Varios
¡O patriarca dos Seivane cumpre 90 anos!
08.02.11
¡O patriarca dos Seivane cumpre 90 anos!
Xosé Manuel Seivane Rivas cumpre 90 anos o vindeiro 9 de febreiro. Conmotivo do seu aniversario, o Obradoiro de Gaitas Seivane celebrará unha gran festa que terá lugar o sábado 12 de febreiro, ás 17:00 horas, nas instalacións do Obradoiro, en Cambre, A Coruña.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
A Compañia de Danza QUIQUE PEÓN Cía convoca audicións para seleccionar bailadores e bailadoras de danza tradicional galega
04.02.11
A Compañia de Danza QUIQUE PEÓN Cía convoca audicións para seleccionar bailarinas de danza oreintal-tribal e bailadores e bailadoras de danza tradicional galega para o seu novo espectáculo.
As probas terán lugar os días mércores 23 e xoves 24 de febreiro ás 10:00 da mañá na Aula de Danza do Edificio A Fábrica, sito na Rúa do Inglés s/n, en Perillo (Oleiros - A Coruña). Dividiránse do seguinte xeito:
- Mércores 23 para bailarinas de danza oriental-tribal
- Xoves 24 para bailadores e bailadoras de danza tradicional galega
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Mudanza de Cantigas e Agarimos despois de 54 anos
02.02.11
A agrupación folclórica abandona tras 54 anos o seu local histórico en Compostela
Os membros de Cantigas e Agarimos -80 nos grupos de baile, coro, instrumental e pandereita e 125 alumnos da escola de música tradicional- sabían que 2011 ía ser un ano cheo de conmemoracións, porque celebran o 90º aniversario do seu nacemento, en plenas festas do Apóstolo de 1921. Pero ao final será tamén un ano de mudanzas: no prazo dun mes, calcula Antón Fernández, o presidente da institución, Cantigas e Agarimos terá que abandonar o que foi o seu local de traballo nos últimos 54 anos para trasladarse a un antigo colexio do barrio do Castiñeiriño, en Santiago.
(Prema no título para ver nova ao completo)
III Xeiras sobre a língua galega - Universidade de Vigo
01.02.11
10 de febreiro entre as 16 e as 17:30 terá lugar a III edición das "Xeiras" organizadas pola Universidade de Vigo. Xose Miguélez, "A música dun país".
Tratará principalmente sobre a música tradicional galega facendo especial fincapé no ensino da mesma, atendendo, entre outros, a puntos como:
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Roi Casal publicará o 8 de febreiro o seu segundo álbum
31.01.11
O arpista Roi Casal dá un novo paso discográfico coa publicación o vindeiro 8 de febreiro de Maxicamente vello. Comezou a súa andaina en solitario con Lendas douradas, logo de pasar unha década na formación de Milladoiro, e agora volve presentarse diante do público cunha obra na que volve mesturar o folk con outro tipo de sonoridades, entre as que non rexeita achegamentos ao concepto pop ou rock.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Faltan dúas semanas para coñecer o fallo dos Premios Opinion
31.01.11
Os premios cumpren xa unha década e nesta edición existen artistas que poden obter por segunda vez o galardón de mellor disco folk galego do ano. O grupo Berrogüetto e Mercedes Peón xa posúen a figura representativa do galardón, creada expresamente polo artesán Salvador Hernández, que os acredita como primeiros clasificados e nesta edición compiten para recuncar cos seus novos álbumes. A banda tamén ten no seu poder a figura que se outorga por acadar un segundo lugar.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
"Os Instrumentos Musicais na Tradicición Galega" na web
28.01.11
O Consello da cultura Galega acaba de presentar en Santiago de Compostela unha web que recolle integramente o traballo realizado por Pablo Carpintero, desde o proxecto Ronsel, sobre os instrumentos musicais tradicionais galegos. Nesta web poderedes acceder aos textos íntegros da obra "Os instrumentos musicais na tradición galega", con deseños de Ramón Marín, e poderedes ver máis de 1000 fotografías e uns 120 vídeos onde se pode ver como se toca cada un dos instrumentos musicais galegos.
25 Noites de Tasca en en Santa Cruz de Montaos
28.01.11
A 25 edición de Noites de Tasca será o vindeiro 4 de Febreiro no Restaurante Santa Cruz de Montaos (Ordes) a partir das 22h.
Contarán nesta ocasión coa presenza da agrupación folclórica Néboas e a Coral Polifónica de Santa Cruz nde Montaos, coma sempre para rematar, gran foliada!!!!
XVII Edición da Xornada divulgativa de centros de Galiza e Portugal
25.01.11
A Asociación Cultural e pedagóxica Ponte nas ondas! , experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria de Galicia e do norte de Portugal, ten preparado para o 2011 actividades ao redor das Historias de Vidas cun proxecto de creación de Biblioteca Viva animando a escolares a participar nunha recolla colectiva de testemuños dos nosos maiores convocando o V Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa e a XVII Xornada Multimedia "Ponte nas Ondas!" para o vindeiro 3 xuño de 2011
XVII PONTE...NAS ONDAS ! as bibliotecas vivas
Uxía enche os teatros na súa xira por Brasil
24.01.11
A cantante galega Uxía Senlle atópase este mes de xira por Brasil, onde está a encher salas nos seus concertos. Así o fixo na súa última actuación no Teatro Municipal Café Pequeno, en Rio de Janeiro, onde encheu a sala co seu espectáculo lusófono, no que o galego actúa como un nexo entre Galicia, Brasil e Portugal. Uxía compartiu escenario con músicos brasileiros como Sérgio Tannus e Paulinho Moska e Socorro Lira, entre outros.
Páxina 230 de 265