Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

XIX Premio "IAR" de Folclore Galego

12.11.10

Logo_IARO día 27 de Novembro terá lugar, no Teatro Rosalía de Castro a XIX Edición do Premio “IAR”.

A Asociación de Veciños Castrillón Urbanización Soto “IAR”, e o Concello de A Coruña organizan  este premio no que participaran:

   

"II Xornada de presentación do APOI"

08.11.10

Logotipo de Museo do Pobo Galego SONS E VOCES DA IDENTIDADE

O Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego convoca un novo encontro do proxecto Sons e Voces da Identidade para o día 11 novembro 2010, ás 18h00.

   

Brinquedia convoca o Día do peón para o xoves 11 de Novembro de 2010

08.11.10

BrinquediaBrinquedia, a Rede galega do xogo tradicional, é unha entidade que procura divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais.

Por tal motivo, convoca o Día do peón para o xoves 11 de Novembro de 2010.

   

Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos

10.06.10

Informamos que á Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos terá lugar o vindeiro Domingo 27 de Xuño, do presente ano 2010, ás 11:00h. en primeira convocatoria, e ás 11:30h. en segunda convocatoria.

   

"V Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste"

07.06.10

Os vindeiros 5 e 6 de xuño terá lugar o "V Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste".

   

COMUNICADO DO COLECTIVO EN DEFENSA DA GAITA. A REAL BANDA NON NOS REPRESENTA

02.06.10

O Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) quere de novo manifestar a súa total indignación e malestar ante o que está a contecer coa serie de novas publicadas en distintos medios de comunicación con relación a última xira da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense por terras chinesas, onde participou representando, segundo din eles, aos galegos dentro da Semana de Galicia da Expo Universal de Shanghái á conta de todos nós.

   

Homenaxe ó Mestre Enrique Otero

27.05.10



O GAITEIRO DO FRAGOSO, como el mesmo gustaría que o recordaran, é un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia e imprescindible para o que pode considerarse Vigo e comarca.Hoxe en día é o mellor expoñente da tradición gaitística galega.figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano,pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.

Por ende, organízaselle un máis que merecido acto de homenaxe que terá lugar o vindeiro sábado 19 de Xuño no auditorio do Conservatorio Superior de música de Vigo.

Posterior á homenaxe haberá unha cea, que ten prazas limitadas no Restaurante Rocamar de Baiona (40€ praza). Para inscribirse podedes contactar coa secretaría da Asociación de Gaiteiros Galegos no telf 986 84 70 74 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo






   

Exposición temporal; FAUSTINO SANTALICES. TRADICIÓN MUSICAL GALEGA

27.05.10



Comunicamoslle que o vindeiro sábado 29 de maio ás 12,30 horas terá lugar a inauguración da exposición temporal
FAUSTINO SANTALICES. TRADICIÓN MUSICAL GALEGAno Museo Etnolóxico, rúa Santiago 10, Ribadavia.

A este acto asistirán, entre outras autoridades, o Director Xeral do Patrimonio Cultural - D. José Manuel Rey Pichel, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia e o Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Turismo.

Ao finalizar, Félix Castro Vicente interpretará unha peza con unha das gaitas de Fausltino Santalices.


   

XX Noites de Tasca - Foliada en Abellá-Frades

25.05.10




VENRES 28 Foliada en Abellá-Frades

Dende as 20:00h roteiro de gaiteiros por los bares: CARLOS, MARTIN E NOVO.


E a partir das 22:00 h, no Restaurante CASA VELLA, celebrarase a 20.ª edición das "Noites de Tasca".



O protagonista da noite será, entre outros, o gran palleteiro e mestre gaiteiro da Coruña XAN BREA LODEIROS


E despois Foliada para que participedes todos os que vos acheguedes a Abellá
   

Festa de Recreación Histórica de A BELA AURIA

25.05.10

A cidade de Ourense retrocederá ao movemento cultural e actividade artística de principios do século XX na I edición da Festa de Recreación Histórica 'A Bela Auria', que terá lugar o próximo domingo 30 de maio no IES Otero Pedraio e o Xardín do Posío da capital de As Burgas.


O certame pretende retroceder no tempo e trasladar á cidade comezos do S.XX, ata 1936, nunha época de efervescencia cultural, literaria e artística. Para iso, preto dunha trintena de asociacións e entidades, como Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, Grupo de Música Tradicional Rebulir, A Coral de Ruada, Orfeón Unión Ourensana... entre outros, participarán e colaborarán nas actividades que se desenvolverán ao longo do día, entre as 10.30 horas e as 23.00 horas.
Durante toda a xornada dominical as actividades incluídas na primeira edición de 'A Bela Auria' se distribuirán entre o IES Otero Pedraio e o Xardín do Posío da cidade de Ourense.

En concreto, o instituto acollerá tres concertos de corais, un ciclo de conferencias e dúas exposicións, unha sobre libros antigos e outras con fotografías, que levará por título 'Ourense na memoria'. A parte lúdica do festexo terá lugar no Xardín do Posío, espazo reservado para talleres, bailes tradicionais, unha exhibición de esgrima histórica, pasarrúas, animacións teatrais e cinema ao aire libre con proxección de películas antigas. Todo nun clima lúdico e trouleiro que será o dominante durante a xornada.

Para máis información podedes consultar as páxinas:
- http://www.belaauria.com/
- http://belaauria.wordpress.com/
   

Páxina 236 de 265