contou con un amplo arquivo fotográfico, no que se reflexa toda a súa historia, dende os primeiros anos coa coral ata os nosos días.

Cántigas e Frores quere recoñecer con esta exposición a laboura que durante máis de 60 anos realizaron todas as persoas que pasaron pola entidade, logrando dinamizar a vida cultural de Lugo, e intentando que a música e baile tradicionais tiveran unha grande presenza no transcorrer cotiá da cidade.

Son por tanto , 60 anos de historia dunha asociación que tivo e ten, por finalidade principal, o traballo en prol da cultura tradicional galega, o seu estudio, fomento e divulgación; sen olvidar outro dos seus obxectivos, que é a dinamización da vida cultural lucense.


Ésta exposición permanecerá aberta durante todo o Nadal, dende o día 22 de Decembro do 2009 ata o día 10 de Xaneiro do 2010 no Complexo Residencial Xuvenil Lug II, na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo. A inauguración terá lugar o vindeiro martes 22 de Decembro ás 20.30 h
   

IV Festival de Baile e Música Tradicional

18.12.09


A escola de Música Tradicional Rebulir organiza o IV Festival de Baile e Música Tradicional os próximos 19 e 20 de decembro.
O Programa será o seguinte:

Sábado 19:
16:30h Recepción de grupos
18:45 Apertura de Portas
19h Comezo do IV Festival Rebulir
- Actuación E. B. M. T. Rebulir (Rámirás)
- Actuación grupo Lembranza - Solpor (Celanova)
- Actuación Grupo Folclórico da Casa do Povo de Cacia
(Aveiro - Portugal)
- Actuación da Escola de Música Tradicional de LLangreu
(LLangreu - Asturias)
- Actuación grupo Castellanos de Olid (Valladolid)
21h Cea dos Grupos
24h Foliada no Bar "Onde Queiras" (Celanova)

Domingo 20:
10:30 Visita a Celanova e a Ourense
14:30 Despedida dos grupos

Organiza: Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir
Patrocinan:
Concello de Ramirás
Caixanova
Colaboran:
Concello de Celanova
Licorera Peninsular
Bar Onde Queiras
   

Noites de Tasca

14.12.09



O venres 25 de decembro, a partir das 18h a vila de Ordes (A Coruña) encherase de cantos de nadal e panxoliñas con varios grupos de música tradicional que percorrerán rúas e bares.


Entre eles estárán "No Cómbaro" das Pontes, "Os Reiceiros" da Pontecarreira (Frades), Manuel Viqueira, "O Gaiteiro de Vilaverde"de Ordes e Raúl Galego "O Gaiteiro Nubeiro" da Coruña, entre outros.


A partir das 22:00 h o Bar-Restaurante "O Rincón do Pincho" (Rúa Alfonso Senra,75) acollerá a actuación dun gaiteiro excepcional, con 91 anos cumpridos e máis de 70 tocando: o GAITEIRO FREIXO, das Pontes




   

AchegArte

23.11.09

AchegArte é a feira da cultura que terá lugar na Coruña -no Pazo de Exposicións e Congresos (Palexco)e no Kiosko Alfonso- os días 28 e 29 de novembro, e ofrecerá os seguintes contidos:

-Exposición e venda: sector audiovisual, asociacións culturais, software libre e empresas de xestión cultural, editoras, librarías, produtoras discográficas e axencias de representación, galerías de arte.

-Sala de proxeccións.

-Espazo musical para actuacións de pequeno formato de escolas de música públicas e privadas.

-Espazo de música e artes escénicas.

-Espazos para actos literarios e obradoiros.

-Aula de portátiles con wifi.

-Espazos para obradoiros.

-Espazo para actuacións de danza
.
-Mesas de traballo sobre o estado da cuestión da Cultura galega.

-Mesa da música: músicos, discográficas, empresas de representación, programadores e toda persoa interesada.

-Mesa edición e literatura: autores, editores, libreiros, distribuidores e toda persoa interesada.

-Mesa artes escénicas: intérpretes, directores, autores, produtores, compañías, programadores e toda persoa interesada.

-Mesa programación cultural: programadores, salas, empresas de xestión cultural, técnicos de concellos, asociacións culturais e toda persoa interesada.

-Mesa software libre: asociacións, colectivos, empresas e toda persoa interesada.

-Mesa audiovisual: creadores, produtoras, distribuidoras, programadores e toda persoa interesada.

*As actuacións de música e artes escénicas alternaranse cos actos literarios e os obradoiros.
   

