Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

1º Ponte dos Mouros (Fornelos de Montes)

24.08.11

Será o vindeiro 26 de agosto a partir das 22h no adro da igrexa de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes).

Contarán coas actuacións das Pandereteiras de San Adrián de Calvos, Os Carunchos e Tanto nos Ten.

   

DOA na portada da revista INTERFOLK

22.08.11

A FRONDA DOS CERVOS o novo álbum de DOA está a recibir unhas críticas moi boas, o mítico grupo folk sigue despertando agararimo por parte de tódolos seguidores da boa música. Agora son portada do número especial da revista madrileña INTERFOLK. Unha proposta intimista, delicada e preciosista que non podes perder ao vivo.

http://www.folmusica.com

   

IX Certame de baile e música tradiconal Aleivosía

18.08.11

O vindeiro sábado, 20 de agosto, terá lugar o IX Certame de baile e música tradicional Aleivosía, no que participarán toda a canteira pertencente á escola de baile e pandeireta así como as pandereteiras e a agrupación de baile Aleivosía, pertencente á agrupación  da asociación Fogo Fatuo, e os gaiteiros Fogo Fatuo. Ademais, este ano tamén participarán como convidados a A.C Queiroga de Paiosaco (A laracha).

O certame comezará ás 21:00 h cun pasarúas pola vila e logo trasladarase ao escenario colocado na praza de Castelao no que os asistentes poderán desfrutar do bo baile e música tradicional.

   

A Gramola exerce de refuxio subterráneo dos músicos folk

17.08.11

A foliada no bar compostelán nace do boca a boca sen día nin horario exacto

O de facer a foliada comezou hai cerca de catro anos. O «boca a boca», relata o gaiteiro Xacobe Varela, é o que reúne a preto de dez músicos, sine die, nin horario estrito, arredor da pila subterránea que se agocha baixo a praza de Cervantes. Chick McAuley disponse a baixar as escaleiras do bar A Gramola onde acomodaron entre cadeiras a súa sala de concertos «íntima».

   

Uxía entra no número sete das Listas Europeas de World Music

11.08.11

O disco Meu Canto, o último traballo de Uxía, está a ter unha gran acollida en Europa. O álbum entrou no número sete das Listas Europeas de World Music. Os 44 xornalistas que compoñen o xurado das WMCE votaron de forma unánime e apoiaron o traballo da galega.

A cantante Uxía celebrou con este disco 25 anos de carreira artística. Este traballo presenta unha relectura dos temas fundamentais do seu directo e aborda cancións que non experimentara anteriormente. Este novo traballo de Uxía, que se publicou o pasado 6 de xuño, foi gravado en Brasil nos Estudios Biscoito Fino de Río de Xaneiro xunto con Jaime Alem, que traballa como produtor habitual de Maria Bethania.

Meu Canto está composto por quince cancións das que unicamente unha fora gravada con anterioridade por Uxía e o seu nome débese precisamente a que a maioría das cancións conteñen a palabra canto, formulada como unha reflexión sobre o acto de cantar.

http://www.xornal.com

   

Pedro Álvarez Fariña gaña o trofeo MacCrimmon (Lorient)

10.08.11

Galicia impuxose a Asturias no trofeo Mac Crimonn de Gaita dentro do Festival Intercéltico de Lorient (Francia).

Catro gaiteros de cada comunidade competiron durante case catro horas para acadar o premio ao mellor solista. Cada un deles interpretou tres cancións: unha asturiana, outra galega e outra bretona.

O gaiteiro galego Pedro Álvarez Fariña acaba de recibir o prestixioso Trophée MacCrimmon, o antigo Trofeo Macallan, considerado o Nobel dos gaiteiros.

O galardón, que vai pola 26ª edición, entregouse no Festival Intercéltico de Lorient.

Pablo Álvarez Fariña, proclamouse gañador do trofeo para solistas de gaita galega e asturiana, sucedendo a unha gaiteira asturiana, Andrea Joglar, que foi a primeira muller en gañar este concurso.
Tras o gañador, o tamén galego Jesús Sánchez, conseguiu a segunda praza, por riba de Raúl Lacilla, que foi o terceiro clasificado no concurso de Lorient. A cuarta e soprendente posición logruna o veterano gaitero, Pablo Dalama.

   

Xoguetes tradicionais galegos

01.08.11

Cabalo de pataca
XOSÉ LÓPEZ E JOS É MANUEL GARCÍA (PROXECTO RONSEL)

Un dos moitos traballos colectivos que se facían nas nosas aldeas, antes de chegaren as présas do século XXI, era o labor de apañar as patacas. As do cedo, aquelas que se botaban polo mes de febreiro e viñan a finais de maio ou comezos de xuño, eran para ir comendo nesa época, porque as do pasado ano xa ían revellecidas e duras e o padal agradecía estas máis substanciosas e doces. A recolleita destas non era colectiva, senón que cadaquén ía apañando segundo ía comendo. Non obstante, aquelas que eran para gardar, para comer todo o ano, apañábanse a finais do verán e axudándose uns veciños a outros.

   

IV Mostra de xogos e deportes tradicionais

21.07.11

O sábado 27 de agosto celebrarase en Santalla (A Pontenova  - Terra de Miranda) a que será a IV Mostra de xogos e deportes tradicionais de Galicia, Castela León, Asturias e Portugal.

   

Os Viqueiras presentan o disco "Noites de Tasca"

21.07.11

O grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes ofrecen un concerto o vindeiro 22 de xullo na Coruña para presentar o seu traballo "Noites de Tasca".

Será a partir das 22h na tarberna A Cova Céltica de A Coruña.

   

Festigal 2011

20.07.11

O Festigal 2011 acolle decenas de actos literarios e musicais a modo de "escaparate" da cultura galega


Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos, segue a xestionar a Galeria de Cultura Tradicional que acolle o Festigal, na que atoparedes unha pequena exposición, unha mosta das últimas actividades realizadas e uun posto informativo.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Páxina 222 de 265