Varios
Homenaxe á Señora Carme
14.05.10
Varios artistas renden tributo á señora Carmen, tesouro vivo da canción tradicional galega, para presentar no Pazo da Cultura o seu traballo musical, con cancións cheas de sentimentos nas que nos conta a súa vida dun xeito moi íntimo e persoal, mergullándose na Galicia que viviu de nena en claro contraste coa Galicia actual. " Na flor dos meus anos" conta con grandes colaboracións musicais: dende os portugueses Dulce Pontes ou Augusto Canario até os galegos Uxía, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní ou membros de grupos tan recoñecidos como Treixadura, Berrogüetto ou Malvela, demais do contacontos Celso Fernández Sanmartín.
Venres 21 de maio, 21:00 horas.
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura.
Prezo: 10 euros.
Documental Antón Corral Mestre dos mestres
14.05.10
O Equipo de Normalización Lingüística do Conservatorio Superior de Música de Vigo, en colaboración co dpto. de Instrumentos da música tradicional e popular, organiza a presentación e proxección do documental "Antón Corral - Mestre de mestres -. Vol. 2. O músico", realizado e producido por Xurxo Fernández e Diego Mariño.
O acto celebrarse o día 18 de Maio de 2010 ás 11:30 horas, na aula 16 do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e finalizará cun coloquio aberto no que se contará coa presenza de Antón Corral.
Projecto Trepia en Cangas
12.05.10
Proposta escénica galega que abrangue a fusión da música tradicional coa electrónica, a danza tradicional e o soporte multimedia (video-creación).Projecto ['trepia] presenta o seu novo espectáculo " Trépia 1punto3 " o 14 de maio no auditorio de Cangas do Morrazo (Pontevedra).
Presentación Projecto [‘trepia]
A de-construción (non destrucción) da música e a danza tradicional. Trátase do análise en profundidade dos ítems culturais da nosa tradición para a súa posterior reciclaxe. Aplícaselle, por exemplo, aos instrumentos de percusión, un tratamento contemporáneo (o cal non é tan estraño se temos en conta que falamos de música tradicional viva recollida no século XXI).
Os recursos empregados son o sampleo de bases (feitos con tomas acústicas de instrumentos tradicionais ou ben con fragmentos de gravacións do arquivo de recolleitas –inédito, por certo-), a utilización da zanfona electro-acústica como principal instrumento solista, batería electrónica e baixo que reforzan a presenza dos ritmos tradicionais e, como non, voces e percusión en directo.
Benvid@s á nosa visión da música tradicional galega no século XXI: non reciclamos cousas antigas; reciclamos cousas contemporáneas (que ninguén se esqueza).
Dun xeito parello a proposta de projecto [‘trepia] pasa tamén polo emprego do audiovisual nos seus concertos, polo cal a gravación e reedición de vídeos (xa sexan do arquivo de recolleitas ou de nova creación) ten un papel moi importante.
Do mesmo xeito, e volvendo á raíz da música (que é creada por e para o baile), faise indispensable a presenza da danza tradicional. No noso caso, a medias coreográfica, a medias improvisada –como debera sempre ser-.
Lugar: Auditorio de Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Enderezo: Avenida Lugo, 25-27
Hora: 22:30h.
Entrada: 6€ (4€ para nenos menores de 12 anos)
Falece Faustino Santalices Muñiz
11.05.10
Faleceu o domingo de mañá en Pontevedra o Dr. D. Faustino Santalices Muñiz, fillo de D. Faustino Santalices Pérez, prestixioso etnomusicólogo, artesán e intérprete de gaita e zanfona, oriundo de Bande, que a inicios do s. XX rescatou a zanfona do esquecemento e dignificou a construción da gaita galega.D. Faustino Santalices Muñiz tamén aprendeu a tocar a zanfona e se algo lle caracterizou sempre foi a devoción e amor polo seu pai, e como fiel depositario de todo o arquivo e memoria viva do seu pai, D. Faustino Santalices fillo loitou toda a súa vida polo recoñecemento da figura do seu pai e para a perpetuación da súa labor a prol da tradición musical e da cultura galega.
Na súa labor profesional como reputado oftalmólogo en Madrid, especializouse no afiado do instrumental quirúrxico oftalmolóxico, elevando a categoría científica o arte de afiar, que como el sempre explicaba só podía conseguir alguén que tivese nacido en Ourense, a terra dos afiadores. Tamén desenvolveu numerosos inventos e patentes que supuxeron un grande avance na cirurxía ocular do seu tempo.
Enterrárono onte e o funeral será hoxe ás 5 da tarde na Igrexa de Santa María en Pontevedra
Foliada O Cruceiro de Feás
10.05.10
Os Azoughados de Churío graban maqueta e queren estar acompañados de todos os amigos.
Celebrarán unha foliada o día 16 de maio ás 21.30 horas e estarán acompañados por:
Grileiros (A Coruña)
Maghúa (A Coruña).
Contarase con zona de acampada.
O Cruceiro de Feás.
Máis información no teléfono 677455377
IX Romería Reigame
10.05.10
Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante toda a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facian os nosos devanceiros nas Antigas Romarías.
Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e máis ao grupo Castro Floxo... botádelle un ollo xa veredes como se vos meten as ganiñas no corpo ...
http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE
http://www.youtube.com/watch?v=GOlR42PQHnQ&feature=related
Para máis info: http://www.romariaraigame.es/
Manifestación 17 de Maio
07.05.10
A plataforma Queremos Galego anda a organizar a manifestación do vindeiro Luns 17 de Maio ás 11:30h na Alameda de Santiago.Os lugares e horarios dos autobuses será o seguinte:
O BAIXO MIÑO
SAÍDAS
9:30.- A Guarda; alameda
9:35.- Pías
9:40.- Goián
9:45.- Tomiño; Praza do Seixo
10:00.- Tui; Corredoira
Tlf. 679 986 290
O CARBALLIÑO
SAÍDAS
10:00.- Ribadavia, fronte ao Castelo
Tlf. 647 983 612
10:30.- O Carballiño, igrexa de Veracruz
Tlfs. 600 876 196 - 616 147 591 - 667 363 267
REGRESO
17:00
PREZO: 6 €
O CONDADO
SAÍDAS
9:10.- Mondariz
9:10.- Salvaterra de Miño
9:30.- Ponteareas
9:45.- O Porriño (só se houber algunha persoa anotada)
Tlf. 618 979 437 - Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (podes remitir un correo electrónico a esta caixa de correo indicando o teu nome, apelidos e localidade onde moras).
REGRESO
Ao remate da manifestación
PREZO: 5 €
* Data límite para anotarse: 14 de maio
LUGO
SAÍDA
9:30.- Casa Sindical (Ronda da Muralla)
Tlfs. 982 280 410 - 620 262 807 - 982 225 812
* Data límite para anotarse: 14 de maio ás 13:00
VALDEORRAS
SAÍDA
8:30.- O Barco; Praza do Concello
Tlf. 690 768 295
REGRESO
17:30
* Faranse paradas onde sexa necesario
VILASANTAR
SAÍDA
10:30.- Casa do Concello
Tlfs. 981 778 169 - 608 355 855
XI Memorial Ricardo Portela
06.05.10
Coma tódolos anos a AGG xunto co Concello de Pontevedra anda a organizar o Memorial Ricardo Portela, que este ano xa conta coa XI edición.As datas elixidas nesta ocasión son o 17 e 18 de Xullo na Praza de Ourense e da Peregrina nas que se desenvolverán as diferentes actividades.
Novamente levarase a cabo a Mostra de Artesáns que permanecerá aberta na Praza de Ourense os dous días que dura o memorial.
O sábado 17 de Xullo terá lugar o concurso do Memorial cunha fase eliminatoria pola mañá e unha final á tarde.
Próximamente poderedes consultar as bases.
O ciclo Fórumfolk presenta a Tátara Trío na Coruña
06.05.10
O luns 10 de maio ás 21 h terá lugar o quinto concerto do Ciclo Forumfolk 2010 a cargo de Tátara Trío, unha formación composta por tres músicos de formacións xa asentadas no eido da música galega: Ruote, Donaire e Tirulque. Leva cinco anos percorrendo locais e pubs de música folk. A actuando en distintos festivais(Matamá folk, fetival folk festas de San Pedro en Compostela, festa do marisco de O Grove...). O repertorio do grupo non só abarca música tradicional. Máis do 70% do seu repertorio é de composición propia. Este concerto pode ser considerado a posta de largo do grupo na Coruña.
Esta composto por:
Alex Fente: acordeón piano
Fernado Docampo: violín, pecusións e voz
Pablo Díaz: clarinete, gaita, percusións e voz.
Prezo das entradas: 5 euros (3 euros desconto carné xove, maiores de 65 anos e desempregados)
A ASOCIACIÓN CULTURAL CÁNTIGAS E FRORES HOMENAXEA Á RUBÉN GONZÁLEZ.
05.05.10
Rubén González López, gaiteiro e fabricante de palletas de O Incio, será homenaxeado o vindeiro 9 de maio na cidade de Lugo.
Esta homenaxe, que está organizada pola Asociación Cultural Cántigas e Frores, contará coas actuacións da Banda de Gaitas de "Cántigas e Frores", os gaiteiros Bruno Villamor, Juan Parga, Pepe Vaamonde e Gaiteiros do Incio.
O acto terá lugar no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo o día 9 de Maio ás 20.00 Horas.
Rubén González dedicase dende fai 40 anos á fabricación de palletas, moitas das cales foron exportadas a outros países. O seu traballo a favor da música tradicional valeulle varios premios, como o ‘Constatino Bellón, Gaita de Ouro’.
Rubén González foi ferreiro, zoqueiro, traballador en Magnesitas durante 24 anos e mesmo enterrador, e compaxinou todos estes traballos coa defensa permanente da cultura galega.
Foi neto dun membro da banda de Noceda (O Incio) de principios do século XIX, e iniciouse moi novo no mundo da música. Foi gaiteiro en Entrimo (Ourense), en Noceda e co grupo ‘Os Agarimos’.
A día de hoxe non renuncia a seguir tocando e preparando as mesmas palletas que alcanzaron sona mundial.
Páxina 238 de 265