GALARDON TERRA VIVA 2009 a D. CLEMENTE DÍAZ - GAITERO DE IBIAS

23.11.09

O Galardon TERRA VIVA, que outorga anualmente a Asociación Cultural San Tirso del Eo, está destinado a recoñecer a aquelas persoas ou institucións que desempeñaran unha labor relevante no campo da cultura tradicional propia da comarca Eo Navia, en calquera das suas 6 áreas: Formas de vida agrarias, Oficios tradicionais, Folklore tradicional, Arquivo da Palabra, Actividades de ocio tradicionais, Arquitectura Tradicional.

O xurado reunido o pasado día 7 de novembro decidiu outorgar o Galardon TERRA VIVA 2009 a D. Clemente Diaz, gaiteiro de 89 anos, natural de Ibias, candidatura proposta e defendida no xurado por Luis Felipe Fernández García, abalada pola Federación de Asociacións Navia-Eo e corroborada pola totalidade do xurado.

Adxuntase un extracto do acta, ao efecto.

"Presentadas diversas candidaturas por parte de los miembros del jurado, debatidas y consensuadas se acuerda por unanimidad conceder el Galardón TERRA VIVA 2009 en su 5ª Edición a D. Clemente Díaz de Ibias, en reconocimiento a toda su vida dedicada a divulgar de manera autodidacta el folklore musical a través de la gaita, venciendo las dificultades propias de la época que le tocó vivir y en el marco de una Asturias tradicionalmente olvidada. Con especial tenacidad se ha mantenido activo tocando la gaita en pueblos de Asturias, Lugo y León, lo que le dota de una relación social interregional a lo largo de su vida.

El Jurado quiere así mismo destacar que este Galardón simboliza un abrazo de la Asturias del occidente abierta al mar con al Asturias de tierra adentro representada por Ibias."


A entrega do Galardon será o próximo día 6 de decembro no marco da 5ª Edición da "Esfolla do Maíz"





   

"14ª Noites de Tasca" en Cabrui-Mesía

19.11.09



O vindeiro Venres 27 de Novembro terá lugar a 14.ª Noites de Tasca en Cabrui - Mesía.

Será a partir das 21.30h, e contará cun Magosto popular con música tradicional diante do local social da asociación de veciños de Cabrui-Cruceiro (A Coruña).

Despois, a partir das 23.00h. foliada no Bar O Cruceiro e no bar A Taberna coa presenza de Raul Galego "O Gaiteiro Nubeiro".
Organiza:

Asociación - Grupo de Gaitas os Viqueiras de Ordes

Colaboran:

O Concello de Mesía
Asociación de Veciños Cabrui - Cruceiro
   

I Xornada do Traxe Tradicional Galego

19.11.09




A Asociación de Amigos da Pandeireta de Monforte de Lemos van a realizar a I Xornada do Traxe Tradicional Galego o vindeiro Domingo día 22 de Novembro de 2009

A Actividade terá lugar na Casa da Cultura de Monforte de Lemos ás 17.30 h

Organiza: - Imparte:

Rebulir, Escola de Baile e Música Tradicional (Ramirás - Ourense)

Colabora:

Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo "Xocas"

Concello de Monforte de Lemos.
   

I MAGOSTO DA A.C. A FULIADA DE BETANZOS

19.11.09





A A.C. A FULIADA de Betanzos organiza para o día 28 a partir das 21.30h o I MAGOSTO POPULAR, que terá lugar na Feira do Gando e que contará cos seguintes grupos convidados:

As Patuleiriñas de Aranga
As Garelas de Betanzos
Os Gaiteiros de Cecebre
No Combarro das Pontes
Maghua da Coruña

Logo, escenario libre con castañas, bebida e moita festa.
Organiza:A.C. A FULIADA DE BETANZOS
Colaboran:
CONCELLO DE BETANZOS
MOITOS AMIGOS
   

Novas do Proxecto Ronsel

05.10.09

Á espera da programación definitiva do que será unha nova Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial que o Proxecto Ronsel (plan de salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural galego) está a desenvolver, e na que colaborará de novo a AGG, xa podemos ver os videos da II Mostra que se levou a cabo en Novembro de 2008 en Ourense.

Ver videos Mostra 2008

Por outra banda, o proxecto Ronsel vén de publicar en colaboración con Xornal.com, a primeira ficha dunha sección semanal sobre a fabricación de sinxelos instrumentos musicais galegos. Tamén se poden consultar videos relativos no portal do proxecto Ronsel.

Ficha en Xornal.com

Ficha e video no portal do Proxecto Ronsel
   

Páxina 245 de 265