Varios
Foliada no Cruceiro de Feás
02.12.10
Eiquí estamos de novo dende O Cruceiro montando festa, nesta ocasión acompáñanos o grupo de gaitas Alén do Mar e as cantareiras de Bailadela.
Comezaremos a partires das 22:30h ata que nos teñamos de pé.
Eperámosvos!!!!
Xornadas de Música Tradcional en Boimorto
01.12.10
Os Santiaguiños de Boimorto estamos a ralizar unhas xornadas de música tradicional nas que queremos reflexar a maneira de facer música nas distintas partes da Galiza.
Comezamos con Pablo Carpintero.
Os Melidaos presentan novo disco
30.11.10
O sábado 4 de decembro ás 20:00 h o grupo Os Melidaos presenta o seu primeiro traballo discográfico Que ben baila, que ben baila cun concerto no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada.
NON FALTES!
www.frouma.com
Falece Francisco Fernández del Riego
29.11.10
O intelectual e escritos galego Francisco Fernández del Riego faleceu aos 97 anos no seu domicilio da Praza de Compostela en Vigo o pasado venres 26 de Novembro. Galardoado con varios premios, Fernández del Riego estaba considerado como un dos grandes impulsores da cultura e a literatura galegas, chegando incluso a exercer de presidente da Real Academia Galega. Nacido en Vilanova de Lourenzá, en Lugo, no ano 1913, foi unha das figuras máis relevancia do ensaio e a crítica literaria galega. Avogado de profesión, comezou a militar nas filas do galeguismo durante o período republicano, intervindo en diversos proxectos do grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos. Fernández del Riego contribuiu a favorecer a recuperación da cultura galega dende a Editorial Galaxia, da que foi un dos principais artífices xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto, e dende a Real Academia Galega, na que ingresou en 1960 e da que foi presidente entre novembro de 1997 e maio do 2001. Foi tamén un dos grandes promotores do Día das Letras Galegas. Autor de numerosas publicacións, foi o impulsor de moitas actividades culturais, un apaixonado por Galicia que firmou co seu nome ou baixo pseudónimos como Salvador Lorenzana miles de artigos en xornais e revistas de América, Galicia, Madrid ou Cataluña, ademais de libros de divulgación referentes a temas galegos, creación, libros de memorias e tamén de viaxes. Co seu pasamento extinguese un pouco máis unha xeración -formada segundo o propio Del Riego por Iglesia Alvariño, Carballo Calero, Luís Seoane, Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Álvaro Cunqueiro, Marino Dónega, Celso Emilio Ferreiro, Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros- que protagonizou un papel substantivo na historia da cultura galega contemporánea. www.lavozdegalicia.es
23 Noites de Tasca en Mesía
27.11.10
Celebrarase en Mesía o vindeiro venres 3 de Decembro diante do Local Social de Cabrui.
A partir das 21:30 poderanse desgustar castañas, pinchos e queimada amenizados polo grupo "Arumes da Fraga" de Cecebre (Cambre).
Así mesmo, terá lugar a terceira eliminatorio do concurso de aturuxos e para rematar Foliada!!!!!
30 Aniversario da Asociación Rosalía de Castro
26.11.10
A Asociación Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo) quere conmemorar o seu 30 aniversario organizando unhas xornadas os días 11 e 12 de decembro nas que poderemos atopar obradoiros de confección de collares, unha charla sobre o traxe en Santiago entre 1630 -1880, a actuación de As Pandereteiras de Barrio de Arén e Os Enxebres de Cacheiras o sábado e o Domingo celebrarase unha xornada de xogos tradicionais para os máis cativos e posteriormente un xantar popular.
Máis info no teléfono 981 80 60 91
Nace a Escola BellónMaceiras
25.11.10
Despois de percorrer o mundo como dúo, levando o son da gaita e do acordeón a todo tipo de público sedento de boa música, e logo de iniciar unha andaina moi exitosa como Quinteto, BellónMaceiras ven de abrir agora a Escola de Música BellónMaceiras. Estes músicos virtuosonon atoparon mellor lugar xeográfico ca súa vila natal, Fene, para iniciar este proxecto, impartindo clases de acordeón, gaita, guitarra, percusión, batería, baile galego, combo instrumental, linguaxe musical e música para a infancia. Para garantir a calidade da ensinanza, estrán arroupados por mestres da talla de Miguel Lamas, Calixto Albán e Alex Blanco, entre outros.
Magosto - Serán de Ponte Vella en Reis
24.11.10
Outro ano máis, os compoñentes da Ponte Vella convidamosvos a que veñades o vindeiro sábado 27 de novembro a disfrutar dunha noite de troula ata que o corpo aguante. Traede o que queirades: gaitas, tamboriles, bombos, acordeóns, tarrañolas, requintas...Todo o mundo pode tocar e bailar o que queira!
Teremos castañas para todo o mundo, zona amplia de aparcamento ó lado do local, barra...Todo o que fai falla!
PD: comenzará a partires das 20h para todos aqueles nenos que se queiran acercar. Para os que somos xa maiorciños, a carallada empeza as 22h!!
http://apontevella.blogspot.com/
I Magosto Furtivo
24.11.10
O grupo de música tradicional TAnto nos Ten e a Asociación Cultural Santa María do Viso organizan o I Magosto Furtivo, contando coa colaboración da Concellería de Cultura, da Asociación Xuvenil Xoeira e da Tenda de Concha. Realizarase no Torreiro da Festa da Teixeira - Monte da gándara o sábado 27 de novembro a partir das 17h e prepararanse ata 100kg de castañas asadas para todos os asistentes.
Contarase cunha carpa carpa e como condimento asa castañas ofrecerase un programa lúdico musical cunha importante compoñente participativa, que consistirá en:
- Xogos tradicionais
- Obradoiros para rapaces e rapazas.
- Peter Punk (malabares)
- Ce Orquestra Pantasma (home orquestra)
- Trioliro (regueifeiros)
- A Requinta da Laxeira (música tradicional)
- Foliada aberta a todos os asistentes
www.xornalgalicia.com
Ruada de Outono en Cuspedriños
23.11.10
A Asociación Medioambiental e Cultural Cañón de Pau, en colaboración con "OS Chichisos" promove a Segunda Ruada de Outono esta vez en Cuspedriños. A cita será o vindeiro 27 de novembro no mercado deste lugar do concello de Cotobade.
O programa comprende un obradoiro de construcción de instrumentos vexetaris a cargo de Os Chichisos a partir das 19h e unha ruada a partir das 21h.
http://www.concellodecotobade.info/tag/cuspedrinos
Páxina 234 de 265